INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

       
PROBAS LIBRES 2022-2023

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2023-2024

 

Sanidade

Emerxencias e CAE visitan a sede de Gardacostas de Galicia

O alumnado de Emerxencias Sanitarias e Coidados auxiliares de enfermería visita a base do Pesca 1 en Vigo para coñecer un pouco mais o desempeño profesional do equipo de Gardacostas de Galicia no referente ao salvamento e rescate marítimo. Agradecer a estes marabillosos profesionais a súa calurosa acollida e a gran implicaciòn co noso alumnado.

Formación AVINENT do alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Próteses dentais

Os días 19 e 26 de xaneiro recibimos no laboratorio de Próteses dentais do instituto a visita de Joan, Claudia e Miguel, axentes comerciais e especialistas de produto de AVINENT, grupo empresarial especialista do sector dental.

Durante a primeira xornada, amosáronos una mostra dos produtos que se elaboran no seu centro de fresado en Manresa e ademais fixeron unha demostración do manexo de escáner intraoral para obter una imaxe tridimensional sobre a que realizar o deseño das próteses. 

Na segunda xornada o alumnado recibiu una masterclass de deseño de próteses dentais con Exocad.

Visita Unidade Cinolóxica ao IES Lamas de Abade

No pasado mes de decembro fixérase unha actividade co alumnado de emerxencias sanitarias e aínda non tiñamos compartido as fotos desa actividade. A charla foi impartida pola Unidade Cinolóxica da Garda Civil, onde explicou ao noso alumnado o seu papel na fase de rescate de víctimas, búsqueda e localización, coa axuda de cans adestrados para grandes áreas. Precisamente grazas a esta actividade o alumnado entrou en contacto con esa etapa previa a que os Técnicos en Emerxencias fagan a atención sanitaria e traslado de ditas víctimas. 

Deixamos enlace a algunhas fotos

  https://photos.app.goo.gl/gs7JugQs87BnE7319

Xornadas de "Galicia cardioprotexida" para o alumnado de Emerxencias

O alumnado do ciclo formativo de Emerxencias Sanitarias participa nunha actividade organizada polo Colexio de Médicos de A Coruña para conmemorar o dia Europeo de Concienciaciòn ante  o Paro Cardíaco. A actividade levouse a cabo na Praza do Obradoiro e o noso alumnado colaborou na formaciòn de mais de 400 alumnos de diversos centros de Santiago poñendo en práctica con eles técnicas de RCP básica e Desfibrilaciòn Semiautomática.

Deixamos un enlace a algunhas fotografías da actividade.

https://photos.app.goo.gl/qKLcQFuMHDaMiu6B7

"Pandemias no século XXI" conferencia a cargo de Cristina Cabaleiro (USC)

Cristina Cabaleiro Sobrino, profesora do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, impartirá este luns día 2 de marzo unha conferencia pensada para o alumnado do 1º e 2º Ciclo Superior de Saúde Ambiental.

A conferencia, titulada "Pandemias do século XXI", terá lugar no Salón de Actos do IES sobre as 10:35 horas da mañá estimándose unha duración aproximada de 65 minutos

Fotos da Visita á Base Medicalizada do 061

Os días 5 e 10 de febreiro o Ciclo de Emerxencias Sanitarias desenvolveu varias visitas nas que o alumnado puido entrar en contacto coa realidade da Base Medicalizada que o 061 ten en Compostela. Teñen compartido coa redacción da web numerosas fotos da actividade que facilitamos mediante o álbum de costume en google photos e coa máxima calidade.

Visita Base Medicalizada de Santiago (Ciclo de Emerxencias)

O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela hoxe 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)

Visita aos "Laboratorios Elidente" para coñecer a tecnoloxía CAD/CAM

 O venres 7 de febreiro o 2º curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais visitará os Laboratorios Elidente no Polígono do Tambre en horario de 9:30 a 11:30 para coñecer de primeira man unha empresa do sector que inviste gran parte dos seus ingresos en tecnoloxía, investigación e formación. Por este motivo preséntanse coma un dos laboratorios con maior infraestrutura CAD/CAM a nivel nacional, aspecto este último de especial interese para o noso alumnado e motivo principal para a realización da visita.

Visita Base Medicalizada de Santiago (Ciclo de Emerxencias)

O Ciclo Medio de Emerxencias visitará a Base Medicalizada de Santiago de Compostela os días 5 e 10 de febreiro en horario de tarde (entre as 16:00 e as 19:00 horas)

Visita Museo Historia Natural da USC

O alumnado do 1º Curso de Próteses Dentais visitará este mércores 5 de febreiro o "Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela" en horario de tarde (16:00 a 18:30) 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer