You are herecontent / Ensinanzas

Ensinanzas


A rede de centros da Consellería de Cultura, Educación e O.U. defíneo como un centro de liña tres para a ESO (incluíndo os programas para a mellora do aprendizaxe) e con dúas modalidades de Bacharelato.  O resto da oferta educativacomplétase actualmente cun Ciclo de Formación Profesional de grao medio de  Carpintaría e Moble, oferta de Formación Profesional Básica no perfil de Carpintaría e Moble, un grupo de EBI (Ensinanzas Básicas Iniciais), un grupo de Educación Secundaria para as Persoas adultas (ESA), ademais dunha ampla oferta na aprendizaxe da lingua inglesa. Actualmente, esta oferta componse de catro grupos de potenciación de Linguas estranxeiras: dous grupos de CUALE-alumnos/as, un grupo de CUALE-profesores/as e dous grupos do programa THAT´S ENGLISH, no nivel B1 e B2 do MECR (Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas). 

     O horario xeraldo centro distribúese da seguinte maneira: 

    Os períodos lectivos teñen, de regra, unha duración de 50 minutos. Entre cada dous períodos lectivos só existe o tempo mínimo necesario para permitir o desprazamento do profesorado e/ou do alumnado á aula respectiva.

     As actividades estritamente académicas desenvólvense da seguinte maneira:

a) O alumnado de ESO e Bacharelato  asiste a clase desde as 08:40 h. ata as 14:15 h. todos os días da semana. O alumnado de 3º e 4º niveis de ESO e de Bacharelato acode tamén en horario de tarde, os luns, desde as 16:20 h. ata as 18:00 h., e os cursos do 1º e 2º de ESO os mércores desde as 16:20 h. ata as 18:00 h. 

b) O alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio de Carpintaría e Moble e FP Básica, acode ó Centro desde as 08:40 h. ata as 14:15 h. todos os días. Os luns e mércores o alumnado do Ciclo acode tamén en horario de tarde entre as 15:30 e 18:00 h. para completar un total de seis períodos lectivos, mentres que o alumnado de FP Básica ten clase so o mércores pola tarde en horario de 16:20 a 18:00.

Respecto ó alumnado de segundo curso do Ciclo Formativo de Grao Medio, sinalar que o seu calendario para o curso 2018- 2019 axustarase ó calendario escolar vixente e dedicará o terceiro trimestre á realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.  

c) O alumnado que segue os estudos da ESA (Módulos 3 e 4) asiste a clase pola tarde  de luns a xoves en horario de 15.30 a 20:00 horas.

d) O alumnado de EBI Nivel I asiste ao centro en horario de 11:45 a 13.25h os luns e martes; e en horario de 10:20 a 12.35h os xoves e venres.

e) As actividades lectivas do programa CUALE-Inglés , desenvólvense os martes, mércores e xoves entre as 16.20 e 19.10.

f) O horario das actividades do programa That´s English sitúase os luns en horario de 18.00 a 20.45h.  

g) O alumnado  de ESO,  Bacharelato e Ciclo Formativo conta  cun período de lecer de 35 min. O alumnado de ESA, e CUALE dispoñen dun recreo de 20’ entre as 18.00 e 18.20 horas.

h) As actividades lectivas da sección da EOI de Melide para as ensinanzas de Básico A2, intermedio B1 e intermedio B2.1 desenvólvense os luns, martes, mércores e xoves en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Con atención a criterios educativos aprobados polo Claustro e tendo en conta a normativa vixente, o alumnado que cursa estudos post-obrigatorios podeabandonar o recinto escolar no recreo, sempre e cando sexa maior de idade ou ben aínda sendo menor de idade os seu proxenitores autoricen por escrito a súa saída.Este procedemento deberá estar aprobado en Consello Escolar e incluído NOF.

Os luns e mércores, días nos que o alumnado de 3º e 4º de ESO e Bacharelato e de 1º e 2º de ESO respectivamente teñen clase pola tarde, as portas do centro permanecerán pechadas desde as 15:30 h. ás 16:10 h.. O motivo de estes peches non é outro que “ forzar “, en certa medida, a puntualidade do transporte.           

CADRO DE HORARIOS

 

 

ESO - BAC – FP Básica CFMad - EBI

 

ESA 

CUALE -That's English

 

LUNS a VENRES

 

LUNS a  XOVES

 

1ª h.

08:40

09:30

 

7ª h.

15:30

16:20

 

2ª h.

09:30

10:20

 

8ª h.

16:20

17:10

 

3ª h.

10:20

11:10

 

9ª h.

17:10

18:00

 

RECREO

11:10-11:45

 

RECREO

18:00-18:20

 

4ª h.

11:45

12:35

 

10ª h.

18:20

19:10

 

5ª h.

12:35

13:25

 

11ª h.

19:10

20:00

 

6ª h.

13:25

14:15

 

12ª h.

20:00

20:50

TARDE

 

TARDE

 

1ºESO – 2ºESO

CFMad

 

3ºESO - 4ºESO           BAC - CFMad

 

 

 

 

MÉRCORES

 

LUNS

 

 

 

 

7ª h.1

15:30

16:20

 

7ª h.1

15:30

16:20

 

 

 

 

8ª h.

16:20

17:10

 

8ª h.

16:20

17:10

 

 

 

 

9ª h.

17:10

18:00

 

9ª h.

17:10

18:00

 

 

 

 

                           

                          Só o Ciclo Formativo.                          

Etiquetas

As nosas creacións

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido