Novas
II Premios á Calidade Lingüística do Proxectos de FP
Enviado por Maridailla o Sáb, 14/11/2020 - 18:58O mércores, 11 de novembro, entregáronse os II Premios a Calidade Lingüística dos Proxectos de FP á 9 alumnas, todas elas mulleres, de varios dos ciclos impartidos no noso centro: Angela Abelenda, Lidia Calo, Sandra Brenlla, Antia Villamediana, Nerea Sánchez, Aroa Sánchez, Laura González, Uxía León e Sandra Viadel.
Ademais do premio en metálico (100 € para cada proxecto ganador) e do diploma acreditativo, recibiron un libro, cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Se todas as premiadas eran mulleres, tamén as encargadas da entrega do premio o eran: María Dolores Picón, directora do instituto, Pura Galán, coordinadora dos equipos de Dinamización Lingüística da provincia da Coruña e Isabel Senra, inspectora do instituto .
O equipo de Dinamización da lingua galega do instituto destacou as escollas léxicas, a escrupulosa selección de contidos e, en xeral, a calidade de todos os proxectos presentados.
O acto tamén serviu para presentar a III convocatoria dos Premios á Calidade Lingüística do curso 2020/21 que se resolverán no outono do 2021 e que previsiblemente sexan xa a nivel autonómico, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística tanto na organización como na dotación económica.
Memorando
Enviado por Maridailla o Ven, 23/10/2020 - 19:17Estrea de Memorando
Enviado por Maridailla o Sáb, 17/10/2020 - 12:31


Proximamente subiremos a curtametraxe.
Visita de Carmen Pomar (Conselleira de Educación)
Enviado por admin o Mér, 09/10/2019 - 20:29Carmen Pomar, Conselleira de Educación da Xunta de Galicia, estivo visitando este 9 de outubro as instalacións do IES Lamas de Abade, tomando contacto coas nosas necesidades e conversando coa dirección, profesorado e alumnado de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Quede aquí constancia gráfica da visita e tamén o link coa nova publicada na web da Xunta con varias fotos da xornada!!
HORARIOS MÓDULOS CICLOS MEDIOS EMERXENCIAS SANITARIAS E COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA ADULTOS CURSO 2019-2020
Enviado por admin o Mér, 17/07/2019 - 09:33Outra xeración sae do Lamas (Graduación 2019 do 2º de Bacharelato)
Enviado por admin o Ven, 24/05/2019 - 10:35Onte 23 de maio pola tarde tivo lugar no Salón de Actos a celebración da Graduación do alumnado da Promoción 2018-2019 do IES Lamas de Abade no 2º de Bacharelato. Inmensidade de emocións, anécdotas, sorrisos e algunha bágoa perdida vendo como un marabilloso grupo humano encamiña unha nova etapa da súa vida académica lonxe do recinto do noso benquerido Instituto. Compartimos os desexos de boa sorte no futuro e, por suposto, o desexo moi aplaudido de que sexan, sobre todo, boas persoas tal e como teñen amosado durante todos estes anos no Lamas.
Estamos agardando que cheguen algunhas das fotos de boa calidade feitas por algúns familiares do alumnado. De momento, dada a inmensidade de solicitudes nestas horas, compartimos link e álbum das que temos xa a disposición do Centro.
Novas imaxes da inauguración da Biblioteca
Enviado por admin o Lun, 29/04/2019 - 20:43O profesorado de Lingua Galega e Lengua Castellana veñen de compartir novas imaxes da fermosa inauguración da Biblioteca do Lamas de Abade o pasado día 23.
Algunhas delas están publicadas no Instagram "adeGalego". Animádevos a pulsar en "seguir" e poderedes acceder sen problema a ver as fotografías pulsando nas iconas de Instagram da liña inferior:
Lectura continuada 1
Lectura Continuada 2
A outra posibilidade é a de voltar a consultar o noso álbum de google photos.
Non digades que non se vos ofrecen posibilidades :)
Semana Cultural IES Lamas de Abade
Enviado por admin o Mar, 23/04/2019 - 23:27
Para rematar o día de hoxe con ese grupo de apuntamentos culturais que anunciamos nas novas anteriores, comunicarvos que do 23 ao 26 de abril celebraremos a Semana Cultural do Lamas de Abade co título "InmigrACCIÓN: aproximación á crise dos refuxiados".
Podedes ver o programa completo da actividade pulsando neste link ou na imaxe que acompaña esta nova.