Actividades Extraescolares
II Concurso de Booktrailers
Enviado por admin o Xov, 25/06/2020 - 20:16
Malias ás circunstancias tan adversas, preséntaronse case unha vintena de booktrailers aínda que moitos se elaboraron en plena corentena. Nesta ocasión, o xurado estivo composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do propio instituto e escolleu os ganadores despois de intensas deliberacións.
Recollida de Premio Cinema e Literatura Galega
Enviado por admin o Xov, 25/06/2020 - 19:16As tres alumnas de Cinema e literatura galega acaban de recoller unha tarxeta do Corte Inglés como parte do premio da Deputacion da Coruña que o instituto quixo compartir con elas. Xa sabedes: o importante é participar porque... ás veces gánase.
Tamén podes ver esta información no adegalego
Letras Galegas 2020: Carvalho Calero, construtor do Galego
Enviado por admin o Ven, 15/05/2020 - 12:21- Pulsa nesta ligazón para coñeceres mellor a Vida e obra de Ricardo Carvalho Calero - 5º Colexio San Pío X (Ourense)
- E nesta outra para consultares o Documentário sobre RICARDO CARVALHO CALERO tirado da páxina PGL.gal
Ou accede xa directamente:
Reflexións do alumnado sobre a visita de Luz Fandiño
Enviado por admin o Xov, 12/03/2020 - 08:39O pasado venres Luz Fandiño estivo no Lamas de Abade compartindo co alumnado e profesorado os seus poemas e as súas experiencias vitais. Desa actividade teñen xurdido múltiples actividades das que o Departamento de Galego quere compartir, entre outras moitas e a modo de exemplo pola súa calidade, a desenvolvida por Elisa Nieves. Pulsa na imaxe ou neste vínculo para acceder ao PDF.
Premios do Certame de Debuxo do "Espazo Carmen Laforet"
Enviado por admin o Sáb, 07/03/2020 - 12:54
Como celebración do "Día Internacional da Muller" pode ser unha boa idea compartir o álbum de fotografías das obras gañadoras do Certame de Debuxo organizado polo «Espazo Carmen Laforet».
A obra seleccionada para o Primeiro Premio foi a desenvolvida por Elisa Nieves co título "Resistencia".
Co Segundo Premio foi galardoada a obra "O Silencio" de Iria Estévez.
Non obstante, de seguro que vos apetece ver todas as obras presentadas neste álbum que compartimos con enorme orgullo
Conferencia: "A ponte entre a U.S.C. e o Ensino Secundario"
Enviado por admin o Xov, 05/03/2020 - 10:49O alumnado de 4º da ESO de Xeoloxía Ambiental e de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía gozarán este xoves a partir das 10:35 da conferencia titulada: "A Ponte entre a USC e o o Ensino Secundario"
Pásate polo Obradoiro de Peiteado "Hasta el Moño"
Enviado por admin o Lun, 02/03/2020 - 00:43O alumnado do CM de Peiteado e Cosmética Capilar convida a toda a comunidade educativa a pasar polo seu taller de peiteado "Hasta el Moño", situado no IES, e así poder mostrarvos todo o que foron quen de aprender no seu paso polo centro.
E para facilitarvos a visita dende aquí podedes acceder e consultar os folletos e carteis informativos que elaboraron no módulo de Marketing. Para ver os carteis con máis calidade pulsade en cada miniatura
Se ainda queredes máis, tamén podedes entrar nas páxinas webs que desenvolveron para facilitarvos as citas e mostrar algúns dos seus traballos:
https://hastaelmonho.wixsite.com/website (Ainara, Anxo, Nerea)
http://hastaelmonho6.wixsite.com/website (Aldara, Cristina, Laura P.)
https://hastaelmonho5.wixsite.com/website (Iria, Laura P., Tamara)
https://hastaelmonho4.wixsite.com/misitio (Bea, Heyner, Laura B.)
http://hasta-el-mono5.webnode.es/ (Juan, Sara, Sandra)
https://hastaelmonho3.wixsite.com/website (Alfonso,Jennifer, María B.)
E por último, pulsando nos arquivos PDF, na parte inferior da nova, podedes ver os seus dípticos e trípticos promocionais.
Parabéns por toda a profesionalidade amosada na promoción do Obradoiro!!!
Viaxe a Roma do alumnado de Relixión
Enviado por admin o Dom, 01/03/2020 - 18:48A pesar dos temores e inquedanzas, polo que implica unha viaxe a Italia neste intre, confírmase a realización da excursión a Roma do alumnado da materia de Relixión Católica do IES Lamas de Abade. Estarán toda a semana en Roma cunha intensa programación de visitas e actividades. A gozar desta marabillosa oportunidade.
"Pandemias no século XXI" conferencia a cargo de Cristina Cabaleiro (USC)
Enviado por admin o Dom, 01/03/2020 - 18:13Cristina Cabaleiro Sobrino, profesora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, impartirá este luns día 2 de marzo unha conferencia pensada para o alumnado do 1º e 2º Ciclo Superior de Saúde Ambiental.
A conferencia, titulada "Pandemias do século XXI", terá lugar no Salón de Actos do IES sobre as 10:35 horas da mañá estimándose unha duración aproximada de 65 minutos