You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


XORNADAS DE ORIENTACIÓN NO IES DE MELIDE

  Preme aquí para ver a temporalización das actividades 23-27 abril  

VELADA TEATRAL -GRUPO TEIROA-

Na semana internacional do teatro Teiroa presentounos dúas adaptacións libres de obras de Martín Iniesta: "A CONSULTA" e "PERSOAXES NUN PARQUE". O alumnado representou dous lances de teatro canalla cunha linguaxe que, en casos, pode resultar pouco correcta, pero que trata de reflectir o escenario cotián no que nos movemos. Ver obra completa en http://www.youtube.com/watch?v=o03f4xX-lpw&feature=youtu.be 

MOSTRA DO ENSINO GALICIA 2012

O ciclo formativo de grao medio de fabricación á medida e instalción de carpintaría e moble do IES de Melide participa na Mostra do Ensino 2012. Alí, varios profesores e alumnos do noso IES faran varias demostraccións sobre o  manexo de maquinaria portatil (frexado e ensamblado de dúas pezas mediante tuvillóns). Tamén se presentará a nova web do ciclo (http://madeiramelide.weebly.com/) e exporanse ferramentas antigas e mobles feitos polo noso alumnado.

PREMIO LITERARIO “ARCEBISPO JUAN DE SAN CLEMENTE”

Un grupo de ex  alumnos e alumnas do IES de Melide foron convidados á entrega do premio literario Arcebispo Juan de San Clemente, celebrada o xoves 22 de marzo, no salón de actos do IES Rosalía de Castro. Seguir lendo...


Colm Tóibín, escritor irlandés premidado pola súa novela Brooklin acompañado por dúas profes e os alumnos que participaron como xurado.

PRESENZA DO IES DE MELIDE NOS XIV ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA

PACO VEIGA (profesor de lingua galega e literatura) e tres alumn@s de 2º de BAC participan nun foro aberto para a reflexión e debate sobre a situación do idioma Galego, organizado polo Consello da Cultura Galega se celebra este xoves e venres en Santiago de Compostela.

Paco Veiga participa nunha mesa de traballo que leva por tema: Experiencias Educativas de intervención nos usos lingüisticos da mocidade. O profesor do IES de Melide departe sobre  a actuación sobre grupos galegofalantes.

YELNA FERNÁNDEZ (2ºBAC-A),  XÁCOME LAYA (2ºBAC-A) e PATRICIA ROCA (2ºBAC-B) participan, xunto a outros estudantes de bacharelato e conducidos por Belén Regueira  (periodista da radio galega), nun debate que profundiza nas claves de conexión coa mocidade .

Máis información en http://consellodacultura.org/evento.php?id=330

CONCURSO DE DEBATE "PARLAMENTO XOVE"

Tal e como manifestaron os organizadores no momento en que rematou a xornada do sábado 11 de febreiro, esta foi unha sesión do Parlamento Xove na que "todos gañamos" polo respecto, a educación, a liberdade na expresión de ideas e o saber facer dos mozos e mozas de 1º e 2º de Bacharelato.

O IES de MELIDE a piques de pasar á final

A nota de "emoción" na clasificación puxérona aqueles equipos que disputaron o cuarto lugar, que daba acceso á final.  Producíase un triple empate a dous debates gañados (de tres que se disputaron) entre o IES A Pinguela (Monforte), o IES Virxe do Mar (Noia) e o IES de Melide, mais a diferenza de puntuación  fixo declinar a balanza a favor do centro Monfortino.

O PAZO DE MARIÑÁN (aloxamento e manutención)  e o EDIFICIO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA (para os debates) foron as sedes da fase clasificatoria.

O equipo que nos representou estaba conformado por Iria Adán Penas, Elisa Ares Turrado, Antonio Cagide Varela e Diego Mouriño López; coordinados pola profesora María Dolores Vázquez García (Dep. Filosofía).

Máis información http://www.parlamentoxove.com/

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido