Taboleiro
Programacións didácticas do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía para o curso 2023-2024
Programacións didácticas por cursos
1º ESO | Bioloxía e xeoloxía | |
3º ESO | Bioloxía e xeoloxía | |
3º ESO | Ámbito científico tecnolóxico | |
4º ESO | Bioloxía e xeoloxía | |
1º BACH | Bioloxía, xeoloxía e ciencias ambientais | |
1º BACH | Anatomía aplicada | |
2º BACH | Bioloxía | |
2º BACH | Ciencias Xerais |
Olimpíada de Xeografía
Enviado por XefeEstudos o 9 Marzo, 2023 - 19:22Programacións didácticas de todos os departamentos do IES M. García Barros
Xornada de portas abertas para as familias interesadas en coñecer o centro
Enviado por XefeEstudos o 7 Marzo, 2023 - 17:36O mércores 15 de Marzo, a partir das 16:30, as familias que o desexen poderán achegarse ao noso instituto para coñecelo máis de preto. O equipo directivo informaralle das características do centro e da oferta educativa (ofrecemos catro modalidades de bacharelato); poderán ver as instalacións e plantexar todas aquelas dúbidas que poidan ter de cara a unha posible solicitude de praza (o prazo está aberto ata o 20 de marzo).
Alumn@s do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas
Enviado por XefeEstudos o 24 Febreiro, 2023 - 22:51Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Carlota Brea Martínez, Miguel Ángel Gómez Rey e Manuel Míguez Sangiao participarán o venres 3 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.
É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato.
Os detalles da xornada poden consultarse facendo clic na imaxe.
Homenaxe a Rosalía de Castro
Enviado por XefeEstudos o 24 Febreiro, 2023 - 22:4311 de Febreiro, día internacional da nena e a muller na ciencia
Enviado por XefeEstudos o 11 Febreiro, 2023 - 22:10O mércores 8 de Febreiro, o noso alumnado máis científico de 2º Bacharelato e 4º ESO, participou na III Edición de CONÓCELAS. Este ano contamos coas científicas-
divulgadoras Aurora Gómez (xefa de grupo no CIMUS), Cristina de Jesús (investigadora no CIB) e Cristina Cardona (doctoranda no CIB), que nos explicaron as
súas motivacións para loitar contra o cancro e orientarnos na decisión de continuar os nosos estudos.
Grazas ASEICA polo voso esforzo en mellorar a sociedade.
A ODISEA 2023 DO MGB: "A auga en Grecia e Roma"
Enviado por XefeEstudos o 2 Febreiro, 2023 - 18:08Un ano máis non fomos quen de chegar ao desempate, pero no MGB tamén temos campións. Hoxe 2 de Febreiro, no 2º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.
Estes foron os equipos e alumnos premiados:
1º PREMIO - HISPANIA REGNAT - 4ºESOA/B
- GARCÍA SECO, RODRIGO
- FERREIRO LEMOS, ANDREA
- FERNÁNDEZ LOUZAO, MATEO
2º PREMIO - OS LADRÓNS DE COBRE - 2ºBAC-C
- VIGO LÓPEZ, SAMUEL
- IGLESIAS CARRAZÓN, ADRIÁN
3º PREMIO - PANATENEAS - 2ºBAC-C
- MONTERO RAMOS, ARACELI
- ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA
27 de Xaneiro: día internacional da Shoá
Enviado por XefeEstudos o 26 Xaneiro, 2023 - 22:55Co gallo da conmemoración da liberación de Auschwitz, o centro internacional de Yad Vashem cedeunos unha exposición que aborda o tema dos nenos e nenas na Shoá. Tres alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, Damián Bermejo, Ángela Caeiro e Isaura Mera recibiron formación para guiar a exposición aos seus compañeiros/as.
24 de xaneiro, terceira reunión do club de lectura.
Enviado por XefeEstudos o 26 Xaneiro, 2023 - 20:50Participación dunha profesora do IES García Barros no PIALE 2022
Enviado por XefeEstudos o 23 Xaneiro, 2023 - 13:07A profesora Chelo Vázquez Rozas formou parte do grupo de 20 docentes galegos que participaron na modalidade de integración en Francia dentro do programa PIALE 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Na súa estancia en Amiens durante o mes de novembro puido coñecer o sistema educativo francés, intercambiar experiencias didácticas e exercer o seu labor no Collége e no Lycée Sainte-Famille. Tedes información da actividade na presentación adxunta.
25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Enviado por XefeEstudos o 25 Novembro, 2022 - 08:25Dende a MegaBiblioteca, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres propoñemos un concurso sobre datas e feitos que invitan a reflexionar sobre a nosa sociedade e saber de onde vimos para entender o presente e mellorar o noso futuro.
Só tes trece preguntas que investigar nas que non hai máis resposta ca un número. Enche o formulario e mándao ata o 30 de novembro. As tres primeiras persoas que acerten recibirán un agasallo.