Durante as últimas xornadas o persoal de garda no Ies Lamas de Abade ten compilado e inventariado múltiples caixas de material sanitario, do empregado para a docencia, por distintas dependencias e Departamentos dos Ciclos de Sanidade. Ao longo do día de hoxe persoal do Sergas ten pasado a recoller esa importante cantidade de material (mascaras, gorros, batas e algún equipo de quirófano) para axudar a facer fronte á situación que estamos a vivir. A voz xa ten publicado a nova esta mesma tarde e deixamos o vínculo para que a poidades ler. Parabéns pola iniciativa
O guión desenvolvido por Xiana Villaverde, Ainoha Caamaño e Elisa Nieves no corto "Memorandum", baixo a dirección de Maricarme García Ares, ten sido elixido como gañador do "Concurso de guións contra a Violencia de Xénero da Deputación da Coruña".
Compartimos link da gran nova que quedou recollida na prensa de hoxe (preme na imaxe):
E pulsando neste vínculo podedes volver a gozar desta excepcional obra:
O alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Estética (Departamento de Imaxe Persoal) comparte con todo o público da web a nova do xornal "El Correo Gallego" na que queda constancia da súa visita didáctica nas Termas de Cuntis. Deixamos link co artigo:
O curso pasado foi un pracer compartir docencia coa profesora de Lengua Castellana Alicia Romero López. En varias ocasións fixemos mención na web do Lamas de varias das innovadoras actividades desenvolvidas na súa tarefa docente co noso alumnado. Agora todo ese traballo está a ser valorado na "III Edición dos Premios Educa Abanca".
En outubro coñecemos a súa nominación e agora podemos confirmar que forma parte do profesorado escollido para a final. Por suposto, dende o IES de Lamas desexámoslle o mellor resultado posible conforme aos seus enormes merecementos.
Deixamos vínculos con varias novas e coa web dos Premios por se queredes ampliar información.
Hoxe, na prensa escrita e dixital, nova relacionada co Obradoiro de Reflexoloxía Podal desenvolvido no Centro. Deixamos constancia do texto da nova e da fotografía editadas no xornal "El Correo Gallego" e o correpondente vínculo á nova en prensa dixital:
Nos últimos días veñen aparecendo en prensa múltiples artigos nos que o Lamas de Abade ten motivos para ter unha boa opinión de si mesmo. Compartimos varios Links nos que podedes comprobar a importancia dos resultados acadados polo noso alumnado nas probas de ABAU deste mes de xuño que teñen disposto ao Lamas no 9º posto da clasificación de centros de Galicia e no 2º posto entre os de Santiago
A nosa alumna Nerea Mera Castro, de 1º curso da ESO, vén de recibir o 2º premio do XVI Concurso Escolar organizado polo programa Prensa - Escola do Xornal La Voz de Galicia nesta edición do 2019.
Nerea ten participado cunha entrevista na que deixa constancia do gravísimo problema da perda de poboación e abandono do rural galego.
Compartimos artigo da entrega de premios
e tamén deixamos o oportuno LINK para que accedades á entrevista galardoada
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer