You are herecontent / IV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRDA E X MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR “XOSÉ AGRELO HERMO” DE MUROS.

IV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRDA E X MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR “XOSÉ AGRELO HERMO” DE MUROS.


O alumnado da AULA DE TEATRO DO IES DE MELIDE, “TEIROA TEATRO, participou o domingo-24 de abril no IV FESTIVAL DE TEATRO ESCOLAR DA ESTRADA presentando a súa obra VARIEDADES ás 11:00 horas no Teatro Principal desta localidade. Unha obra coral na que se invita a reflexionar ao espectador sobre varios temas de actualidade: o papel integrador do teatro para as persoas con capacidades alternativas,  o complexo mundo das relacións entre as persoas adolescentes e as da terceira idade, o medo como elemento cercenador da liberdade, o consumismo como fonte de insatisfación continua, os valores da actividade deportiva…

Ás 12:45 participaron nun roteiro musical, poético e teatral pola aldea de Ouzande; onde interactuaron cos veciños e coas veciñas desta aldea. A través desta ruta puideron achegarse á tradición popular e oral da zona e intercambiar experiencias cos integrantes das outras Aulas de Teatro.

O mércores, 27 de abril, o alumnado da Aula de Teatro do IES de Melide participou una X MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR “XOSÉ AGRELO HERMO” de Muros.  Presentou un espectáculo conxunto coa Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada. Asistiu como público a esta función o alumnado do IES As Insuas e do IES Fontexería desta localidade.

Estas funcións estiveron enmarcadas dentro do CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO ESCOLAR que comezou no Teatro Principal de Ourense, o 18 de febreiro, e que está percorrendo os escenarios de diferentes vilas de Galicia coma Melide, Palas de Rei, A Estrada, Muros… e que continuará nos escenarios de Vila Real, Idanha A Nova, Setúbal, Laxe…

Novas de prensa: El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia

AdxuntoTamaño
1 Correo 20-04-16.pdf402.6 KB
2 Faro de Vigo 25-04-16.pdf499.85 KB
3 La Voz de Galicia 25-04-16.pdf553.91 KB
Etiquetas

As nosas creacións





Distribuir

Distribuir contido