slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Probas Libres Obtención de Títulos FP (LOE) Convocatoria 2018-19

Consulta toda a información no lateral dereito da web do IES Lamas de Abade

Conferencia Antón Fraguas

Este xoves 16, con motivo de comezar a celebración do Día das Letras Galegas 2019 do día seguinte, o alumnado de 3º e 4º da ESO gozará dunha conferencia sobre Antón Fraguas a cargo do profesor Antonio Tizón. Terá lugar entre as 12:40 e as 13:30 horas. A actividade está organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística. 

Entrega Premios 1ª Xincana Xeolóxica IES Lamas de Abade

O alumnado de 1º de bacharelato do noso Instituto ven de recibir os seus merecidos diplomas pola participación na Iª Xincana Xeolóxica nun evento celebrado no Salón de actos do IES LAMAS DE ABADE.

Confirman dende o Departamento de Bioloxía que en próximas edicións tratarase de darlle cabida á participación de alumnado de outros niveis e mesmo a alumnado de outros centros, pois a experiencia resultou moi positiva, tanto desde o punto de vista académico como lúdico.

Excursión Cabeza de Manzaneda

Poucos días despois do seu percorrido por Lugo os agrupamentos de 1º da ESO gozaron estes días (tal e como deixamos aviso no calendario de eventos) dunha nova saída. Nesta ocasión desenvolveron unha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) organizada polo Departamento de Educación Física. Tal e como ven sendo costume, compartimos dende o Instituto o álbum coas fotografías das diferentes actividades 

Actividades de Primavera en Bioloxía

O alumnado de 1º de ESO e de 1º de bacharelato aproveitou os dias solleiros do mes de abril para realizar as súas prácticas de botánica. Este ano centráronse en dous temas concretos:

- Identificación de liques

- Uso de claves para determinación de plantas Cormofitas.

- Elaboración dun caderno de campo

Non tódolos anos nos resulta tan doado o noso xardín para este tipo de prácticas. Pero, nesta ocasión, traballouse ben a gusto. A nosa “oficina” foi o noso propio xardín. Sen saír dela traballouse  fluída e eficientemente. Compartimos link do álbum por se queredes baixar as fotos

Taller Maquillaxe con Aerógrafo

O día 6 de maio deste 2019 terá lugar no Taller nº 2 durante toda a mañá un "Obradoiro de Maquillaxe con Aerógrafo" para o alumnado de 2º de FP Básica de Peiteado e Estética e para o do 1º CM de Estética e Beleza.

O obradoiro estará a cargo de K-PPEL, empresa de prestixio no campo dos produtos de peiteado e estética) organizado polas profesoras Rosa Álvarez e Carla Mujico e implicando tamén ao seguinte profesorado: Ángeles Domínguez, Mercedes Sáenz, Beatriz Corbacho e Ana Campaña

 

Novas imaxes da inauguración da Biblioteca

O profesorado de Lingua Galega e Lengua Castellana veñen de compartir novas imaxes da fermosa inauguración da Biblioteca do Lamas de Abade o pasado día 23. 

Algunhas delas están publicadas no Instagram "adeGalego". Animádevos a pulsar en "seguir" e poderedes acceder sen problema a ver as fotografías pulsando nas iconas de Instagram da liña inferior:

 Lectura continuada 1       Lectura Continuada 2 

A outra posibilidade é a de voltar a consultar o noso álbum de google photos.

Non digades que non se vos ofrecen posibilidades :)

Concerto Didáctico Orquestra de Malabares

Concerto Didáctico no Auditorio de Galicia organizado polo Departamento de Música para o alumnado de 2º A e B e 3ºA da ESO. A actividade estará desenvolvida pola Orquestra de Malabares que busca a unión entre o mundo do Circo e as tradicionais Bandas Municipais de Música. A actividade terá lugar en horario de 9:30 a 12:00 da mañá. Deixamos Link para as persoas que desexen máis información

Visita Santa Eulalia de Bóveda e Castro de Viladonga

  

O alumnado de 1º da ESO (grupos A e B) visitará a cidade de Lugo e os seus arredores nunha actividade de colaboración entre os Departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Inglesa e Lingua Castelá. No marco temático da Historia Antiga de Galicia visitarán Lugo, Santa Eulalia de Bóveda e o Castro de Viladonga o vindeiro 30 de abril durante toda a xornada. Estarán acompañados por Guadalupe Rodríguez, Alicia Romero, Mª Carmen García e Antonio Tizón.

Semana Cultural IES Lamas de Abade

 

 Para rematar o día de hoxe con ese grupo de apuntamentos culturais que anunciamos nas novas anteriores, comunicarvos que do 23 ao 26 de abril celebraremos a Semana Cultural do Lamas de Abade co título "InmigrACCIÓN: aproximación á crise dos refuxiados".

Podedes ver o programa completo da actividade pulsando neste link ou na imaxe que acompaña esta nova.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer