24 de outubro, día das Bibliotecas.
Enviado por XefeEstudos o 24 Outubro, 2022 - 10:33
Hoxe celebramos o Día da biblioteca escolar coa visita do escritor Xosé Luna Sanmartín, que compartirá con nós a xornada. No segundo recreo falaranos sobre a súa experiencia coa literatura e entregará os diplomas aos axudantes da biblioteca do curso pasado en presencia do alumnado de 1º de ESO.