You are herePresentación

Presentación


BIBLIOTECA XAQUÍN YEBRA

 

¿Que somos?

 

BIBLIOTECA XAQUÍN YEBRA (IES DE MELIDE)

CENTRO DE RECURSOS DE LECTURA, INFORMACIÓN E APRENDIZAXE,

LUGAR DE ENCONTRO E DE LECER PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

 

Obxectivos:


Converterse nun lugar de referencia para toda a comunidade educativa, non só como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, senón tamén como espazo de lecer, tratando de ser un promotor da vida do centro.

Proporcionar un continuo apoio ó programa de ensino- aprendizaxe.

Favorecer a adquisición e o desenvolvemento de hábitos de lectura  e escritura.

Procurar a mellora da destreza do alumnado no manexo de distintas fontes de información , no labor de selección crítica da información e na redacción e presentación dos contidos.

Facilitar a construcción autónoma do coñecemento

Asegurar o acceso á unha ampla gama de recursos e servizos, adaptados ás necesidades e intereses dos usuarios.

Facilitar o acceso igualitario aos recursos culturais.

 

O equipo de biblioteca:

Membros do equipo

Departamento

Luca Rosato

Lingua Castelá

Lidia Barreiro

Lingua Castelá

Aurora

Lingua Castelá

Santiago

Lingua CAstelá

Gloria Rodríguez

Lingua Galega

Anxos

Lingua Galega

Paco Veiga

Lingua  Galega

Mercedes

Física

Isabel Viña

Inglés

Ádega  

Portugués

Marga Quintela

Filosofía

Loli Vázquez

Filosofía

David Canoura

Música

Belén

Música

Susana Losada

Grego

Sonia Iglesias

Matemáticas

Fernando López

Madeira

 

¿Que ofrecemos?

Servizos que ofrecemos

Fondos varios en diferentes soportes

Promover o coñecemento e difusión dos fondos entre toda a comunidade educativa.

Promover a busca de información en diversos soportes a través da formación de usuarios.

Promover o acceso á lectura en distintos formatos.

Facilitar o acceso a INTERNET

Ofertar servizos lúdico / recreativos

Prestar servizo de asesoramento sobre o material e fondos existentes e o seu uso.

 

Recursos dos que dispoñemos

Fondos varios en diferentes soportes, así hai libros de lectura, coñecemento, consulta, películas, cds musicais, banda deseñada....

TV e DVD para poder consultar en sala ou traballar en pequenos grupos.

Zona de xestión.

Zona de traballo e consulta con mobiliario versátil para adaptarse ás necesidades plantexadas.

Un blog de opinión e recomendacións que podes mirar no seguinte enlace: http://biblomelide.blogspot.com.es/

Ordenadores (6), un  para a xestión da biblioteca, e5 a disposición dos usuarios

Zonas de lectura informal

Unha páxina web (incluída na páxina xeral do instituto) para informar sobre a biblioteca e as súas actividades.

Xogos varios (trivial, pasa palabra, xadrez...)

Xornais ( La voz de Galicia , El Correo Gallego e SERMOS) e Revistas (Dez, Muy intersante, National Geographyc, Geo, …)       

 

As nosas creacións





Distribuir

Distribuir contido