Matemáticas
Actividades de Matemáticas na Aula Virtual
Enviado por admin o Dom, 22/03/2020 - 19:39O Departamento de Matemáticas subirá á Aula Virtual todo o traballo para facer durante o período de suspensión de clases: teoría, boletíns de exercicios e un foro para resolver dúbidas. Seguide as normas para entrar na Aula Virtual. Todo o mundo está identificado e existe unha clave de entrada. De non ter acceso poñerse en contacto co profesorado da materia nos correos electrónicos habituais
Gañamos o concurso "Explícoche Matemáticas 2.0 2018"
Enviado por Juanjo Chouza o Sáb, 27/10/2018 - 16:38O alumno Aarón Vilariño Figueiras, do IES Lamas de Abade, foi o gañador do concurso "Explícoche Matemáticas 2.0" na súa sétima edición (ano 2018) da categoría da ESO, Bacharelato e FP.
O vídeo gañador "Como calcular o diámetro da terra" pódelo ver premendo no seguinte enlace:
Podes atopar máis información da noticia nos seguintes enlaces:
PROXECTO DIDÁCTICO DE MATEMÁTICAS 2018-19
Enviado por Juanjo Chouza o Sáb, 27/10/2018 - 16:24O Proxecto Didáctico do departamento de Matemáticas pódese consultar no seguinte enlace, nos ordenadores da biblioteca do centro e tamén no ordenador que hai ao lado de conserxaría.
.
Repaso-preparación da ABAU (Selectividade) Matemáticas II
Enviado por admin o Mér, 26/04/2017 - 10:14Uns bos links para repaso-preparación da selectividade en Matemáticas II:
· Temas de álxebra, xeometría e análise:
http://e-ducativa.catedu.es/unidadesdidacticas/index.cgi@wid_item=124&wid_seccion=18.html
Entra en cada tema e observa o último punto titulado “Especial selectividad”
· Probabilidade:
http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//2000/2008/html/index.html
· A distribución binomial:
· A distribución normal:
.
MANEXO DE FICHEIROS PDF
Enviado por Anónimo o Ven, 27/03/2015 - 12:12Quen non tivo algunha vez algún pdf de 200 páxinas das que só lle interesan unhas poucas?
Sería ideal te-lo pdf coas páxinas que nos interesen. Ou unirlle unha portada feita por nós.
Hai unhas utilidades on line que permiten, dunha maneira moi sinxela, Comprimir, Unir, Dividir, Desbloquear ficheiros PDF:
http://smallpdf.com/es/dividir-pdf
Permite, ademais, pasar de JPG a PDF, PDF a JPG, PDF a Office, Office a PDF
Esperando que sexa de tanta utilidade como me está sendo a min.
Interesante tamén e sobre o mesmo tema é a seguinte páxina:
http://www.emezeta.com/articulos/10-operaciones-utiles-con-archivos-pdf
Teorema de Bayes
Enviado por Anónimo o Mér, 05/06/2013 - 00:40
Podedes ver algúns exercicios resoltos sobre probabilidade total e teorema de Bayes no seguiente link.
Enlaces interesantes para Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais
Enviado por Boado o Xov, 07/05/2009 - 00:38Un enlace MOI INTERESANTE: http://personales.unican.es/gonzaleof/
Contén excelentes libros de Matemáticas de Bacharelato, con explicacións ben estruturadas, exercicios resoltos e propostos, tests, .... Moi aconsellable
Non deixes de visitala.
Curso de INFERENCIA ESTATÍSTICA para 2º Bacharelato de Ciencias Sociais: inclúe actividades, follas de cálculo, etc. Cualificación da páxina: excelente. Entra e verás...
Solucionario dos libros de ANAYA:
http://iesboliches.org/matematicas/index.php?option=com_content&view=art...
Para aquel alumnado de 2º de Bacharelato que pense presentarse ás probas de ABAU é de obrigado cumprimento visitar a páxina da CIUGA, con histórico de exames e a súa resolución: