Orientación Bacharelato e Secundaria

Novas do Departamento de Orientación para Bacharelato e Educación Secundaria

Proba de acceso e admisión e matrícula no SUG. Calendario da CiUG

No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) coa novidade de que a convocatoria extraordinaria que viña sendo en setembro celebrarase este ano por primeira vez no mes de xullo.

A continuación tedes o enlace para acceder ó calendario da CiUG coas datas de celebración da proba e de acceso e admisión á universidade.

http://ciug.gal/PDF/cartelcalen2019.pdf

 

¿Qué quiero estudiar? Guía 2019.

Guía de estudos superiores de Galicia 2019-20 publicada por La Voz de Galicia con máis de cen páxinas nas que se analizan as titulacións oficiais superiores que se poden cursar en Galicia: graos universitarios, títulos de FP superior e ensinanzas de réxime especial ( artes plásticas, arte dramática, música, deporte, deseño...).

Podes consultar a guía no seguinte enlace:

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

Convocatoria Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019

Convócanse axudas para realizar as actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis da ESO e Bacharelato.

O Prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 21 de febreiro ata o 20 de marzo (incluído).

Podes consultar toda a información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO CURSO 2019

Quen se pode presentar ás probas de acceso a grao medio?

Quen non cumpra os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio e teña dezasete anos cumpridos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

Os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio son, entre outros:

-Título da ESO ou equivalentes.

-Título profesional básico.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 7 ao 22 de marzo de 2019.

PROBA DE ACESO ÓS CICLOS MEDIOS

       É común para tódolos ciclos formativos de grao medio. O seu contido atenderá a aspectos básicos de determinadas materias da ESO.

       Estrutúrase en tres partes:

PARTE SOCIOLINGÜÍSTICA:

Organizarase en tres probas:

-Lingua castelá.

-Lingua galega.

-Ciencias sociais.

PARTE MATEMÁTICA:

Organízase nunha única proba:

-Matemáticas.

PARTE CIENTÍFICO-TÉCNICA:

Organízase en dúas probas:

-Ciencias da natureza.

-Tecnoloxía.

DESENVOLVEMENTO DA PROBA:

En que data terá lugar a proba? O 28 de maio de 2019

 En que horario?

Ás 9.00 horas: presentación.

–Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

 Onde terá lugar a proba?

O día 7 de maio farase público o lugar onde se realizarán as probas. Esta lista publicarase nos centros de inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

A sede de realización da proba determínase en función do centro de inscrición empregado e, en principio, tratarase dalgún centro público próximo a este. Daquela, recoméndase usar como centro de inscrición un próximo ao domicilio habitual.

Que documentación é necesario levar o día da realización da proba?

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu DNI e a copia da folla da solicitude de inscrición.

CUALIFICACIÓN DA PROBA:

A cualificación de cada parte da proba será numérica, entre cero e dez puntos e será o resultado de obter a media aritmética das cualificacións dos exames que integran esa parte.

A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro puntos en cada parte, e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais.

         Para a superación da proba será necesario obter unha cualificación de cinco ou superior. En caso contrario a nota final será non apto.

Certificación:

Quen realice a proba recibirá unha certificación coa nota final e a cualificación obtida en cada unha das partes.

         A superación da proba será válida como requisito de acceso a todos os ciclos formativos.

No caso de non superar a totalidade da proba, a cualificación nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco manterase en futuras convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia durante os dousanos seguintes.

Onde se solicitan os certificados?

Os certificados de probas de acceso, tanto da convocatoria deste ano como de convocatorias anteriores (desde o ano 2006), poderán solicitarse en calquera centro público con oferta de formación profesional a partir do día 24 de xuño.

 

No seguintes enlaces atoparás información sobre:

Convocatoria 2019 da proba de acceso: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7937

Exames de convocatorias anteriores:

http://www.edu.xunta.es/fp/node/255

Calendario das probas de acceso nesta convocatoria 2019:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7922

 

CONVOCATORIAS E CALENDARIO DAS PROBAS ABAU

No curso 2018/2019 realizaranse dúas convocatorias da proba de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU):

CONVOCATORIA ORDINARIA 

12-13-14 de xuño                  Realización da proba de ABAU

(poderase presentar o alumnado que remate 2º curso de bacharelato na convocatoria ordinaria de maio ou en anos anteriores ou alumnado co título de Técnico Superior) 

Para a matrícula na proba nesta convocatoria haberá dous prazos:

8 – 31 de maio           Matrícula anticipada on line.

(matricularase o alumnado que teña superado o bacharelato en convocatorias anteriores pero non a ABAU ou que desexe subir a cualificación ou alumnado co Título de Técnico Superior de cursos anteriores ou alumnado de CS do ano en curso que estea en condicións de acadar o título na convocatoria de xuño de 2019.)

 

23 – 27 de maio         Prematrícula na proba ABAU no centro.

(matricularase o alumnado que teña superado o bacharelato na convocatoria ordinaria de maio do ano en curso).

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

10-11-12  de xullo                  Realización da proba de ABAU

(matricularase o alumnado que teña superado o bacharelato na convocatoria extraordinaria de xuño ou que queira subir a nota de convocatorias anteriores)

Para a matrícula na proba nesta convocatoria o prazo será o seguinte:

26 – 27 xuño              Prematrícula na ABAU na convocatoria  extraordinaria no centro.

 

A continuación atoparás calendarios co resumo das datas importantes de:

  • Remate do 2º curso de bacharelato, (entrega de notas, datas de reclamación ás cualificacións….
  • Proba ABAU (matrícula na proba, datas exames, cualificacións, solicitude de reclamación ás cualificacións…)
  • Trámites para o acceso á universidade (datas de solicitude de admisión, datas listas de admitidos e prazos de matrícula…)

tendo en conta que se recollen en distintos calendarios as datas según sea:

 

Toda a información relativa a ABAU e acceso á universidade podes atopala no seguinte enlace: http://ciug.gal/

 

PROBA DE ACCESO A CICLOS SUPERIORES CONVOCATORIA 2019

Para realizar estudos de formación profesional de grao superior é necesario cumprir uns requisitos académicos de acceso:

·         Título de Bacharelato.

·         Título de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio)

·         Otras titulacións (Título de Técnico Superior, Técnico Especialista, Titulación unversitaria….)

·         Superar a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Quen se pode presentar ás probas de acceso a grao superior?

Quen non cumpra os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e teña dezanove anos cumpridos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2019.

En que consiste a proba?

A proba de acceso consta de dúas partes:

PARTE COMÚN: Relacionada cos contidos do bacharelato:

-Lingua galega.

-Lingua castelá.

-Matemáticas.

PARTE ESPECÍFICA: Organizarase en tres opcións: A, B e C en función das familias profesionais e as materias establecidas para cada unha delas. Deberase elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a inscripción escollendo dúas das tres materias das que quere examinarse:

OPCIÓN A: economía da empresa, lingua estranxeira e filosofía.

OPCIÓN B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física.

OPCIÓN C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

En que data terá lugar a proba?        

O 10 de abril de 2019

En que horario?

– Ás 9:00 horas: presentación.

Parte común da proba

– Das 10:00 ás 13:30 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).

Parte específica da proba

– Das 16:00 ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida).

 

Nos seguintes enlaces tes:

Información completa sobre a proba:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior 

Sobre a convocatoria desde ano 2019:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Modelos de exámes de convocatorias anteriores:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatorias-anteriores

 

Nos documentos adxuntos podes consultar:

-Familias profesionais e ciclos formativos aos que se pode acceder segundo a opción da parte específica da proba de acceso.

-Calendario probas nesta convocatoria 2019.

 

 

Estudos Universitarios. Os estudos de Grao.

No Espazo Europeo de Educación Superior ( EEES) as ensinanzas universitarias oficiais están estruturadas en tres ciclos:

-Grao,

-Máster e

-Doutoramento.

Os estudos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do estudante dunha formación orientada á preparación para o exercicio profesional.

En xeral, teñen unha duración de 4 anos ou 240 créditos ECTS. Excepcionalmente, algúns Graos teñen unha duración superior, como Veterinaria, Odontoloxía e Farmacia (300 créditos ECTS) ou de Medicina (360 créditos ECTS).

O ECTS ou crédito europeo é a unidade de medida dos estudos. Equivale a 25/30 horas de traballo dedicadas a conseguir os obxectivos previstos no programa da titulación. Están recollidas neste cómputo as horas de clase, as de estudo, seminarios, preparación de avaliacións etc...

Os graos compóñense de materias: de formación básica, obrigatorias, optativas; así como prácticas externas e un traballo fin de grao.

O título oficial que se obtén ao superar estes estudos é o de Graduado/A.

Todos os graos adscríbense a algunha das ramas de coñecemento:

-Artes e Humanidades,

-Ciencias,

-Ciencias da Saúde,

-Ciencias Sociais e Xurídicas,

-Enxeñería e Arquitectura.

Proba de avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade

Condicións xerais da proba:

Versará sobre as materias xerais troncais da modalidade elixida e sobre a materia de Lingua Galega e Literatura II, todas elas correspondentes ao segundo curso de bacharelato e, no seu caso, sobre as materias de opción do bloque das materias troncais de segundo curso.

Estrutura da proba:
A proba estrutúrase en dúas partes denominadas respectivamente Parte Obrigatoria e Parte Voluntaria.

A continuación atoparás información sobre:

 

Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG)

Órgano encargado de coordinar a realización das probas de acceso á universidade en Galicia.

Na súa páxina web atoparás información sobre a proba, sobre o acceso e admisón á univerisdade en Galicia, calendario de realización, exames de acceso de anos anteriores...Ademáis é o portal desde onde facer a presinscripción ( solicitude de praza ) á universidade en Galicia polo que é recomendable familiarizarse con ela.

Ó enlace á páxina é: 

http://ciug.gal/

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer