slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Participación do alumnado de Imaxe Persoal na gravación dun videoclip

Os días 7 e 8 de outubro o alumnado de Imaxe Persoal, tanto de perruquería como de estética, participaron na gravación do novo videoclip que realizou a Mekanika Rolling Band da man do tamén artista e produtor Carlos Roma.

Contan da experiencia que foi tan intensa como ilusionante, poder participar nun plató de gravación en directo, ser partícipes e artífices da maquillaxe e peiteado de actrices e actores coñecidos da RTVG, tamén persoas anónimas que fixeron este orixinal videoclip, foi unha ocasión perfecta para poñer a profesionalidade deste equipo en escena.

Compartiu o director Carlos Roma que foi unha gozada traballar co alumnado, atoparse con profesoras entusiastas, apaixonadas coa súa profesión que vivían o que facían e que poñían a súa cualificación e profesionalidade nas xornadas coa mellor das actitudes. O entusiasmo polo traballo ben feito!

Parabéns Isabel, Mariser, Carme, e todo o alumnado porque, máis aló do traballo deixastes, unha pegada emocionante e marabillosa no mundo farándula de calidade e chegaron parabéns de directores, produtores, artistas e en xeral tódolos participantes.

  

PREMIO AO “NOSO ENTROIDO”

PARABÉNS A TODOS¡¡¡Aínda que non puidemos asistir, porque só podían ir 5 persoas, en Santiago de Compostela, o 3 de outubro de 2024, entregounos a Fundación Antonio Fraguas Fraguas o premio da XIII Edición do Proxecto Didáctico. Representantes do CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela), o CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela) e oCEIP Pérez Viondi (A Estrada), na categoría de ensino primario polo proxecto Viva o entroido vivo! Lingua, festa e comunidade recibiron o galardón de mans do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; a presidenta da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Concha Losada Vázquez; o secretario da Fundación, Francisco J. Sanjiao Otero; e o coordinador do proxecto, Bieito Pérez Outeiriño, nun acto celebrado na Biblioteca Baltar do Museo. 

 

Si, ese noso Entroido no que cada ano recibimos a un Entroido singular de Galicia e con el imos percorrendo tódolos centros da nosa Bisbarra acompañados do “abadiño e os seus secuaces” e  mais dos XENERAIS do ULLA repartindo vivas e atranques enriba dos seus cabalos

Trátase, en palabras de Concha Losada, dun "proxecto que supón unha riqueza para a Fundación e para o Museo do Pobo Galego, porque permite a oportunidade de traballar durante un ano enteiro cos centros educativos". Na mesma liña manifestouse o representante da Xunta, que definiu a iniciativa como "un proxecto que non para de darnos alegrías", que cada ano medra en difusión e participación e que "permite que os centros leven ese patrimonio cultural sempre con eles". 

 O galardón está dotado con 7.000 euros por cada modalidade, dos que 4.000 entregáronse xa nes momento da concesión, para que os centros os empreguen na realización do proxecto. Será no comezo do curso académico 2025-2026 cando expoñan o resultado no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela.

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas (PDAFF), convocado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas en colaboración co Padroado do Museo do Pobo Galego, e que conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, pretende alentar entre a comunidade escolar a realización dun traballo sistemático orientado a impulsar o coñecemento dos máis diversos elementos da cultura galega. Continúase así o labor docente desenvolvido por Antonio Fraguas con moitas xeracións, dende os seus comezos na Estrada en 1933 ata a súa xubilación no Instituto Rosalía de Castro de Compostela en 1975, e co seu labor por e para Galicia ata o seu pasamento. 

No caso do proxecto Viva o entroido vivo! Lingua, festa e comunidade, o xurado valorou a incorporación de todos os centros escolares dos distintos niveis educativos da contorna e o traballo desenvolvido durante máis dunha década na representación das distintas manifestacións etnográficas e culturais do Entroido, así como a presenza das mulleres en actividades nas que ata agora estaban infrarrepresentadas, como os altos, vivas e atranques. Tamén a incorporación de Entroidos doutras zonas de Galicia permitirá recoller as múltiples expresións das distintas manifestacións etnográficas e culturais que representa o Entroido, así como o feito de que a presenza no proxecto do CIFP de Imaxe e Son vaia permitir utilizar un tratamento innovador do entroido.

Libros de texto 2024/2025

 Premer na imaxe para consultar os libros de texto do curso 2024/2025.

MOBILIDADES ERASMUS CICLOS FORMATIVOS

NA PERRUCARÍA ELISIR COIFFURE ET BEAUTÉ EN POTENZA

NA FARMACIA MINERVA EN CATANIA

NA FARMACIA OBELISCHI EN CATANIA

HAI TEMPO PARA FACER TURISMO EN CATANIA

Graduación 2º Bacharelato

O pasado venres, celebrouse no centro a graduación do alumnado de 2º de BACH, nun acto moi cercano e emotivo, no que os rapaces e rapazas compartiron coas súas familias e co profesorado este momento tan importante nas súas vidas.

Desexámosvos moita sorte na nova etapa que comezades e esperamos que nunca olvidedes o voso paso polo centro.

PREMIO GALICONS-NET

O IES Lamas de Abade foi premiado no concurso Galicons-Net na categoría de Bacharelato, ciclos formativos de grado medio e grado superior de formación profesional e de educación de persoas adultas. Parabéns ao noso alumnado.

Prema na fotografía para ler o artigo

 

Entrega premios Consumopolis e Galicons-Net

 

 

 

AGRADECEMENTO CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

GRADUACIÓN 2º BACHARELATO CURSO 2023-2024

O alumnado de 2º de bacharelato celebrará a súa graduación o día 14 de xuño no IES Lamas de Abade. Moitos parabéns.

 

Premios do concurso "O Scriptorium do Abade"

As gañadoras do 2° concurso literario "O Scriptorium do Abade" co gallo das Letras galegas.

1er premio relato ex aequo: Natalia Domínguez de 2°A e Icía Lagares de 2°B.

1er premio poesía: Antía Gomez de 2°B

2º premio relato: Eimi Vidal de 2°B

2º premio poesía: Aroa Alcaide de 2°A

Noraboa as gañadoras e moitas grazas a todas as persoas que participaron!!

Na foto, as gañadoras coa organizadora do concurso Sandra Romarís

 

Podedes ler os relatos gañadores no seguinte arquivo:

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO LAMAS

O xoves 16 para conmemorar o día das Letras Galegas no Lamas, parte do alumnado elaborou murais para lembrar a Luisa Villalta, autora homenaxeada este ano; mentres repasaban a súa vida e obra ían coloreando da súa man os retratos  da autora ..

Se toda a nosa historia fose así, un construír, máis que un acumular, fragmentar e derrubar, se cada unha das nosas actuacións fosen un continuo cimentar máis que un utilizar e desgastar, gozaríamos da vida nun país seguro de si mesmo, acolledor, criativo e orgulloso”

. Luísa Villalta filóloga, violinista, escritora, poesía, teatro, narrativade ficción, ensaio, traducción colabora nas publicacións colectivas, intervén en recitais, escribe artigos...

Os seus poemas auscultan a respiración das fotografías, escoitan o seu pulso. As vidas das mulleres do Papagaio toman forma na voz dunha poeta que ergue nela a dignidade no medio da hipocrisía, da moral represora e da violencia patriarcal que equipara á violencia da especulación urbanística…

A voz da poeta adquire en O Papagaio unha inaudita reverberación.

A escritura de Luísa Villalta irradia exploración e movemento, desde o núcleo e á procura da formulación máis profunda desprega rexistros formais e estilísticos con texturas diversas. …. O poético sería, nesa exploración, liberdade, pensamento que se revela, reflexión, escoita e acontecemento.

Luísa Villalta falece inesperadamente na madrugada do 6 de marzo de 2004 na súa casa, mentres durmía. Unha meninxite fulminante pon fin á vida da escritora.

E todo se suspende.

Un violín soa fronte o mar no cemiterio de Santo Amaro. O sol quece o desamparo dun luns de marzo.

Catro meses despois do seu falecemento publícase En concreto.

Así vou eu
formando parte
Non me abandono e formo parte

Os acentos da súa voz, os focos do seu traballo, o alento da súa escrita fan dela unha autora que sorprende na súa singularidade; e sendo unha escritora que se incardina no seu tempo, traza no literario insólitos itinerarios. A solidez do edificio que constrúe emerxe nunha obra marcada pola exploración, o pensamento apaixonado, a procura do rigor. Luísa Villalta pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas.

Ana Romaní

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer