Lingua Española e Literatura

Encontro literario con Carlos García Gual sobre a "Odisea" de Homero

 

O pasado venres 22 de marzo unha representación do alumnado de 1º da ESO tivo o pracer de compartir un encontro literario co Académico da Lingua Carlos García Gual co obxectivo de que afondasen no coñecemento da literatura clásica e, sobre todo, nunha aproximación á Odisea. (Pulsade aquí se vos apetece ler a entrevista ao Académico e Helenista na Voz de Galicia de hoxe mesmo).

En palabras do profesorado acompañante a actividade foi todo un éxito. Sendo o noso alumnado dos de menor idade dos asistentes amosaron moito interese e gran atención tomando notas e participando activamente no encontro. Parabéns.

Compartimos o álbum coas fotos do Encontro.

Conmemoración do Día da Muller Traballadora

Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora este 8 de marzo, o alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato ten realizado unha exposición na que indagan na historia da Muller Traballadora dende a súa Representación en Arte e Textos. A exposición está organizada coa coordinación do Departamento de Lengua Castellana do noso IES.

Compartimos o álbum con algunhas fotografías da exposición. Pulsade na imaxe desta interesante mostra e gozade das fotos

 

"BULULÚ" do IES Lamas, gañador do certame de teatro intercentros 2013

O grupo de teatro “BULULÚ” integrado por alumnado de 3º e 4º da ESO  e 1º de bach do IES Lamas de Abade e do IES Pontepedriña, gañou o XVIII Certame de teatro intercentros coa obra "A Catedral", que se erixiu en gañadora da súa categoría tras a votación dos asistentes ás representacións que tiveron lugar nos IES Xelmírez e Rosalía de Castro e na Facultade de Ciencias da Educación.

"A Catedral" trata dun grupo de peregrinos de orixe francesa que recorre un camiño imaxinario que en realidade é unha viaxe no tempo. As personaxes convértense en testemuñas privilexiadas de tres momentos puntuais e transcendentais na historia do elemento patrimonial máis importante da cidade, a Catedral.

O grupo de teatro púxose en marcha este curso e foron as profesoras de Lingua castelá do centro as impulsoras desta actividade que tivo unha gran acollida entre o alumnado.

A comunidade educativa do Lamas felicita aos integrantes de “BULULÚ”; alumnado e profesoras, polo seu traballo e polo seu éxito.

Parabéns.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer