You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


ITINERARIO EN KAIAK

Co obxectivo de fomentar e espertar o interese pola práctica físico-recreativa na natureza, coñecendo novas formas de ocupar o tempo de lecer, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO do IES de Melide desprazouse ata Pontedeume para participar nun programa de educación ambiental que tiña como protagonista o piragüismo.

XORNADA DE ACOLLIDA - 6º DE PRIMARIA

Como cada ano por estas datas recibimos a visita do alumnado dos CIPS adscritos (Nº1, Martagona, Pastor Barral, Toques e Arcediago).

O alumnado que de 1º de ESO capitaneou un acto informativo de benvida no que se presentaron cuestións de interese relativas á nova etapa educativa que o alumnado iniciará en setembro. 

Despois dun percorrido polas instalacións do IES, o acto finalizou cunha representación teatral (monicreques e teatro negro) do alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de artes escénicas. 

Vémonos en setembro!

Concedido un Proxecto Erasmus + no que participa o IES de Melide

O proxecto Erasmus + "El Camino de Europa: XACOBEO 2021, la multiculturalidad como oportunidad de desarrollo" no que participa no IES de Melide a través da súa liña do Plan de Formación Permanente do Profesorado, "Deseño de proxectos europeos erasmus+",  foi aprobado na convocatoria de 2019 publicada o pasado 4 de xuño e se desenvolverá ao longo do vindeiro curso académico. 

Este proxecto dotado cun orzamento de 28.704 € foi presentado dentro da modalidade Acción Clave 1 o que supón mobilidade do profesorado por motivos de aprendizaxe e do que se espera sexa un primeiro paso para posteriores programas extensivos ao alumnado do IES de Melide.

CORREMELIDE 2019

Música, xogos populares e baile animaron un Corremelide 2019 sumamente cálido.

Máis de medio millar de escolares pertencentes ao CEIP nº1 de Melide, CEIP Martagona e CEIP Mestre Pastor Barral, CEIP Arcediago, CEIP de Toques e IES de Melide corren polas rúas do casco vello da vila de Melide para fomentar o uso do idioma galego. 

O IES de MELIDE congratúlase da bo comportamento no evento dos escolares e agradece a participación dos centros educativos e da colaboración na organización do Concello de Melide, JIM Sport e Cabreiroa.

Imaxes en www.iesaudemelide.es

XORNADA DE ANELAMENTO DAS CEGOÑAS DO IES DE MELIDE

O pasado mércores 29 de maio o alumnado do 1º ESO asistiu ao anelamento dos tres polos das cegoñas situadas no patio do instituto. A actividade foi sumamente gratificante, pois puidemos coñecer, de primeira man, as técnicas que empregan os ornitólogos para estudar a vida e migracións desta interesante especie. O anelamento destas aves permitiranos, nun futuro, poder ter información sobre a súa idade e as rutas migratorias que seguen estes exemplares.

fOTOS_cEGOÑAS

Enlace co resto de fotos da xornada: https://drive.google.com/drive/folders/1_MREVaRho9Jsy4uW_1YokseO0x4KtzoP

1º PREMIO PARA O ALUMNADO DO IES DE MELIDE NO PROGRAMA CLASES SEN FUME-PLAN PROXECTA 2019.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e a conselleira de Educación Carmen Pomar Tojo, presidiron hoxe o acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo “Clases sen Fume”, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Ordenación Universitaria. Nesta edición 2018-2019 participaron un total de 2.028 escolares de 92 aulas procedentes de centros de toda Galicia. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos. 
O bo facer do alumnado do alumnado de 1º ESO C do IES de Melide foi recompensado co 1º premio do concurso pola súa actividade creativa titulada “Que non che vendan a caixa”. 
O premio consiste nun campamento de 5 días para todo o alumnado da aula no complexo xuvenil de Gandario .

Parabens! para o alumnado de 1 ESO C e o seu profesorado.

MONTAXE DAS CÚPULAS LEONARDO

O alumnado de 1º ESO e 2º ESO estivo montando as que son coñecidas coma cúpulas de Leonardo, pois xa nos escritos de Leonardo da Vinci hai estes debuxos. Hoxe 500 anos despois estes esquemas aínda nos invitan a levantar estas interesantes cúpulas. Once estructuras con a mesma peza e sen elementos de unión entre elas, o peso da estrutura é suficiente para manter a estabilidade.

Os obxetivos da actividade:

  • Coñecer as estructuras do "Codex Atlanticus"
  • Potenciar a creatividade e a habilidade
  • Importancia do traballo en equipo
  • Descubrir as ideas para pasar dunha estrutura plana a unha curva
  • Mostrar unha aplicación na vida real das matemáticas.

Cupulas Leonardo

CONMEMORAMOS A REVOLUÇAO DOS CRAVOS

Dende o departamento de Lingua Portuguesa organizouse un ano máis, unha pequena xuntanza na entrada do centro para conmemorar a revoluçao dos cravos e celebrar tamén o 25 de abril.

Cartaz

Todos xuntos cantamos o Grándola Vila Morana e recordamos como un pobo unido pode cambiar unha nación sen necesidade de conflito armado, todo un exemplo dunha nación que derriba muros para construír pontes.

Celebracion 25 Abril

MaCRoaLMoRZo SAUDABLE e Dialogos para unha alimentación saudable (producción cinematográfica)

O pasado venres 11 de abril o alumnado de 1º ESO cargou de alimentos saudables a súa mochila e participou no tradicional MaCRoaLMoRZo saudable.

Cun formato distendido e tendo en conta certas evidencias científicas, o alumnado tivo que defender cun discurso persoal o retrato do seu almorzo saudable e respostar a preguntas sobre o traballado nas diferentes materias. 

Presentación en iesaudemelide.es

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido