Xefatura de estudos
Horarios de grupos
Enviado por vmartinez o Mér, 23/09/2020 - 10:24Información exames de setembro
Enviado por vmartinez o Mér, 29/07/2020 - 10:36Agradecemento da "Axencia de Doazóns" ao IES de Lamas
Enviado por admin o Mér, 06/05/2020 - 11:33No día de onte, 5 de maio de 2020, a "Axencia de Doazón de Órganos e Sangue" ten remitido un "Comunicado de Agradecemento" polas doazóns realizadas no IES Lamas de Abade que teñen axudado na realización de 20 intervencións cirúrxicas ou na acumulación de plaquetas suficientes para axudar a 5 doentes na súa loita contra cancro ou leucemia. Dende a dirección queremos facer público este comunicado para que o agradecemento chegue a todos os que realmente compartistes xenerosidade coa vosa doazón e para animar a participar en vindeiras campañas. Pulsa na imaxe para ver o texto completo do comunicado:
Axenda: Tarefas para traballar na casa
Enviado por admin o Mér, 22/04/2020 - 14:32Información dende o 27 de abril
Preme no teu grupo para ver as túas actividades:
Ten en conta tamén que algunhas materias colgan as súas actividades e avisos nesta web. Neste caso as materias que teñen colgado información ou ACTIVIDADES recentemente nesta web son as seguintes:
- Latín e Grego (exercicios para os cursos con esa materia)
- Lengua Española y Literatura (actividades por grupos e divididas por agrupamentos temporais)
- Lingua Galega e Literatura (orientacións sobre as actividades semanais que están a remitir ao alumnado)
- Inglés (Aviso sobre seguimento en G. Classroom e correos electrónicos)
- Matemáticas (aviso de actividades na Aula Virtual do Centro)
- Música (información sobre a situación e vínculo ao Blog da materia)
- Orientación (consellos, recomendacións e as últimas novas de Educación). Lembrade que algunhas novas de Abau tamén poden afectar ao alumnado de FP e podedes ver esa información no apartado de FP do Departamento de Orientación ou no propio BLOG do Departamento de Orientación:
Para calquera problema relacionado coas actividades: Información nos distintos grupos de Whatsapp de cada clase, contactar co profesorado ou coa titoría así como contactar co IES Lamas de Abade (ies.lamas.abade@edu.xunta.gal) para solicitar información.
COMUNICACIÓN DA DIRECCIÓN DO IES LAMAS DE ABADE ANTE A DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA
Enviado por admin o Lun, 13/04/2020 - 18:49COMUNICACIÓN DA DIRECCIÓN DO IES LAMAS DE ABADE ANTE A DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA
Durante os días que dure o peche dos centros educativos coa pandemia COVID-19, o equipo directivo do IES Lamas de Abade informa que:
-
O centro permanecerá pechado ao público durante o período de corentena.
-
O equipo directivo manterá a atención telefónica no 881 866 611 e no enderezo electrónico (ies.lamas.abade@edu.xunta.gal), en horario de 10:00 a 13:00 horas.
-
Todos os trámites administrativos están suspendidos e adiados, incluído o proceso de admisión de alumnado.
-
O profesorado será o encargado de:
-
Levar a cabo a titorización e atención do alumnado por medios non presenciais (aulas virtuais, email, redes sociais…).
-
Poñerse en contacto co alumnado da súa materia empregando o enderezo electrónico de cada alumno e alumna que consta na aplicación de xestión administrativa da educación (XADE) e/ou calquera outro que fixeran constar na súa “Ficha de alumno/a”.
-
Manter informadas ás familias (no caso de menores de idade) e ao alumnado maior de idade sobre as ferramentas/plataformas e as actividades a desenvolver durante este período.
-
Propor as actividades que consideren apropiadas, empregando as ferramentas e/ou plataformas que consideren oportunas (Moodle, GoogleScholar, email, redes sociais como WhatsApp, Telegram…) para que o alumnado continúe co seu proceso educativo, prestando especial atención á titorización do alumnado de 2º de bacharelato.
-
Novas da Consellería de Educación (25/03/2020)
Enviado por admin o Mér, 25/03/2020 - 19:48COMUNICADO DA DIRECCIÓN DO IES LAMAS DE ABADE PARA A FORMALIZACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN
Enviado por admin o Mér, 25/03/2020 - 18:41
COMUNICADO DA DIRECCIÓN DO IES LAMAS DE ABADE PARA A FORMALIZACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN
Onte á tarde tivo lugar unha reunión entre Directores e Directoras dos institutos de Galicia e a Conselleira e o Director Xeral de FP, da cal cabe destacar a seguinte información:
- O calendario do curso é o que está establecido. Por agora non hai previsión de modificación do final do mesmo.
- Danse por pechadas as actividades da 2ª avaliación coa data na que se declarou o estado de alarma, polo que só son avaliables os procesos ata esa data.
- A 2ª avaliación ten que estar pechada antes do vindeiro venres, día 3 de abril, e os centros poden artellar os medios telemáticos que consideren oportunos para levala a cabo.
- Con respecto ás ABAU, aprázanse (aceptouse 1ª convocatoria con data límite 10 de xullo e 2ª convocatoria, 10 de setembro) e consensuouse a adaptación das probas (por determinar).
- As avaliacións diagnósticas quedan suspendidas este curso.
- Recoñécese que existe fenda dixital. Están traballando con AMTEGA para dar solución e pediron axuda ao Ministerio e a teleoperadoras.
- Con respecto á FP, o Ministerio emitirá unha orde para refundir o Proxecto e FCT nos graos superiores (reducirase a presenza na empresa, podendo chegar a cero horas, levando esas horas ao módulo de Proxecto). En ciclos de grao medio e de grao básico, ao non existir módulo de Proxecto, faríase algún tipo de traballo (a modo de Proxecto) que dera solución para poder titular.
- Os contidos a partir da data en que se decretou o estado de alarma, deberían entrar na 3ª avaliación e, tras Semana Santa, haberá unha reunión co Ministerio para elaborar novas instrucións (especialmente no tocante a se os contidos impartidos telematicamente serán ou non avaliables e se se poden adiantar contidos)
- Reitérase a idea de que se afonde nas competencias (máis que nos contidos) pois pode haber modificación curricular do Ministerio
- O tratamento en 2º BAC é distinto: pódese avanzar currículum.
- Despois de Semana Santa está previsto que o Ministerio e a Consellería de Educación publiquen novas instrucións.
En base a esta información, pensamos que o mellor modo de organizar esta 2ª avaliación é como segue:
- Cada profesor e profesora poñerase en contacto co seu alumnado (por medios telemáticos: email, redes sociais, Aula Virtual…) para indicarlles explícita e claramente como serán avaliados da súa materia ou módulo nesta 2ª avaliación, tendo en conta que só se avaliarán as actividades levadas a cabo ata o venres 13 de marzo (último día lectivo antes do inicio do estado de alarma, que foi o domingo 15 de marzo).
A partir do venres 3 de abril, se non hai contratempo, o alumando e/ou as familias poderán consultar as notas en Abalar.
- Durante a Semana Santa non haberá actividade académica, polo que non deben programarse actividades ao alumnado para esas datas.
Actividades Lectivas Suspendidas Temporalmente
Enviado por admin o Xov, 12/03/2020 - 20:32
Tal e como ten comunicado esta mañá o Presidente da Xunta de Galicia en rolda de prensa, informamos que se suspenden as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente o luns 16/03/2020 e de xeito recomendable xa a partir de mañán 13/03/2020.
Visita e conferencia do Dr. Anxo Carracedo: "Presente e futuro da Medicina Xenómica"
Enviado por admin o Ven, 22/11/2019 - 21:40Aínda que sexa de xeito moi breve, esperando poder facer o preceptivo álbum de fotografías da actividade, queremos deixar constancia gráfica da multitudinaria e impresionante actividade desenvolvida esta mañá polo Dr. Anxo Carracedo no noso Instituto. Parabéns para a organización do evento e tamén, xunto co noso agradecemento enorme, para o conferenciante pola súa claridade expositiva, entrega, simpatía, accesibilidade e amabilidade.