INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

 

INFORMACIÓN FP

       

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

 

Estrea de Memorando

O elenco de Memorando

Onte, venres, 16 de outubro, ás 19:30 h, no Auditorio Cinc da Cidade da Cultura estreouse a curtametraxe Memorando, baseada no guión ganador do VI Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero, organizado pola Deputación da Coruña.
 
O guión foi elaborado por tres alumnas do noso instituto: Ainhoa Caamaño, Elisa Nieves, Xiana Villaverde, como traballo para a materia Cinema e literatura galega. Foi o curso pasdo, cando estudaban 2º de bacharelato. Elas mesms se encargaron da rodaxe da película coa axuda dun director profesional, Omar Rabuñal.
 
Memorando evidencia unha das múltiples caras que amosa o poliedro da violencia de xénero: a violencia económica.A través de tres  personaxes que viven en distintos momentos da historia recente de Galicia, evidénciase como a muller galega tivo que sortear o poder dos homes que a rodeaban (e posiblemente a querían) para manter o seu criterio e defender as súas ideas.
 
Unha escena da curtametraxe
 
A protagonista, Rosa, mentres espera que lle comuniquen o resultado dunha votación crucial na súa vida, observa fotos das súas devanceiras e comproba como as súas loitas que son as loitas de todas as mulleres galegas.
 
Despois da emisión da curtametraxe realizouse un pequeno coloquio sobre a súa experiencia e aprendizaxe e sobre este tipo de violencia de xénero, as veces encuberta e sempre sutil.
 
As ganadoras do concurso, directoras e protagonistas de Memorando
A estrea asistiron María Muíño, deputada de Igualdade da Deputación da Coruña,  Pura Galán, coordinadora dos equipos de Dinamización Lingüística da Coruña e Lola Picón, directora do instituto, ademais de profesores e profesoras do noso instituto.
 
A Deputada de Igualdade, xunto coas protagonistas

 Proximamente subiremos a curtametraxe.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer