INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Novas do Ministerio de Educación e Formación profesional

A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central.

No encontro houbo consenso xeneralizado nos seguintes puntos:

-Manter o calendario escolar, acordando:

●Avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre.

●Suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica (3º,6º de primaria e 4º de ESO)

●Aprazar as ABAU:

.As datas para a convocatoria ordinaria serán entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar as cualificacións ata o 17 de xullo, e

.Convocatoria extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

Acordase tamén manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

 

Podes consultar a noticia completa no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer