INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

Normalización Lingüística

Botadura oficial de ProLingua: dorna plural "para que non afunda a ilusión"

03/10/2009 VIEIROS 

Unha iniciativa para que a lingua e cultura galegas non sexan condenadas a ser "un bonsai ao que lle cortan as pólas cando se atreve a medrar demasiado".

Ilusión, rebeldía, esperanza, gañas de traballar, vontade de colaboración e optimismo inxectouse este sábado na asemblea fundacional da plataforma ProLingua. Unha iniciativa que botou a andar con masiva afluencia este primeiro sábado de outubro ao salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Interveu en primeiro lugar Francisco Fernández Rei, quen subliñou o escenario de preocupación e desalento do que hai uns meses xurdiu a idea de unir voces en favor de "crear algo apartidario e plural capaz de traballar a prol da visibilización da lingua" e para "devolver o idioma ao lugar que merece". Fernández Rei definiu a xornada como "un día feliz para acudir á botadura de Prolingua" á que comparou cunha dorna "de fasquía plural" e "símbolo do país". Botando man do vocabulario mariñeiro, continuou o profesor Fernández Rei apuntando que "mesmo no mal tempo a dorna é barco seguro se leva bo patrón ou patroa". Ao fío, advertiu que, logo dun tempo con vento lixeiro "de popa", para a lingua o vento chega agora de proa, ameazando freala. Por ese motivo, remitiuse ás verbas dos vellos mariñeiros, que tiran da expresión "voltaghear" para definir a estratexia de aproveitar os refachos para navegar nesa condición adversa.

"O que Galiza necesita"
"Estou en Prolingua porque quero estar cos bos, coa xente miña, e estou totalmente seguro de que temos razón e ademais non mentimos", expresou de seguido Xabier P. Docampo, de cuxa cabeciña saíu inicialmente a idea de crear algo semellante ao que agora abrolla como a plataforma Prolingua, e encargado de explicar máis polo miúdo os detalles do funcionamento do colectivo. "Sempre puxemos fe e traballo, pero agora hai que poñer algo máis", salientou en referencia á vontade de Prolingua de autofinanciarse coas achegas dos seus asinantes e renunciar a calquera subvención de institucións públicas ou privadas. "Dise que cada país ten o que merece, pero Galiza neste momento debe ter o que necesita", desafiou Xabier Docampo, instando os presentes ao compromiso activo para garantir que a plataforma poida desenvolver "unha chea de cousas visíbeis e necesarias" en favor da lingua galega.

Como primeira acción, Prolingua distribúe un pequeno pin co símbolo da plataforma. O abrocho, destacou Docampo, quere "visibilizar o orgullo da nosa lingua e a necesidade de defendela, promovela e falala". A curto e medio prazo, o escritor avanzou unha ducia doutras ideas que Prolingua pretende desenvolver, entre outras: a elaboración dun amplo argumentario "que contrarrestre as mentiras que se están a difundir", a distribución de colantes con lemas a prol da lingua, a promoción do galego en ámbitos como o da Igrexa ou o ensino e a organización dunha "gran marcha pola lingua" en maio de 2010.

"Motivos" plurais para o apoio a unha iniciativa plural
"Actuar en positivo" e despregar "accións sociais que ninguén fará se non as facemos nós", foron obxectivos destacados polo escritor Agustín Fernández Paz na defensa do nacemento de Prolingua, ao que definiu tamén como acción de "rebeldía ante o intento de deslexitimar dereitos dos galegofalantes". Evocou Fernández Paz á histórica Rosa Parks, figura clave do movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos e protagonista dunha faísca decisiva o día que se negou a cederlle o asento no bus a unha persoa branca. Recordou o escritor vilalbés as palabras de Parks: "Estaba farta de ceder e ceder", e considerounas inspiradoras á hora de reclamar para os galegofalantes igualdade de dereitos no país para que a nosa cultura "non sexa un bonsai ao que lle cortan as pólas cando se atreve a medrar demasiado".

Falou tamén Mercedes Queixas quen repasou o contexto de represións e prexuízos que lle fora imposto a seus avós e pais e dixo estar segura de que a xeración de súas fillas "habita unha páxina en branco que entre todos podemos axudar a escribir" contribuíndo a que "estean orgullosas de quen son e de onde veñen". "A cidadanía debe marcar os tempos e ser o motor dos cambios", engadiu Queixas. "Eu estou en Prolingua por meus fillos", sentenciou tamén Henrique Costas. Pola súa parte, Pilar Ponte destacou unha vez máis a heteroxeneidade das persoas que apoian Prolingua arredor "dunha causa común que nos une: o galego". Da súa banda, e para ilustrar a tal pluralidade, Martin Pawley quixo cinxirse á breve lectura dalgunhas das ducias de profesións dos primeiros mil asinantes do manifesto: mestres, avogados, camareiros, historiadores, economistas, labregos, mariñeiros, un fareiro, farmacéuticos, editores, carteiros, libreiros, pasteleiros, veterinarios... Xosé Luís Rodríguez Pardo chamou a defender a lingua "como se fose a nosa vida". "Será, se todos queremos, Prolingua para sempre", arreboloulle ao auditorio. Finalmente, Rafael Cuíña, pechou a rolda de motivacións da decena de promotores que falaron inicialmente, recordando o paradoxo de súa infancia cando na escola lle impartiron "aulas de galego en castelán" e subliñou o seu "compromiso absoluto coa lingua" e a vontade de loitar contra "complexos de inferioridade" que lastran o idioma na sociedade.

O núcleo de traballo de Prolingua artellarano neste inicio un grupo de arredor de corenta persoas, entre os que están os antes mencionados, mais na asemblea quedou lanzada a chamada á colaboración e o traballo de todo aquel que queira realizar achegas de calquera tipo. Na web Prolinguagalega.org está toda a información ao respecto, incluídos enderezo electrónico e ligazóns a redes sociais. Prolingua constituirase a efectos formais como asociación, pero sublíñase que internamente seguirá un funcionamento "non xerárquico". En breve, comezará a constitución dunha rede de núcleos comarcais de apoio, información e traballo.

"Necesitamos máis ollos, máis mans, máis cerebros e máis corazóns, porque os inimigos da lingua son poderosos", advertiu Xabier Docampo. "Dependemos das nosas forzas... e xogamos na casa", animou.

 

Podes ler o artigo premendo http://www.vieiros.com/nova/76615/botadura-oficial-de-prolingua-dorna-plural-para-que-non-afunda-a-ilusion

QUE SE ACABE A DELEIBA. Artigo de Henrique Monteagudo publicado no xornal EL PAÍS

 

HENRIQUE MONTEAGUDO Luces

Que se acabe a deleiba!

 02/10/2010 EL PAÍS

A voz deleiba, de uso corrente na miña terra de Muros, significa desfeita, desastre. Tráioa a conto porque a lideira lingüística leva camiño de converterse nunha auténtica deleiba. Acabamos de recuperarnos do acoro causado polo discurso presidencial no acto do 25º aniversario do Consello da Cultura Galega, e regresamos das vacacións asistindo pampos aos incendios provocados na Coruña e Vigo. De máis a máis, por unha entrevista xornalística coa súa voceira máis lareta, informámonos da trastenda mental ("argumentos de fondo" vaille grande) da cruzada contra o galego. Velaí a auténtica doutrina do bilingüismo: si a Galicia bilingüe, pero non aos galegos bilingües. Como din os brasileiros para expresar abraio: "Nossa!". E os nosos paisanos: "Amodo!".

- Un orixinal concepto de bilingüismo. Disque cada galego debe falar só unha lingua, se esta é o castellano; noutros casos é o seu problema. A explicación cae de caixón: adquirir unha competencia fluída en dúas linguas tan enormemente distintas coma o castelán e a outra (evítese citala polo seu nome) é imposible, ao menos para os castelanfalantes. O bo que ten esta peculiar opinión é que os que nos damos apañado nas dúas podemos andar cheos de vento. Somos uns xenios. Non é de estrañar que tamén se nos acaben apegando un chisco o portugués, o inglés ou o francés. Pásalle, por exemplo, aos nosos emigrantes; algúns, mesmo aprenden o alemán. Manda truco!

Coñécese que todas estas brillantes reflexións veñen destiladas dunhas xornadas internacionais sufragadas pola douta Deputación de Pontevedra, en que se debullou a xeito a mazaroca. Xuntáronse unha morea de expertos seica moi acreditados. Tamén falaron os movementos pola liberdade lingüística, ou sexa, radicalmente partidarios de que os castelanfalantes utilicen o seu idioma cando lles dea a gana, en canto que os outrofalantes se amolen e non toquen máis o zoco. Tendo en conta que, segundo se acaba de explicar, os malpocados dos primeiros arrastran eivas irreversibles que lles impiden aprender os outros idiomas, sería abuso, aldraxe e sacrilexio violar o seu sacrosanto dereito a ignoralos. É o que ten ser español, que os idiomas se che dan fatal.

- Aprender o galego: Non queren, non lles peta, e non lles sae dos fociños

Así e todo, o argumento máis persuasivo foi este: os da liberación idiomática non queren aprender os outros idiomas porque non lles peta, e morra o conto! Afortunadamente, hai políticos valentes que están polo labor de facer realidade os prexuízos clasistas, digo as nobres arelas, destas pobres xentes asoballadas polo outro idioma: sobreviven sen televisións, radios nin xornais en castelán, maltratados a feito por causa do seu coitado idioma cervantino, inicuamente excluído da publicidade e vetado nos lugares de maior visibilidade pública (hipermercados, espectáculos, clubes financeiros, estadios de fútbol, salas de cine...). Menos mal que hai líderes que toman conta do problema, movidos por puro idealismo; o que no seu caso significa que a ver se remexendo na pota conseguen gañar unhas eleccionciñas.

Por exemplo, un persoeiro moi documentado sabe de certo que A Coruña sempre foi La Coruña (por moito que os pailáns, xa desde a Idade Media, se empeñasen en luxar este lustroso nome con aquela rústica pronuncia), e por tanto está disposto a derrogar unha totalitaria Lei de Normalización Lingüística culpablemente impulsada un día polo seu propio partido (daquela cripto-nacionalista, hoxe xa encarreirado na Recta Vía), e aprobada con sospeitosa unanimidade polo Parlamento de Galicia. É que en tempos estaba de moda un abafante galeguismo (cousa dun tal Ramón Piñeiro), hoxe felizmente superado. O caso é que o actual alcalde da cidade, socialista por sinal, xa se lle adiantou, e el tamén reivindica o topónimo castellano. Mesmo ao secretario do PSdeG, home de mensaxes sólidas e coherentes, lle deu por apuntarse ao carro para recuar despois. Non, se por este camiño imos acabar naquilo de que "tanto me ten Xan coma Pericán".

Outra. Un edil olívico quere chimpar a ordenanza municipal de uso do galego inspirada noutra opresiva lei do mesmo Parlamento que precisamente se aprobou co voto da súa formación política. Pero aqueles eran os tempos do ultraesquerdoso e furibundo antiespañol Manolo Fraga, o mesmo que impulsou o funesto Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado tamén por unanimidade baixo a ditadura separatista do PP(G). Non hai que esquecer que daquela imperaba unha noxenta afección ao consenso para tratar asuntos fundamentais do país, na actualidade asisadamente desbotado. Así e todo, isto foi hai moitísimo tempo, alá por 2004, e desde aquela Galicia evolucionou que mete medo. Tamén é mala pata, home, que a vixencia do tal Plan Xeral fose ratificada polo propio Parlamento o sete de outubro de 2008, co voto de todos os grupos, PP incluído. Un mal paso dáo calquera...

Ah! Está tamén un director xeral da Xunta de Galicia (no seu momento alistado na Falange Española Independiente, digna continuadora da ilustre organización que nos saudosos tempos do franquismo promoveu con fervor o bilingüismo cordial, máis tarde vergoñentamente deturpado pola fedorenta partitocracia xudeu-masónico-separatista), un director xeral de Administración Local da Xunta, digo, que amoesta o Concello de Vigo porque este pretende nada menos que requirir o coñecemento do galego nas probas de acceso á función pública. Pero para que quererá saber o outro un funcionario municipal, se todo o mundo entende o castellano?

Como dixo Castelao, non vos riades que o conto é triste. O vindeiro 18 de outubro estamos convocados en Compostela os que queremos galego, máis galego, para proclamalo con respecto, diálogo e desexo de convivencia. Oxalá sexa unha grande festa civil, con moita e plural participación, unha declaración masiva de amor ao idioma, sen exclusivismos, afáns de monopolio nin molestas provocacións. Para que remate a deleiba, canto antes e para sempre.

 

Podes ler o artigo no xornal premendo en

 http://www.elpais.com/articulo/Galicia/acabe/deleiba/elpepuespgal/20091002elpgal_18/Tes

 

Darwinismo sociolingüístico

 

Darwinismo sociolingüístico

Farruco Graña

 

28/09/2009 VIEIROS

A comezos da primavera pasada puidemos asistir á difusión a través da rede dun informe nefando sobre a lingua galega cheo de paradoxos. Iso si: descarnado e nada apoucado. Presentábanos abertamente ao galego como unha lingua inferior, de aldeáns, e destinada a desaparecer. Probes de nós, ilusos románticos que aínda seguimos a falala e a escribila!

Hai uns días, outra representante de tan ousada filosofía, Gloria Lago, apertaba un pouco máis as caravillas e insistía na súa teima de relegar ao galego a un segundo plano. Gabándose dunha suposta débeda electoral do señor Feijóo cos electores/as que emitiron o seu voto en función da cuestión da lingua, Gloria Lago reclamáballe ao actual Presidente da Xunta que cumprira as súas promesas e ameazábao con serias consecuencias en caso de non o facer. Mesmo se permitía advertir con similar contundencia ao PSdeG (suponse que pensando en vindeiras consultas electorais, sobre todo nas grandes vilas e nas cidades). Dos nacionalistas (mesmo daqueles que segundo ela están no PP) xa se sabe, ao mellor igual andan por aí a queimar os montes.

As palabras da señora Lago zumegan un claro darwinismo lingüístico (e tamén social). Iso de aprender varias linguas só é para os preparados, que non todo o mundo ten a mesma capacidade. Por iso, segundo ela, é mellor dar prioridade total ao castelán no ensino para as cousas verdadeiramente importantes. Han quedar ben contentos os profesores/as de Educación Física, ou os de Plástica ou Música ou..., que disque esas materias si se poderían dar sen problemas en galego, porque tampouco teñen máis aquel; pero as matemáticas, o coñecemento do medio... Á vella usanza e sen complexo ningún. Ademais, segundo a señora Lago, os nosos nenos non son tan esponxas como din por aí algúns listiños comenenciudos interesados en manipulalo todo ao seu antollo. Con aprender ben o castelán para as cousas serias, e despois usar algo o galego, sempre libremente, claro está, pois vai todo ben. Que pensará Gloria Lago do Bacharelato Bilingüe?

Chama a atención como forzou un toque de rebeldía anticonstitucional (quérese dicir, contra a Constitución do 78). Fronte á lóxica reivindicación da equiparación xurídica entre dúas linguas que se falan nun territorio, a súa reacción é clara e contundente: non debería ser obrigatorio coñecer ningunha lingua. Incluído o inglés? E isto aplicarémolo tamén ao artigo 3 da Constitución española de 1978? Porque se así é, tarde piou, señora! Trinta e un aniños!

Séntense pletóricos. Mentres na era Fraga se facía gala dun galeguismo light (que ben clariño o deixou Gloria Lago, era de salón, pois segundo ela todo o mundo sabía o que acontecía nos Institutos coa LNL e co PNL da etapa de Fraga), agora cómpre quitarse a carauta. Galicia Bilingüe non avoga polo bilingüismo. Chámase así como se podería chamar Galicia de los Verdes Prados (tendo en conta que ter vacas sería un acto voluntario). O que queren é poder elixir entre ser bilingüe (galego e castelán) e monolingüe (alguén pode imaxinar que a señora Lago está a reivindicar o dereito a ser monolingüe en galego?; das súas palabras non se segue iso nin moito menos, senón todo o contrario: monolingüe en castelán). Por suposto, xa a selección natural e social fará o seu cometido.

Fronte a este darwinismo socio-lingüístico non cabe outra reacción que a unión. Cómpre intelixencia, mente aberta, amplitude de miras, vontade de integración. Non caben actitudes patrimonialistas. Ante ataques coma estes contra a nosa lingua temos que traballar desde a diversidade a prol do obxectivo común: o galego e a súa equiparación xurídica co castelán. E neste movemento caben todos aqueles e aquelas que consideren vital a dignificación e desenvolvemento do galego e do seu uso en todos os ámbitos da vida, independentemente de que sexan galego falantes ou non. Négome a crer que castelán falante signifique necesariamente antigalego e apoio a estes grupos con resaibo predemocrático. Todos e todas en Compostela o 18 de outubro a defender a nosa lingua.

Para ler o artigo no xornal preme http://www.vieiros.com/columnas/opinion/981/darwinismo-sociolinguistico

 

O ALCALDE DE LUGO DEFENDE A PROMOCIÓN, FORTALECEMENTO E RECUPERACIÓN DA LINGUA GALEGA

López Orozco presidiu os actos de conmemoración do Día Europeo das Linguas que o Concello de Lugo celebra por vez primeira na Casa das Linguas.

 Concello de Lugo 25/09/2009

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, expuxo esta mañá que o Concello “sempre defenderá a promoción, fortalecemento e recuperación da lingua galega”. Unha tarefa para a cal, destacou, “necesitaremos dunha maior complicidade da sociedade galega, das súas institucións, dos medios de comunicación, dos axentes culturais, da universidade, da mocidade, do mundo da empresa e do traballo”.

O Alcalde de Lugo presidiu hoxe a celebración, por vez primeira na cidade do Día Europeo das Linguas, unha xornada que transcorre na Casa das Linguas de Estrada da Granxa e na que participaron, entre outros, o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, o representante da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos e o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, entre outros.

O Alcalde de Lugo comezou a súa intervención coa lectura en grego dun texto de Anaximandro. A continuación referiuse a Ramón Piñeiro ao que parafraseo dicindo que “un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia”.

López Orozco remarcou que se quixo converter a Casa das Linguas na testemuña “desta celebración, desta exaltación de Europa e das súas linguas, como un dos símbolos máis poderosos da unión, do progreso e da integración entre os diferentes pobos da UE”.

“Lugo aposta polo futuro, pola integración, polo intercambio, pola formación, pola competitividade, que só chegará a través da defensa e a aprendizaxe das linguas, partindo da base, como non, da defensa do noso propio idioma, o galego”, salientou.

Neste sentido, López Orozco referiuse aos problemas que atravesa o proceso normalizador do galego, se ben, explicou, “son dificultades concretas que debemos recoñecer e avaliar, pero non para botarlle a culpa a ninguén, senón para traballar para corrixilas”.

O xefe do Executivo Local salientou que a política lingüística en Galicia, independentemente do Goberno que a faga, “non debe ser obxecto de confrontación partidaria, máis alá das lóxicas discrepancias e dos matices que pode haber sobre os ritmos e prioridades na aplicación desa política”.

Impulso ao galego desde a administración local
Así mesmo, manifestou a súa confianza no futuro do galego e no compromiso co seu impulso desde a administración local. “Tamén confío no seu presente porque é un idioma vivo, operativo, valioso, eficaz como arma de comunicación, non só entre nós senón tamén con moitos pobos de Europa e do mundo”.

López Orozco referiuse á fractura que se está a producir na transmisión familiar como un dos problemas máis acuciantes que hoxe enfronta o galego. Neste sentido, explicou que “habería que intervir nese ámbito, así como no campo da administración pública, no ensino, na empresa privada, na xustiza ou nas forzas e corpos de seguridade”.

A política lingüística debe contar coa presenza que se merece nas aulas pero non pode unicamente quedar reducida ao espazo do ensino”, subliñou.

Só desde o respeto, a defensa e o valor que lle debemos outorgar á nosa lingua poderemos competir e intercambiar en igualdade de condicións capacidades, formación e coñecemento coas demais linguas coas que hoxe compartimos este día, o día de Europa a través do idioma”, concluíu.

Pola súa banda, o presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, destacou que esta xornada “permite achegarnos a Europa, onde existen 23 linguas oficiais”. “Todos os idiomas son importantes e serven para comunicarnos. De feito, para os cidadáns a lingua propia é a que pode cumprir mellor esta función. É importante que traballemos para que se recoñeza o valor de cada lingua e para facilitar a convivencia ente os distintos idiomas que poden existir nun mesmo país. Todas as linguas poden estar presentes na sociedade da información ou nas novas tecnoloxías. Son un vehículo de comunicación e unha fonte de desenvolvemento persoal e patrimonio da humanidade”, expuxo.

Así, destacou que o galego “é a nosa columna vertebral, o idioma que nos une e tamén é unha oportunidade económica. O Xacobeo está á volta da esquina. Nun momento de crise económica como o actual, donde todo se mira con lupa e donde nos xogamos moito na defensa de servizos públicos básicos non podemos dar volta atrás, nin sequera en cuestións idiomáticas. Nun día como o de hoxe debemos reivindicar que co galego non se xoga. Somos un país con dous idiomas oficiais, que respecta a todos aqueles que falen en castelán ou en galego”.

Así mesmo, subliñou que se dicir que a Casa das Linguas, impulsada polo Concello de Lugo, “é o símbolo da integración de todos os pobos da Unión Europea”.

 

Para ler maís preme  http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel3&cid=1227464868765&color=Rojo&idContenido=1227486140606&idioma=gl&pagename=Spark%2FSpark_SecNivel3%2FCLPlantSecNivel3Detalle&tipoContenido=Spark_Novas&tipoLetra=Texto1

EMILIO CAO & UXÍO NOVONEYRA

UXÍO NOVONEYRA: PORTA XORDA

UXÍO NOVONEYRA: LETANÍA DE GALICA

UXÍO NOVONEYRA: VIETNAM CANTO

Entrevista a Anxo lorenzo secretario xeral de política lingüística. Artigo publicado na Voz de Galicia.

Entrevista

Anxo lorenzo secretario xeral de política lingüística

«En setembro ten que haber un borrador do novo decreto»

02/08/2009 VOZ DE GALICIA 

Malia que aínda estanse barallando todas as opcións «coherentes», ou novo marco legal do galego non ensino deixará de lado un modelo de segregación como ou vasco.

Participou na redacción do Plan Xeral de Normalización Lingüística que promoveu ou Goberno de Fraga e que ou Parlamento aprobou por unanimidade. Colaborou co departamento que ate ou ano pasado dirixiu Marisol López. E agora é acusado tanto de nacionalista perigoso como de asasino do galego. Anxo Lorenzo, porén, gaba ou seu traballo á fronte dá Secretaría Xeral de Política Lingüística nun momento non que a confrontación entre galego e castelán semella ser máxima.

-Agora que vos pais falaron, ¿vai haber algún cambio non vindeiro curso?

-Ou decreto está en vigor con todas as súas consecuencias, polo que nin é admisible nin é permisible que a Consellería de Educación vaia en contra dá legalidade vixente. Tamén apelamos ao sentido común e á responsabilidade dous axentes sociais e políticos para que non fagan chamamentos á desobediencia ou á insubmisión.

-Hai quen afirma que hai centros nos que as materias só danse en galego.

-Tanto desa afirmación como outra na dirección contraria temos

coñecemento a través dalgunha denuncia ou dalgunha observación en forma de correo electrónico. Non temos constancia de que ningún dous casos estea expandido e constitúa un problema que teñamos que solucionar dende aquí.

-Tamén deixou moi claro que a consulta non é vinculante.

-Si. Non é vinculante non sentido de que non podemos ofrecer unha educación á carta. Non temos

capacidade e tampouco cremos que sexa interesante para a sociedade galega establecer unha educación onde cada familia escolla ou seu itinerario.

-¿Que pasa co modelo educativo como ou do País Vasco?

-Ou modelo vasco é un modelo de segregación non que vos pais escollen ou perfil lingüístico do centro. Iso ten moita razón de ser non caso desa comunidade, onde hai un alto nivel de segregación política, social e tamén lingüística, porque son dúas linguas moi separadas. Dende un punto de vista lingüístico é moi pouco interesante aplicalo aquí, onde as linguas son moi próximas e se reforzan. Tampouco creo que ou noso contexto político sexa ou mellor para implantar un modelo segregacionista.

-Logo, ou novo decreto non contempla esta posibilidade.

-Un modelo de segregación puro non.

-¿E mixto?

-Existen modelos mixtos, determinadas estratexias de aprendizaxe nas que ou alumnado estea separado por linguas. Estanse barallando todas as opcións posibles que sexan coherentes dende un punto de vista pedagóxico e tamén dende ou punto de vista dá nosa situación social, política e sociolingüística, e tamén dende ou punto de vista de que temos

dúas linguas oficiais, románicas e intercomprensibles.

-Visto ou panorama, ¿chegarase a un consenso ou haberá que rematar aprobando ou decreto polas bravas?

-Vaise negociar. Ou decreto váiselles ofrecer ás forzas parlamentarias para que ou apoien. Non se vai impoñer un modelo de decreto, senón que se vai presentar un borrador para negocialo coas forzas políticas e tamén coas forzas sociais e coa comunidade educativa. Nós queremos que sexa ou decreto de todos, un decreto plural, que recolla esa enorme diversidade que temos. Esa disparidade de puntos de vista ás veces converxe en puntos nos que estamos de acordo. Ofrecemos ou decreto á sociedade galega para que entre todos solucionemos dunha vez ou debate sobre a lingua galega.

-¿Cando comezará esa negociación?

-Ou presidente e ou conselleiro de Educación anunciaron que ou proceso debera estar rematado antes de final de ano. Canto antes comecemos despois de agosto antes remataremos para ter listo ese documento e pechar ou proceso. En setembro. En setembro ten que estar listo ou borrador para negociar.

 

Preme no enlace para ver a nova no xornal  http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/08/02/0003_7883473.htm?idioma=galego

Rumbo: pluralismo e tolerancia, artigo publicado na Voz de Galicia por Carlos Caneiro

Rumbo: pluralismo e tolerancia

 Xosé Carlos Caneiro

01 /08/2009 VOZ DE GALICIA

En tempos dolorosos, 1937, Rafael Dieste publicou en Barcelona uns aforismos que titulou Para axudar a renacenza de Galiza. Ou título, en se mesmo, resulta revelador e pertinente: enquisa e novo decreto deben «renacernos». Vaia por diante unha apreciación previa: considero que a Lei de Normalización Lingüística resulta óptima. Obvio sinalar que foi aprobada por consenso de todos vos grupos políticos con representación parlamentaria.

Sobre a enquisa que nos ocupa, resístome a comentar a evidencia de que ou inglés debe ocupar de modo relevante un espazo amplo na educación dúas discentes galegos. Pero este non é problema obtuso. A cuestión primordial é a interpretación adecuada que debemos facer dous resultados desta consulta que naceu polémica, pervive na polémica, e con polémica pechará ou seu curso cando as autoridades presenten neodecreto. Entrar polo miúdo nos datos non nos levará a conclusións diferentes.

Céntrome, pois, non groso dás respostas que nos conduce a un punto de concreción: a maioría dous cidadáns, bilingües, desexan unha educación que estime de igual modo ou galego e ou castelán. Conclúo, tamén, que vos pais vinculan idioma e utilidade; non idioma e identidade. Llas autoridades colixisen outra lectura, sempre posible, caerían nun erro non disimulable. Vos pais galegos, que falan maioritariamente castelán cos seus fillos (59,3%) optan polo pluralismo e a tolerancia porque recoñecendo que existe unha lingua en esplendor (castelán), non deixan de amar con vehemencia ou galego, desafortunadamente en retroceso. Optan vos pais pola non imposición, de calquera signo. Porque acostumamos falar dá imposición do galego e obviar a imposición do castelán: tan ingrata unha como a outra a xulgar polos resultados (a bota que nos pisa é sempre unha bota, dicía Brecht).

A enquisa, non vinculante, debe resultar ilustrativa para referendar a posición dúas nosos administradores políticos. Escoitamos ao presidente dá Xunta afirmar que vai protexer ou galego, defendelo, promovelo e prestixialo. Confío na súa boa vontade e, polo tanto, espero que ou decreto acumule as inclinacións dá enquisa. Lla maioría desexa que vos seus fillos aprendan a ler en galego e castelán, que vos libros estean en galego e castelán, que ambos convivan pacificamente... non sería aceptable unha decisión opcional que laminase unha lingua ou a outra.

Por moito que empuxen as circunstancias (un idioma en esplendor e outro en retroceso) négome a crer que ou monolingüismo educativo conveña a este país que unha e outra vez, ao longo dá historia, pelexou contra se mesmo. Somos ricos e civilizados, entre outras moitas razóns, porque 

un idioma para dicir bolboreta e lúa e freixo. Ese idioma fainos diferentes. Protexer, defender, promover e prestixiar son vos verbos. Vos substantivos: pluralismo e tolerancia. Vos proxenitores manifestan que queren na escola ou galego e ou castelán. Sen problemas, sen estridencias. Aproveitar ou vento... e non esquecer ou rumbo, escribiu Dieste.

 

Podes ler o artigo no xornal premendo http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/08/01/00031249077610965261438.htm?idioma=galego

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer