slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

VISITA DOS ALUMNOS BACHAREUS DE BIOLOXÍA Ó CIMUS (Center for Research in Molecular Medicine and Chronic Diseases)

A misión do CiMUS é realizar investigacións básicas de calidade contrastada, co obxectivo de lograr avances na prevención, comprensión e tratamento das enfermidades crónicas. Os investigadores do CiMUS son recoñecidos no ámbito internacional no campo da investigación en Biomedicina. María José Alonso e Miguel López, figuran entre os científicos máis citados do mundo recollidos na clasificación Stanford de investigadores.

María José Alonso é a coordinadora do grupo CiMUS, Nanomedicina e Administración de Fármacos. A súa investigación científica implica o uso de nanotecnoloxías para deseñar nanomedicinas innovadoras. Desenvolve novos materiais nanoestructurados destinados a transportar fármacos e antíxenos a través de barreiras biolóxicas e entregalos ao tecido diana. Están especializados na asociación de moléculas delicadas, incluídos péptidos, ARNip e antíxenos, a estes nanoportadores.

Pola súa banda Miguel López é o coordinador do grupo CiMUS, NeurObesity, centrado no campo da obesidade, en particular na regulación hipotalámica do equilibrio enerxético. A principal experiencia do grupo son os neuropéptidos hipotalámicos (especialmente as orexinas), o metabolismo dos lípidos hipotalámicos/AMPK e o estrés do RE.

Comprometidos co labor de divulgación á sociedade da actividade científica desenvolvida no CiMUS e coa finalidade de espertar vocacións científicas entre o alumnado, o programa de visitas escolares está dirixido a estudantes de ESO, bacharelato, instituto de Stembach, FP e universidades. Os alumnos de bacharelato do IES Lamas de Abade foron os primeiros en coñecer a nova tecnoloxía adquirida para o centro, despois da súa presentación oficial para os medios de comunicación. Trátase dunha innovadora tecnoloxía para o manexo de grandes volumes de mostras citolóxicas simultaneamente que contribuirá á obtención de prontos resultados nas investigacións que se levan a cabo.

Actualización listado libros de texto 2023/2024

Actualízase o listado de libros de texto engadindo libros que estaban pendentes de confirmar.

LIBROS DE TEXTO ESO e BACH CURSO 2023/2024

Acto de clausura do proxecto MICROMUNDO na USC para os alumnos de Bioloxía 1º Bach do IES Lamas de Abade

Salón Nobre de Fonseca, 20 de xuño de 2023.

Os alumnos de 1º de Bacharelato do noso Instituto xunto coa súa Profesora Marina Raíces Madriñán, veñen de recoller na aula nobre do pazo de Fonseca, os seus diplomas de participación no proxecto solidario de Micromundo. Ese aula na que se xestou o Primeiro Estatuto de Galicia, onde se entregan os premios “Doctor honoris causa”, onde cada ano se inaugura de forma oficial o curso da compostelana USC, foi o escenario do solemne acto de clausura do traballo levado a cabo este ano por centros de Santiago de Compostela, e, entre eles o IES LAMAS DE ABADE así como os institutos  Rosalía de Castro e Xelmírez II.

MicroMundo (www.ucm.es/small-world-initiative) é a adaptación de Service-Learning (ApS) da estratexia de crowdsourcing e ciencia cidadá internacional Tiny Earth (www.tinyearthnet.org). O seu obxectivo esencial de servizo é achegar á sociedade a cultura científica, a perspectiva One Health e a investigación biomédica, incidindo en que os mozos estudantes fomenten a súa vocación pola formación en Graos STEM e pola investigación. A pandemia do COVID-19 e as súas consecuencias puxeron de manifesto a urxencia de achegar á sociedade a cultura científica no ámbito da Biomedicina e da Saúde Pública e implicar ao noso alumnado nesta tarefa.

A nosa participación consistiu na procura de cepas bacterianas nos nosos solos, susceptibles de producir antibióticos contra os que as principais bacterias responsables das máis rebeldes infeccións resistentes ós antibióticos convencionais, que  podan ser utilizadas no futuro para combater as tan temidas infeccións hospitalarias. Na conferencia de clausura se fixo moito fincapé na divulgación deste grave problema para a humanidade en xeral nos próximos anos, e na conveniencia de reducir o abuso destes medicamentos tanto a nivel humano como veterinario.

Os nosos alumnos expresaron ante a audiencia a súa gratitude para cos responsables do proxecto destacando a idoneidade de acercar ó alumnado de Bacharelato  un proxecto de investigación científica real de carácter universitario. É moi posible que esteamos en proceso de xestar novos científicos  que xa se inclinan pola Biotecnoloxía, a Microbioloxía e a Sanidade Ambiental en xeral. Ademais  de consolidar  con éxito unha comunidade  MicroWorld na que os estudantes poden compartir as súas experiencias na difusión do problema da resistencia e na promoción da investigación para o descubrimento de novos antimicrobianos.

V CERTAME DE VÍDEOS “AS VALEDORAS DO PLANETA”

Grande foi a competencia dos vídeos presentados a concurso este ano dedicados a “FAMILIAS CON CLASE”  en 2º de ESO.

Ven celebrándose este  certame desde que no IES Lamas de Abade comezou a impartir a materia de CLIMÁNTICA co obxecto de divulgar a nosa preocupación de conseguir frear as consecuencias deste, instalado xa, cambio climático. Sabemos que non o vamos deter, pero somos persoas esperanzadas porque tamén sabemos que nas nosas mans está facer pequenos xestos que, sumados aos das demais persoas, poden conseguir grandes cambios.

Este curso dedicouse á promoción do que as familias poden aprender do que tratamos en clase. Os alumnos galardoados cos tres primeiros premios levaron uns bonitos premios que lles animará a seguir sendo divulgadores de verdade.

É necesario resaltar que os demais non quedaron á zaga. Houbo moi bos vídeos merecedores de outros tantos galardóns. Foi necesario votar por un desempate para outorgar o primeiro posto. E, simplemente, uns teñen que quedar clasificados antes e outros despois.

 

PARABÉNS A TODOS!!! Fixéchedes un estupendo traballo. Sodes uns cracks!!!

Torneo de fútbol de fin de curso

Durante as últimas semanas do curso, o departamento de Educación Física organizou un torneo entre os alumnos de ESO e 1º BAC.

 

 Os partidos foron moi emocionantes e houbo moita animación, ata se encheu a tribuna!

 

Cada equipo gañador recibiu o seu trofeo e queremos agradecer a Brais Juncal de 1º ESO a súa elaboración.

 A primeira final xogouse entre 1º B ESO e 2º A ESO, e estes últimos foros os vencedores.

 A segunda final xogouse entre 3º B ESO e 1º BAC e gañou 1º BAC a penaltis.

Parabéns ós vencedores e a todos os participantes por darnos momentos tan emocionantes!

Graduación 2º BAC

O pasado 11 de xuño, celebramos no Pazo de Vista alegre o acto de graduación dos nosos alumnos de 2º de BAC da promoción 2021-2023.

Foi un acto moi bonito e cargado de emoción, no que os rapaces puideron rememorar o seu paso polo centro.

Desexámosvos moita sorte a todos e todas nos vosos camiños!

PARABÉNS

 

 PARABÉNS AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO POLOS SEUS RESULTADOS NA ABAU

100% DE APROBADOS

 

 

 

Programa RECREOS RESIDUOS CERO 4º ESO

Este curso foi 4º de ESO quen  esencialmente participou no programa de redución de residuos no recreo. Teachers for Future recoñécenolo co diploma que recibimos estes últimos días. Trátase dun programa auspiciado polo Ministerio de Transición Ecolóxica no que o noso Instituto leva participando ó longo dos tres últimos anos.

Teachers For Future Spain ten homólogos noutros países, ademais de manter contactos bilaterais e participar en grupos de comunicación, está a tentar crear unha rede de traballo. O obxectivo é compartir boas prácticas e establecer liñas de actuación comúns.

Visita dos alumnos de 1º ESO ó Museo de Historia Natural

Como xa é costume, e se está convertendo en tradición, os alumnos do primeiro nivel de ensino secundario obrigatorio visitaron o MUSEO DE HISTORIA NATURAL da USC o trinta de maio do presente curso 22-23.

Trátase dunha actividade complementaria na que, acompañados por un cuestionario que lles guía, van repasando as distintas seccións do museo. Axéitase perfectamente ós contidos do seu curso, de Bioloxía e Xeoloxía e  ademais lles permite identificar especies animais e mostras litolóxicas moi propias da nosa comunidade galega. Con todo, as estrelas son os animais mais exóticos dos diferentes continentes, como canguros, leóns, osos e outros feroces espécimes.

Tamén, como é costume cando realizamos algunha visita extraescolar, fomos felicitados polo comportamento do alumnado. Como anécdota, o garda de seguridade acabou colaborando con eles cumprimentando o seu caderno de traballo. Mil gracias desde aquí ó persoal do MHN e parabéns á nosa rapazada.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer