You are hereMadeira
Madeira
MATERIAL PARA O ALUMNADO DE MARTA LÓPEZ PERIAGO
Neste pdf podedes atopar o material das distintas materias que imparte a profesora de Marta López Periago.
CHARLA: “DA O PASO, EMPRENDE NO RURAL”
O pasado mércores 19 de febreiro traballadores da Casa Grande de Xanceda trouxeron a súa experiencia e a de outras iniciativas galegas sobre como emprender no rural. O alumnado tamén fixo as súas propostas sobre emprendemento no rural.
VISITA Á EXPOSICIÓN "DA ÁRBORE Á CADEIRA"
O alumnado do ciclo de madeira e o de FP-basica achegouse á Cidade da Cultura para visitar á exposición "Da árbore á cadeira" na que se toma como excusa a cadeira para centrar a atención no deseño do moble contemporáneo. Máis información.
CICLO FP DE GRAO MEDIO e FP BÁSICA – CARPINTARÍA E MOBLE
Ven a estudar con nos!
O IES de Melide conta cunhas instalacións e equipamento de última xeración, con profesores de alto compromiso pedagóxico innovador e cunha aposta en firme por parte da Dirección do Centro e da Consellería de Educación para que o tecido empresarial conte cun alumnado titulado de gran competencia profesional.
PDF cun resumo das características do Ciclo FP de Grado Medio
ENTREVISTAS PROXECTO LEONARDO
Departamento de Madeira. IES de Melide
Proxecto Leonardo de Asociacións da Unión Europea
“A construción en madeira e a eficiencia enerxética da bioconstrución”
https://woodergy.wordpress.com
Colaboración do Departamento de Inglés
Novas sobre o Proxecto Leonardo
Departamento de Madeira. IES de Melide
Proxecto Leonardo de Asociacións da Unión Europea
A construcción en madeira e a eficiencia enerxética da bioconstrucción
http://woodergy.wordpress.com/
No encontro de febreiro en Melide tivemos os seguintes invitados:
Lenhotec (Portugal), Centro de Formação Profissional da Indústria da Construção Civil e Obras Públicas do Norte (CICCOPN), CIFP Someso (A Coruña) e Cooperativa Hábitat Social (A Coruña).
Organizáronse sesións de traballo onde se desenvolveron os temas do proxecto e avanzáronse propostas para futuras colaboracións. Tamén e visitamos o CIFP Someso onde teñen construido un módulo didáctico coas técnicas da bioconstrucción.
Ao mesmo tempo os carpinteiros dos paises participantes e os alumnos do 2º ano do ciclo de carpintaría executaron a cuberta verde do contenedor.
Outra vez en Melide, os días 2, 3 e 4 de febreiro teremos o penúltimo encontro desta Asociación. Se prepará a exposición de resultados que terá lugar en maio en Berlín. Os carpinteiros cubrirán as paredes do contenedor con cortiza como material illante e empregarán madeira termotratada para o paramento exterior.