Escolares
Actividades de Primavera en Bioloxía
Enviado por admin o Mér, 08/05/2019 - 12:22O alumnado de 1º de ESO e de 1º de bacharelato aproveitou os dias solleiros do mes de abril para realizar as súas prácticas de botánica. Este ano centráronse en dous temas concretos:
- Identificación de liques
- Uso de claves para determinación de plantas Cormofitas.
- Elaboración dun caderno de campo
Non tódolos anos nos resulta tan doado o noso xardín para este tipo de prácticas. Pero, nesta ocasión, traballouse ben a gusto. A nosa “oficina” foi o noso propio xardín. Sen saír dela traballouse fluída e eficientemente. Compartimos link do álbum por se queredes baixar as fotos
Obradoiro de extensión de pestanas
Enviado por admin o Mar, 23/04/2019 - 23:26O día 25 de abril no Taller nº 2 terá lugar a celebración dun "Obradoiro de Extensión de Pestanas" para o 1º Ciclo Medio de Estética e Beleza a cargo da relatora Raquel (DVR). O profesorado implicado pola actividade: Asunción Crespo, Beatriz Corbacho e Carla Mujico.
Éxito do MartesScience !!!!
Enviado por admin o Ven, 05/04/2019 - 10:36Rotundo éxito da actividade na que o alumnado de 3º da ESO foi explicando durante a mañá do martes os traballos da materia de Bioloxía ao alumnado de outros cursos do Lamas de Abade.
Nalgún caso incluso outras clases chegaron ao intre da exposición dispostos a compartir experiencias e portando os seus propios traballos para facer intercambio de ideas e experiencias. Parabéns enormes pola iniciativa.
Pulsade na foto inferior para ver o álbum da actividade:
MARTESCIENCE
Enviado por admin o Lun, 01/04/2019 - 12:06
O alumnado de 3º da ESO ten a intención de presentar diante do resto de grupos da ESO os seus traballos desenvolvidos nas materias de Bioloxía e Física e Química.
A Actividade desenvolverase durante a mañá do martes día 2 de abril dende as 9:50 ata as 12:40.
Os grupos que pasarán pola presentación dos traballos no Salón de Actos e recibirán as explicacións dos autores dos traballos seguirán esta orde:
9.50-10.15: 1º ESO A
10.15-10-40: 1º ESO B
10.40-11:05: 2º ESO A
11:05-11:30: 2º ESO B
11:50- 12.15: 4º ESO A
12:15-12:40: 4º ESO B
A organización está a cargo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Treat or trick
Enviado por mma1 o Xov, 01/11/2018 - 11:15Durante esta noite tremeron os alicerces do Departamento de Inglés do Lamas de Abade, removéronse terras e pedras e pola mañanciña apareceron un montón de testemuños escritos e tartas
de ultratumba (aínda que seguro que para os de inglés e para os amantes do Halloween sería máis propio dicir "a lot of afterlife cakes")... Cal é a túa favorita??? Mira algúns detalles no ALBUM COMPARTIDO
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: Obradoiro de baile galego IES Lamas de Abade
Enviado por CarolinaV o Xov, 12/07/2018 - 19:25XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL-FOL
Enviado por Ana.Campaña o Xov, 26/04/2018 - 12:26Ao longo dunha semana pasaron polo centro economistas, reclutadores de recursos humanos, emprendedoras, docentes e sindicalistas que achegaron ao alumnado de ciclos formativos á realidade do mercado laboral e á problemática das profesións dos seus respectivos sectores.
No seguinte documento adxunto podes consultar toda a información sobre cada unha das charlas.
EXPOSICIÓN DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO A TRAVÉS DE LA LITERATURA UNIVERSAL
Enviado por CarolinaV o Mar, 17/04/2018 - 17:53Exposición en pasillo biblioteca del 18 de abril al 20 de mayo
Mural en proceso "SALTADORA CON PÉRTIGA". Xullo 2013, realizado por Inés ,Sara e Marián
Enviado por admin o Ven, 19/07/2013 - 11:11VII SEMANA CIENTÍFICO-CULTURAL NO IES LAMAS DE ABADE
Enviado por bpoti o Mér, 30/03/2011 - 18:01Xuntase programa do ciclo de conferencias e actividades que se van celebrar durante os días 28, 29, 30 e 31 de marzo e 1 de abril no noso centro.