You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


8 DE MARZO - DÍA DAS MULLERES

Alumnado do grupo de teatro TEIROA do IES de Melide fixeron diversas intervencións de micro-teatro, adaptación libre do texto de Fiadeiras: Machismos de micro nada. Estarán no noso centro o 13 de marzo nun pequeno faladoiro co noso alumnado.

Por outra banda e aproveitando a conmemoración día Internacional da Muller, o Concello de Melide fixo entrega, na sá de plenos do Concello,  dos premios do concurso de Graffitis, no que participou o noso alumnado no pasado mes de novembro.

Entrega premios graffities

Toni Blanco Ameijeiras e Álex Martínez Valiño obtiveron o primeiro premio:

primeiro premio

No segundo posto: Marta Mosquera Taboada, Zaida Garea García e Ainara Asorey Prado. E no terceiro posto Lucía Carreira García. 

2 e 3 premios

Noraboa ós gañadores.

Festival do Entroido no IES de Melide

Achegamos unha presentación do acto celebrado o 24 de febreiro.

VISITA DO PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS DE ARZÚA

No día de hoxe, 18 de xaneiro, o alumnado de Formación Profesional do IES de Melide participou nun obradoiro que tiña como obxectivo formarse para saber reaccionar e dar unha resposta rápida a posibles incendios que poidan suceder no desempeño da súa profesión.

Tras unha charla introdutoria impartida por Bruno García, sarxento xefe do Parque Comarcal de Bombeiros de Arzúa, baseada en como se orixina e se apaga un incendio ofrecendo recomendacións para situación cotiás, e explicando o tipo de diferentes lumes co que se poden chegar a atopar, o alumnado supervisado por catro bombeiros do mesmo parque realizou no patio do centro unha práctica de extinción dun incendio.

UNHA ALUMNA DO IES DE MELIDE GAÑA A OLIMPIADA DE BIOLOXÍA - GALICIA

XII EDICIÓN DA OLIMPÍADA ESPAÑOLA DE BIOLOXÍA- FASE GALEGA

URIELA GARCÍA RICO GAÑA e está seleccionada para participar na fase nacional que se disputará en Pamplona do 23 ó 26 de marzo.

Ademais de Uriela representaron ó IES de Melide: Tamara Pereiro Vidal, Alba Vázquez Neira e Paula Vázquez Sufuentes.

Parabéns a todas elas e a profesora Cristina Mª Viqueira Gómez.

O equipo directivo

RESUMO DA XORNADA EN PDF

ACTIVIDADES FIN DE CURSO - MÉRCORES 22 DE XUÑO

De 9:30 a 11:10: Desafío Robot (4º ESO e 1º BAC) no patio.

De 10.20 a 11:10: Representación teatral "Le Tartuffe de Molière (1º ESO) no salón de actos.

De 11:45 a 12:35: Representación teatral "Le Tartuffe de Molière (2º ESO) no salón de actos.

De 12:35 a 13:25: Concerto Musical (todo o alumnado) no patio.

 

POXA DE MOBLES

Este mércores-8 ás 18:15, celebrarase no IES de Melide a Poxa de mobles.

Animámosvos a asistir, a valorar os exclusivos traballos de creación do alumnado e profesorado do Ciclo de Madeira que poden chegar a ser  parte do mobiliario dos nosos fogares. Axudaremos, ao mesmo tempo, á promoción do bo facer do noso Ciclo de Formación Profesional.

 

XUNTANZA DA ESCOLA DE NAIS E PAIS

 

 

 

 

 

 

 

PRÓXIMA XUNTANZA

 

LUNS 23 de Maio

LUGAR: BIBLIOTECA IES DE MELIDE

HORA 19:00

 

Prevención frente ao consumo de drogas e alcohol.

Riscos asociados ao uso das redes sociais

 

 

  A CARGO DE

Plan director para a Convivencia

e Mellora da Seguridade Escolar”

 

CORREMELIDE 2016

O IES de Melide está ultimando os detalles da organización desta actividade lúdico-deportiva que ten como principal obxectivo despedir en convivencia cos demais centros, dalgún xeito, o curso escolar antes de que comece o tramo final de exames e dar por rematadas as actividades complementarias e extraescolares do curso. Á súa vez pretende ser unha actividade para o fomento do uso da lingua galega.

CADRO DAS ACTIVIDADES

IV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRDA E X MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR “XOSÉ AGRELO HERMO” DE MUROS.

O alumnado da AULA DE TEATRO DO IES DE MELIDE, “TEIROA TEATRO, participou o domingo-24 de abril no IV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRADA presentando a súa obra VARIEDADES ás 11:00 horas no Teatro Principal desta localidade. Unha obra coral na que se invita a reflexionar ao espectador sobre varios temas de actualidade: o papel integrador do teatro para as persoas con capacidades alternativas,  o complexo mundo das relacións entre as persoas adolescentes e as da terceira idade, o medo como elemento cercenador da liberdade, o consumismo como fonte de insatisfación continua, os valores da actividade deportiva…

Ás 12:45 participaron nun roteiro musical, poético e teatral pola aldea de Ouzande; onde interactuaron cos veciños e coas veciñas desta aldea. A través desta ruta puideron achegarse á tradición popular e oral da zona e intercambiar experiencias cos integrantes das outras Aulas de Teatro.

O mércores, 27 de abril, o alumnado da Aula de Teatro do IES de Melide participou una X MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR “XOSÉ AGRELO HERMO” de Muros.  Presentou un espectáculo conxunto coa Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada. Asistiu como público a esta función o alumnado do IES As Insuas e do IES Fontexería desta localidade.

Estas funcións estiveron enmarcadas dentro do CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO ESCOLAR que comezou no Teatro Principal de Ourense, o 18 de febreiro, e que está percorrendo os escenarios de diferentes vilas de Galicia coma Melide, Palas de Rei, A Estrada, Muros… e que continuará nos escenarios de Vila Real, Idanha A Nova, Setúbal, Laxe…

Novas de prensa: El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia

Aula de teatro do IES de Melide "Teiroa Teatro"

A aula de teatro do IES de Melide “Teiroa Teatro” desprazase este domingo, 24 de abril ata o Teatro Principal da Estrada para participar no IV Festival de Teatro Escolar da Estrada, co seguinte programa:

11:00 h.- Presentación da obra "Variedades" representada polo obradoiro municipal de teatro de Palas de Rei, aula de teatro do CPI de Touro, escola municipal de teatro de Laxe, aula de teatro do IES de Melide “Teiroa Teatro” e a aula de teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada "Avelaiñas Teatro".

12:45 h.- Roteiro teatral, poético e musical na aldea de Ouzande con saída dende a Igrexa

Deixamos aquí unhas fotos da participación dos nosos rapaces e rapazas no Festival de Teatro Escolar celebrado en Palas de Rei o pasado 9 de abril.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido