INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

25N, O IES de Lamas contra a Violencia de Xénero

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Lamas de Abade

 

Durante todo o mes de novembro o alumnado do IES Lamas de Abade ven manifestando en cada recuncho do centro o seu claro posicionamento en contra de calquera forma de violencia de xénero. Incluso os accesos ao instituto estiveron estes días presididos por unha gran pancarta na que se deixa ben ás claras a contundencia en contra das novas formas de Violencia de Xénero que afectan de forma especial á xuventude actual como pode ser a "violencia dixital". 

Como culminación destes actos o alumnado de 4º da ESO participou o venres 23 nas actividades organizadas polo Concello de Santiago en contra das violencias machistas no que estiveron representantes do Concello e alumnado de 9 institutos de Santiago, Teo e Val do Dubra. 


Neste acto a nosa alumna Rita Domínguez xunto con representantes dos outros institutos, colaborou na lectura dunha declaración institucional aprobada polo Pleno do Concello na que se recolle a importancia de impulsar medidas contra a Violencia de Xénero no ámbito educativo, social, xurídico, económico, de protección, de concienciación e de sensibilización social.

Compartimos aquí o link da reseña na web do Concello e rematamos despois de deixarvos algunhas fotos do traballo co que manifestamos a nosa clara disposición contra a Violencia de Xénero a piques de celebrar este 25 de novembro o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" establecido polas Nacións Unidas 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer