You are herecontent / Conferencia " A ARTE DEXENERADA"

Conferencia " A ARTE DEXENERADA"


O pasado 20 de febreiro o alumnado de 4º ESO e de artes de 2º BAC estivo na conferencia impartida por Carolina Munáiz "A ARTE DEXENERADA".

 A charla tiña como obxectivo primeiro dar a coñecer a purga que o réxime nazi fixo dende a súa chegada ao poder en 1933 de todas as manifestacións artísticas que se alonxasen e/ou non reflectisen exactamente o ideal de beleza que se pretendía para a sociedade xermánica.

A conferenciante fixo un repaso visual dos modelos iconográficos de homes e mulleres considerados axeitados pola ideoloxía nacionalsocialista. Os homes fortes, viriles, que encarnaban un ideal con reminiscencias da antiga Roma, os piares dunha nova sociedade. As mulleres belas, fortes e cun físico rotundo nas formas para encarnar o ideal de beleza clásica e capaz á vez de dar novas criaturas ó réxime.

Ante esta concepción que se impoñía dende o réxime todas aquelas mostras de arte disidente ou que non respondían ás expectativas citadas foron literalmente eliminados, deste xeito gran parte das vangardas que empezaran a despuntar dende finais do século XIX e principios do XX foron literlamente destruídas, queimada polos bombeiros ou no mellor dos casos vendidas para acadar cartos e emplealos noutros fines. Esta persecución supuxo o abandono de Alemaña de artistas senlleiros que acabaron producindo a súa obra nos Estados Unidos.

A conferenciante falou do fácil que é manipular logo ás masas, como a utilización de determinadas imaxes e a omisión de outras xa é unha elección que busca un fín, e coma hai que ter coidado coa manipulación á que somos sometidos ás veces polos medios de comunicación.

Transmitirlles a mensaxe de que hai que desenvolver unha mentalidade crítica ante os intentos de manipulación. Salvando as distancias o réxime nazi convenceu á socidade xermánica de que a arte que se alonxaba dos modelos elexidos por eles era arte dexenerado, impuro, non merecía a perdurabilidade senón a destrucción

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido