O pasado xoves día 9, tal e como estaba programado, Mercedes Corbillón abríu o ciclo de "Charlas na biblio" falando de libros y cronopios ante o alumnado de 1ª Bach.
Éxito da campaña de recollida de alimentos para a Cociña Económica de Santiago organizada polo equipo da Biblioteca do Lamas. Hoxe pola mañá e coa colaboración do alumnado, as múltiples caixas de alimentos foron entregadas no seu destino. Grazas a todas as persoas que colaboraron coa iniciativa!!!!
Igual que en anos anteriores o Equipo da Biblioteca pide a colaboración de toda a Comunidade Escolar do Lamas de Abade para axudar nestas datas a aquelas organizacións que loitan pola mellora das condicións na nosa sociedade coa tradicional recollida de alimentos que irán destinados,nesta ocasión, á Cociña Económica.
Nestes días, e con data límite no 20 de decembro, aquelas persoas que queiran axudar poden deposita os alimentos nas caixas habilitadas na propia Biblioteca. Toda colaboración é benvida e agradecida
O departamento de inglés retou ao alumnado de 1º ESO a que decorasen cabazas co tema "Animals". O resultado superou as espectativas, como ben amosan as imaxes. Noraboa!!!
Un ano máis o Lamas de Abade celebrou o Samaín polos seus corredores, aulas e Biblioteca.
O xa tradicional concurso de doces monstrosos encheu de xente e balbordo a nosa Biblioteca tradicionalmente tan silandeira :)
Estas son algunhas das novidades que este outubro tráenos á Biblio do Lamas. Hai de todo un pouco: novela gráfica, historias xuvenís, biografías noveladas..
Entre elas están tamén os libros do Club de lectura que retoma as súas sesións con Sandra Romarís como responsable. Moitas grazas Sandra polo teu traballo e o teu compromiso co alumnado e a Biblio!!!
Animádevos e entrade na Biblio!! Hai unha chea de historias para compartir!!
Ata o día 26 deste mes temos expostos na Biblio unha selección de banda deseñada de temáticas diferentes: fantasía, historia, feminismo, humor... Só pódense consultar na Biblio, xa que non se poden emprestar para casa porque son unha cesión temporal da Consellería que nos chegaron na "Maleta viaxeira".
Por fin puidemos entregar os premios ás ganadoras do II Concurso de Booktrailers: Lis Castro Vázquez e Rita Domínguez Lores, daquela alumnas respectivamente de 1º ESO A e 1º Bacharelato A. Aínda que o concurso se resolveu xa no mes de xuño como estaba previsto, non puidemos entregar os premios ata estes días.
As técnicas empregadas nos seus videos, que podedes ver premendo nas imaxes seguintes, son moi distintas pero ambas recollen perfectamente a esencia dos libros que promocionan: O misterio dos fillos de Lúa (de Fina Casalderrey) e Sen piedade (de Pedro Feijoo)
O equipo de Dinamización Lingüística do instituto felicita as premiadas e anima a todo o alumnado a participar no concurso porque ás veces ganase.
As profes responsables da Biblioteca produciron este vídeo que podedes ver no Instagram da Biblio do Lamas para recomendarvos agradable lectura neste día do libro de 2020. Seguide o consello !!!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer