You are herecontent / ACTO DE CLAUSURA DO PROGRAMA CLASES SEN FUME 2016/2017

ACTO DE CLAUSURA DO PROGRAMA CLASES SEN FUME 2016/2017


O IES de Melide foi escollido para albergar o acto de clausura de esta 15ª edición por ser o centro con maior participación de aulas neste curso escolar, non só na provincia da Coruña senón tamén de toda Galicia, cun total de nove aulas e 158 escolares de primeiro e segundo da ESO. O IES de Melide participou en oito edicións, gañando un accésit a mellor actividade creativa no curso 2013-2014 e o premio Fogares sen fume no curso 2014-2015.

Nun acto moi dinámico e ameno, un grupo de alumnos e alumnas de 1°e 2° de ESO e tamén de 1° de BAC, en representación de todos os seus compañeiros e compañeiras, presentaron o traballo realizado tanto neste curso como en cursos anteriores para Clases sen Fume, a través de diferentes improvisacións teatrais e proxeccións audiovisuais.

Este programa, CLASES SEN FUME, é un concurso educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de primeiro ciclo de ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo ás comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.

Ó acto asistiron o Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña, a Xefa Territorial de Sanidade, a Alcaldesa de Melide e a coordinadora do programa “Clases Sen Fume”.

Parabéns para o noso alumnado, polo seu saber estar e o seu alto grao de implicación neste programa.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido