You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


VISITA Ó PARQUE EÓLICO DE SOTAVENTO

O martes día 24 de abril, o alumnado de tecnoloxía visitou as instalacións do parque eólico de Sotavento. Alí poideron ver o prototipo dunha vivenda bioclimática e incluso facer un chocolote cunha cociña solar.

Sotavento

Conferencia "DIVERSIDADE SEXUAL NAS AULAS"

Onte, 23 de abril,  estivo no IES de Melide Alberto Hernández, do colectivo LGTB Ultreia, para falar sobre a diversidade sexual nas aulas ao alumnado de 3º ESO e 1º BAC.

Ultreia

ÁNGELES VÁZQUEZ ANIMA AOS MOZOS A APROVEITAR AS OPORTUNIDADES QUE OFRECE O RURAL PARA VIVIR E TRABALLAR

A conselleira impartiu unha charla no IES de Melide e pediulles aos alumnos participantes que se impliquen a través da formación na tarefa de consolidar “o noso rural como referente de calidade e bo facer”

Destacou o potencial dos sectores gandeiro, agrícola e forestal e repasou outras actividades tamén en auxe no agro galego, caso da produción de castañas, planta ornamental, kiwis e outros froitos.

Seguir lendo...

Enlace a FALAMELIDE (Entrevista) http://falamelide.weebly.com/curso-2017-2018.html

 

VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE JIM SPORTS

O pasado martes, 20 de Febreiro, o alumnado do IES de Melide tivo o pracer de visitar as instalacións da empresa JIM Sports, situada no concello de Palas de Rei.

Os grupos de 3º ESO, Economía de 1º de Bacharelato e Xeografía de 2º de Bacharelato, a cargo dos departamentos de Educación Física, Economía e Xeografía e Historia, puideron coñecer o funcionamento da maior empresa galega do sector deportivo. (Ler máis).

visita Jim Sports

"A ARTE DEXENERADA", conferencia de Carolina Munáiz

O pasado 20 de febreiro o alumnado de 4º ESO e de artes de 2º BAC estivo na conferencia impartida por Carolina Munáiz "A ARTE DEXENERADA".

 A charla tiña como obxectivo primeiro dar a coñecer a purga que o réxime nazi fixo dende a súa chegada ao poder en 1933 de todas as manifestacións artísticas que se alonxasen e/ou non reflectisen exactamente o ideal de beleza que se pretendía para a sociedade xermánica. (seguir lendo)

ENTROIDO 2018

O pasado venres día 9 de febreiro celebramos o entroido no instituto, aquí tedes un resumo do que foi o festival.

 

IX OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

O pasado mércores 7 de febreiro tivo lugar en Santiago a fase galega da IX olimpíada de xeoloxía. Asistiron á mesma Paula Cordero Sánchez, Sara Folgueira Fernández e Lucía Vázquez Arias, alumnas de 4º ESO B.

Pola mañá fixeron unha proba práctica en grupo, coa que puideron demostrar, sobre o terreo, os seus coñecementos xeolóxicos. Pola tarde tivo lugar a proba individual. Tras esta puideron visitar o animalario da facultade de bioloxía, onde descubriron a importancia que teñen animais como os ratos ou a robaliza na investigación biomédica.

Aínda que non resultaron clasificadas para participar na fase nacional, seguro que fixeron unha probas magníficas. Parabéns rapazas pola vosa actitude e aptitude!

Conferencia "FACENDO CIENCIA EN GREGO"

O pasado 12 de xaneiro tivemos a sorte ter no IES de Melide a Teresa Amado, profesora de grego da USC, que impartiu unha conferencia sobre a orixe da ciencia na antiga Grecia e a creación de léxico científico ao alumnado de 4º ESO e ao de grego de BAC.... (preme aquí para seguir lendo).

Facendo Ciencia en Grego

Asistencia ó espectáculo "RÉQUIEM POR UN MONICREQUE"

O pasado 11 de xaneiro o alumnado de 4º ESO de artes escénicas e de 1º BAC asisitiron en Santiago de Compostela ó espectáculo "REQUIEM POR UN MONICREQUE", peza deliciosam que partindo dunha anécdota histórica operística indaga con ironía na relación do escénico co extraescénico (preme aquí para ler máis)

requiem por un monicreque

GALA DOS 50 ANOS DO ENSINO MEDIO EN MELIDE

Un documental e un xantar de reencontros poñen o broche de ouro ós actos conmemorativos do 50 aniversario de ensino medio en Melide.

O alumnado de 2º de ESO que cursa a materia de eNPRoXECTO doulle vida a un documental que, baixo o título “Letras que adornan números”, deu coñecer as idas e benvidas das avenidas das vidas do Colexio Libre Adoptado (1967-1969), da sección Delegada do Arzebispo Xelmirez (1969-1973), do Instituto Nacional de Bacharelato (1973-1966) e do IES de Melide.

Nun emotivo acto, as testemuñas de alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos e pais e nais de diferentes décadas, nos lembraron 50 anos de pasos cruzados compartidos, anos de historias respectuosas coas novas xeracións, que queren ceder o seu protagonismo as letras que non están escritas.

Así remataba o documental, apostando polo liderado compartido, para sermos quen de seguir enfrontando con ilusión os retos do ensino do século 21: unha aposta pola ensinanza plural, sostible, integradora e atenta coa realidade que nos toca vivir para interpretar e construír un mundo bo, xusto e bonito. 

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido