INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO LAMAS

O xoves 16 para conmemorar o día das Letras Galegas no Lamas, parte do alumnado elaborou murais para lembrar a Luisa Villalta, autora homenaxeada este ano; mentres repasaban a súa vida e obra ían coloreando da súa man os retratos  da autora ..

Se toda a nosa historia fose así, un construír, máis que un acumular, fragmentar e derrubar, se cada unha das nosas actuacións fosen un continuo cimentar máis que un utilizar e desgastar, gozaríamos da vida nun país seguro de si mesmo, acolledor, criativo e orgulloso”

. Luísa Villalta filóloga, violinista, escritora, poesía, teatro, narrativade ficción, ensaio, traducción colabora nas publicacións colectivas, intervén en recitais, escribe artigos...

Os seus poemas auscultan a respiración das fotografías, escoitan o seu pulso. As vidas das mulleres do Papagaio toman forma na voz dunha poeta que ergue nela a dignidade no medio da hipocrisía, da moral represora e da violencia patriarcal que equipara á violencia da especulación urbanística…

A voz da poeta adquire en O Papagaio unha inaudita reverberación.

A escritura de Luísa Villalta irradia exploración e movemento, desde o núcleo e á procura da formulación máis profunda desprega rexistros formais e estilísticos con texturas diversas. …. O poético sería, nesa exploración, liberdade, pensamento que se revela, reflexión, escoita e acontecemento.

Luísa Villalta falece inesperadamente na madrugada do 6 de marzo de 2004 na súa casa, mentres durmía. Unha meninxite fulminante pon fin á vida da escritora.

E todo se suspende.

Un violín soa fronte o mar no cemiterio de Santo Amaro. O sol quece o desamparo dun luns de marzo.

Catro meses despois do seu falecemento publícase En concreto.

Así vou eu
formando parte
Non me abandono e formo parte

Os acentos da súa voz, os focos do seu traballo, o alento da súa escrita fan dela unha autora que sorprende na súa singularidade; e sendo unha escritora que se incardina no seu tempo, traza no literario insólitos itinerarios. A solidez do edificio que constrúe emerxe nunha obra marcada pola exploración, o pensamento apaixonado, a procura do rigor. Luísa Villalta pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas.

Ana Romaní

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer