You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


TICKET TO ART

O Departamento de Inglés e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Melide en colaboración co Concello de Melide e o Conservatorio Municipal organizan este festival musical con motivo de recadar cartos para a viaxe  interdisciplinar a Londres que realizará o noso alumnado no mes de marzo.

ENTRADA A 3,00 EUROS.


II XORNADA DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Co motivo de achegar e sensibilizar a toda a comunidade educativa respecto do tema da “atención á diversidade”, como realidade cotiá no quefacer educativo o IES de Melide organiza os días 29, 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2013 estas II XORNADAS.   PROGRAMA


 

O BLOG DE 1º ESO C -BOCELO CALIDADE-

O noso alumnado de 1º ESO C quere compartir contigo o seu miradoiro:

 http://bocelocalidade.blogspot.com.es/2012/12/blog-post.html

25 Novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 26, entre outras actividades, no IES de Melide pretendemos que a maioría do alumnado, profesorado e persoal non docente veña con vestimenta negra e branca, e cun lema alusivo á conmemoración pegado na roupa..., o que cada quen crea axeitado.

De negro, de cintura para abaixo, para reflectir que aínda queda moito por andar para a consecución da igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres; de branco, de cintura para arriba, para simbolizar que con unha boa educación é posible.

Ás 08:40 no corredor haberá un pequeno acto “mudo”: PONTE NOS MEUS ZAPATOS.

No recreo leremos un manifesto e colgaremos os lemas que trouxemos na cristaleira do corredor.

CARREIRA SOLIDARIA

Por el@s e por min…, VIAXE AO SAHEL

O día 20 de novembro, -DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA-, facemos no pátio a 3ª hora para o alumnado de 1º e 2º de ESO a IX CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE; o resto do alumnado pode participar nalgunha das clase de educación física da semana do 19 ao 23 de novembro. O resto da comunidade educativa poderá participar no horario que máis lle conveña.

Queremos aprobeitar este evento que promove a ONG Save The Children para facer unha VIAXE DE SENTIMENTOS que pretende sensibilizar e concienciar ao alumnado das inxustizas que hai no mundo, en concreto cos seus semellantes na zona do Sahel.

TAMÉN PRETENDE ESTA VIAXE RECADAR DIÑEIRO PARA AXUDAR A MELLORAR A  VIDA DE MILES DE NENOS E NENAS, CONCRETAMENTE OS E AS DE NÍXER.

Deixamos aquí 2 vídeos:

POXA DE MOBLES

CHEGOU O MOMENTO, este mércores-07 de novembro ás 18:30 celebrarase a "POXA DE MOBLES" que, como ben sabedes, persegue dar a coñecer o traballo realizado polo alumnado do ciclo de FP de Carpintería e Moble.

A PREZOS DE CUSTO SAIRÁN AS 25 PEZAS QUE ESTÁN EXPOSTAS NO CENTRO.

II CONCURSO E EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

Con motivo da celebración do DIA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO -5 de novembro-, o IES de MELIDE presenta un concurso e exposición de fotografía científica.

Se formas parte do alumnado do IES de MELIDE e che gusta facer fotografía, se es unha persoa observadora e sempre te estás a fixar na realidade que te rodea, anímate e participa.

Desexamos retratar a ciencia que cohabita connosco, que nos fai posibles. E queremos amosar os resultados da vosa observación nunha exposición conxunta no noso instituto.

Cada fotografía acompañarase dun pequeno texto explicativo de entre 300 e 600 caracteres, escrito en lingua galega.

Preme aquí para visualizar as bases.


PROGRAMA CONECTA: QUENTANDO MOTORES!

NO IES DE MELIDE -ESTE SÁBADO 23 DE XUÑO- A Dirección Xeral de Xuventide e Voluntariado organiza en Colaboración co Concello de Melide, a IX Mostra do programa conecta: Quentando Motores!

É unha xornada adicada ao emprendemento no mundo do motor baixo o título "O teu quilómetro 0 cara o emprendemento" onde participarán pilotos de renome galego e da comarca melidá.

A realización das actividades terá lugar nas instalacións do Instituto de Educación Secundaria de Melide e poñeranse a disposición dos participantes un servicio de autobuses para o traslado ata Melide.

Más información en:

http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2012/xuno_2012/PROGRAMA_CONECTA_MELIDE.pdf

VIAXE A MÉRIDA E ANDALUCÍA 2012

Velaí o vídeo realizado por Jessica Barreiro, de 1º de BAC B, na materia de TICs sobre a viaxe a Mérida e Andalucía, organizada polo departamento de grego do 23 ao 29 de marzo de 2012, na que participaron 42 alumnas e alumnos do IES de Melide.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido