Educación física
FELIZ ANO 2021
Enviado por admin o Mér, 06/01/2021 - 18:56FELICES FESTAS
Enviado por admin o Lun, 21/12/2020 - 13:26Eu quedo na casa!!! Fai exercicio, móvete!!!... e vémonos pronto!
Enviado por admin o Xov, 30/04/2020 - 22:07Xornadas de Rugby con Elsa Porto e a Asociación Valentes
Enviado por admin o Xov, 30/01/2020 - 10:27A semana pasada o alumnado do Lamas tivo a oportunidade de gozar no Polideportivo das "II Xornadas de Rugby" que nesta ocasión contaron coa presenza da xogadora da Selección Galega e Española Elsa Porto. Foi unha interesantísima experiencia que, xunto coa profesora de Educación Física, contou para a organización coa colaboración do da Asociación Valentes - Club Deportivo Lobos".
Por descontado, os nosos parabéns e o desexo de que pronto chegue a seguinte convocatoria
Compartimos o link do álbum de fotos da actividade
Fotos da actividade na "Pista de Xeo"
Enviado por admin o Mar, 24/12/2019 - 09:24Xa están aquí as fotos e vídeos da actividade lúdica que o mércores pasado desenvolveron varios grupos na "Pista de Xeo" que este ano está instalada en Area Central. Gozade das imaxes pulsando neste vínculo.
Excursión Aquapark Cerceda
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2019 - 10:26O mércores 19 o Departamento de Educación Fïsica organiza unha lúdica e relaxante excursión para o alumnado de 3º e 4º da ESO e para os de 1º de Bacharelato no Aquapark de Cerceda co obxectivo de inaugurar o verán da mellor maneira posible.
Excursión Cabeza de Manzaneda
Enviado por admin o Mér, 08/05/2019 - 12:33Poucos días despois do seu percorrido por Lugo os agrupamentos de 1º da ESO gozaron estes días (tal e como deixamos aviso no calendario de eventos) dunha nova saída. Nesta ocasión desenvolveron unha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) organizada polo Departamento de Educación Física. Tal e como ven sendo costume, compartimos dende o Instituto o álbum coas fotografías das diferentes actividades