INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Biblioteca

Novas relacionadas coa Biblioteca do Lamas de Abade

Maletas Viaxeiras

 

Ata o día 26 deste mes temos expostos na Biblio unha selección de banda deseñada de temáticas diferentes: fantasía, historia, feminismo, humor... Só pódense consultar na Biblio, xa que non se poden emprestar para casa porque son unha cesión temporal da Consellería que nos chegaron na "Maleta viaxeira".

Entrega de premios do II Concurso de booktrailers

Por fin  puidemos entregar os premios ás ganadoras do II Concurso de Booktrailers: Lis Castro Vázquez e Rita Domínguez Lores, daquela alumnas respectivamente de 1º ESO A e 1º Bacharelato A. Aínda que o concurso se resolveu xa no mes de xuño como estaba previsto, non puidemos entregar os premios ata estes días.

  

 

As técnicas empregadas nos seus videos, que podedes ver premendo nas imaxes seguintes, son moi distintas pero ambas recollen perfectamente  a esencia dos libros que promocionan: O misterio dos fillos de Lúa  (de Fina Casalderrey) e Sen piedade (de Pedro Feijoo)

                                 

 O equipo de Dinamización Lingüística do instituto felicita as premiadas e anima a todo o alumnado a participar no concurso porque ás veces ganase.

 

 

Día do Libro na Biblio do Lamas

As profes responsables da Biblioteca produciron este vídeo que podedes ver no Instagram da Biblio do Lamas para recomendarvos agradable lectura neste día do libro de 2020. Seguide o consello !!!

Reflexións do alumnado sobre a visita de Luz Fandiño

O pasado venres Luz Fandiño estivo no Lamas de Abade compartindo co alumnado e profesorado os seus poemas e as súas experiencias vitais. Desa actividade teñen xurdido múltiples actividades das que o Departamento de Galego quere compartir, entre outras moitas e a modo de exemplo pola súa calidade, a  desenvolvida por Elisa Nieves. Pulsa na imaxe ou neste vínculo para acceder ao PDF

 

 

Conferencias na Biblio: Chus Nogueira

Conferencias na Biblioteca: Luz Fandiño

Santiago Lopo nas "Conferencias na Biblio"

Santiago Lopo estará o martes 3 de decembro co alumnado de 1º de Bacharelato en horario de 10:35 a 11:25 no ciclo de "Conferencias na Biblioteca"

Lopo é un dos autores máis destacados da narrativa galega actual. Abonda con dicir que xa foi premiado na súa carreira co "Premio García Barros" e co "Xerais" coas obras "Hora Zulú" e "A arte de trobar". A gozar da experiencia!

    

Espazo Clara Campoamor na Biblioteca do Lamas de Abade

Un novo espazo na biblioteca: Espazo Clara Campoamor, que albergará libros e exposicións relacionadas con igualdade, o feminismo e a coeducación. Unha iniciativa do Club de Letras, xestionado pola profesora do Departamento de castelán, Ana Gil. Pulsade para ver o álbum deste coidado, inspirador e valiosísimo espazo que demanda parada e atención obrigada.  

Para máis información da Biblio

 

Suso de Toro no Lamas de Abade: "Imaxes e Palabras"

Falar de Suso de Toro é falar de Literatura Galega con maiúsculas, pero tamén destaca polos seus traballos en teatro, televisión, cinematografía, xornalismo e polo seu compromiso político. 

Por todo isto Suso de Toro será o convidado para unha charla na Biblioteca do Lamas o próximo 7 de novembro da que gozará o alumnado dos cursos de 1º e 2º de Bacharelato das materias de "narrativas cinematográficas" e "Cinema e Literatura galegos". A actividade está programada para comezar ás 12:00

Máis información e fotografías da actividade no Instagram da Biblioteca  

Conferencias na Biblioteca: "Economía Circular" con Francisco Méndez Gómez

 

 

 

O alumnado de 3º e 4º da ESO terá o vindeiro luns 4 de novembro unha interesante charla con Francisco Méndez Gómez sobre a "Economía circular". A actividade terá lugar na Biblioteca do Lamas xusto na hora despois do recreo (11:55 a 12:45)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer