You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


VISITA Á EXPOSICIÓN "EL DOMUND AL DESCUBIERTO"

O alumnado que cursa a materia de relixión en 1º ESO, tivo a oportunidade de visitar, o pasado luns día 9 de outubro ,  a exposición "EL DOMUND AL DESCUBIERTO"  no Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela.

El domund al descubierto

Conferencia sobre a producción da serie "EL FINAL DEL CAMINO"

O alumnado de 2º e 3º ESO asisitiu o pasado 5 do Outubro a unha conferencia sobre a producción da serie audiovisual galega "EL FINAL DEL CAMINO". Nesta conferencia tiveron a oportunidade de coñecer de man dos creadores o procedemento seguido para a elaboración do guión, grabación e a realización de decorados e efectos especiais.

el final del camino

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE INDITEX

O alumnado de 2º BAC que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial e Economía visitaron o pasado día 2 de Outubro as instalacións que a empresa INDITEX ten no polígono de Arteixo.Visita Inditex

Medalla de Ouro do Concello de Melide 2017

O pasado día 29 de xuño, día San Pedro, patrón de Melide, foi entregada a MEDALLA DE MELIDE, ano 2017, na súa categoría de OURO, ó IES de Melide, como homenaxe e agradecemento á súa traxectoria e ó encomiable labor en prol da educación, cultura e deporte que fixo no concello.

A imposición de dita medalla foi efectiva nun acto que se celebrou na sala capitular do Concello.

O director de Melide cerraba a súa intervención con estas palabras:

Se hoxe está aquí o IES de Melide, lévanos a pensar que entre todos e todas  algo bo fixemos,  e que todos e cada un dos que en maior ou menor medida tivemos relación co IES de Melide nestes 50 anos de historia debemos sentirnos honrados e honradas”.

“Este premio vén sendo un estímulo importante para o IES de Melide para, tomando como referencia o liderado compartido, sermos quen de seguir enfrontando con ilusión os retos do ensino do século 21: unha aposta pola ensinanza plural, sostible, integradora e atenta coa realidade que nos toca vivir para interpretar e construír un mundo bo, xusto e... bonito”.

“Un vello proverbio africano dinos que para educar a un neno, ou nena, fai falta unha tribo enteira”.

“Grazas por pertencer á Comunidade Educativa do IES de Melide”.

Este mesmo día tamén foi tamén foi honrada coa Medalla de Ouro de Melide a biblioteca pública de Melide Xosé vázquez Pintor

1º e 2º PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES DE MELIDE EN CLASES SEN FUME (59 centros participantes)

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu hoxe o acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo Clases sen Fume, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Nesta edición 2016-2017 participaron un total de 3.331 escolares de 152 aulas, procedentes de 59 centros diferentes de toda Galicia. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos, ou, cando menos, atrasar a idade dese inicio. 

O bo facer do alumnado do IES de Melide foi recompensado co 1º premio (aula de 1º ESO B) e 2º premio (aula de 1º ESO C)  do concurso, e o labor profesional do profesorado foi recoñecido con varios premios de innovación educativa.

A alumna Noa Varela Pardo (representante do alumnado participante) e a profesora Amelia Ándrés Casal (representante do profesorado implicado) pecharon o acto xunto ó Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña.

Noa quixo transmitir a seguinte mensaxe:

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que entenden que a saúde é un recurso para a vida, non un obxectivo en si mesmo, onde o coidado da contorna e da sociedade na que vivimos ocupa un papel relevante.  

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se implican nas actividades de educación emocional e social e que reflexiona sobre a maneira xeral de vivir das persoas e grupos sociais,  poñendo en valor o non fumar, non beber alcol, comer san e facer actividade física. 

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que se moven, que queren saber, saber facer e saber ser e estar; e demóstrano con iniciativa e creatividade transformando os seus soños en realidades. 

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que actúan con intelixencia emocional e que cunha gran autoestima e personalidade defende o seu estilo de vida saudable.

Gústanme os compañeiros e compañeiras de clase que participan en “Clases sen Fume” para seguir avanzando no seu proxecto de vida saudable.

Gústame que o resto da comunidade educativa non se deteña e que teña o mesmo gusto que os meus compañeiros e compañeiras de clase.

ACTIVIDADE CREATIVA 1º PREMIO (1º ESO B)

ACTIVIDADE CREATIVA 2º PREMIO (1º ESO C)

MEDALLA DE OURO DO CONCELLO DE MELIDE 2017

Informamos da seguinte distinción,

o pasado día 8 de xuño foi aprobado en Pleno a concesión da MEDALLA DE MELIDE, ano 2017, na súa categoría de OURO, ó IES de Melide, como homenaxe e agradecemento á súa traxectoria e ó encomiable labor en prol da educación, cultura e deporte que fixo no concello.

A imposición de dita medalla será efectiva nun acto que se celebrará na sala capitular do Concello o vindeiro 29 de xuño ás 12 horas, día San Pedro, patrón de Melide.

Parabéns para toda a Comunidade Educativa do IES de Melide (1967-2017)

FOTOGRAFÍAS ACTO DESPEDIDA DE 2º DE BAC

Xa tedes a vosa disposición as fotos do acto de despedida do alumnado de 2º BAC 2017, só tedes que premer na seguinte ligazón para velas e/ou descargalas.

LIGAZÓN DE ACCESO ÁS FOTOS

Estará accesible ata o 1 de setembro de 2017.

Corremelide aprazado para o VENRES 9 DE XUÑO

Comunicámosvos que a data para a celebración do corermelide será o venres 9 de xuño, co mesmo horario e similar organización. 

CORREMELIDE 2017

O IES de Melide está ultimando os detalles da organización desta actividade lúdico-deportiva que ten como principal obxectivo despedir en convivencia cos demais centros, dalgún xeito, o curso escolar antes de que comece o tramo final de exames e dar por rematadas as actividades complementarias e extraescolares do curso. Á súa vez pretende ser unha actividade para o fomento do uso da lingua galega.

CADRO DAS ACTIVIDADES

DESPEDIDA ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Con invitación no ximnasio do IES de Melide ás 17:30.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido