Skip to Content

Complementarias

Yaiza Tarrío (2º ESO) e Ainhoa Valiño (1º Bacharelato) premiadas na terceira edición do concurso de vídeos "Informatízate"

Yaiza Tarrío e Ainhoa Valiño con Marta Arca de Plexus Tech

As alumnas Yaiza Tarrío (2º ESO) e Ainhoa Valiño (1º Bacharelato) acadaron o primeiro premio da III edición do concurso de vídeos "Informatízate". organizado pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) e o Departamento de Electrónica e Computaciónda USC. Este concurso ten por obxecto promover a divulgación das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), e contribuír ao cambio dos estereotipos sociais que asocian o traballo en TIC co xénero masculino, utilizando o galego como medio de transmisión do coñecemento, e estimulando a creatividade do estudantado cos medios audiovisuais.

O proxecto gañador destaca o papel da muller no ámbito tecnolóxico e contou coa colaboración de Marta Arca, xerente de proxectos da empresa Plexus Tech, na súa sede central en Santiago de Compostela.

O traballo contou ademais coa participación activa do profesorado Nieves Gómez (Inglés), Beatriz Lloret e Diego Botana (Tecnoloxía) xunto ao auxiliar de conversa de Inglés, Aubrey Benmark.

Parabéns!!! polo proxecto realizado. No seguinte enlace pódese ollar o seu traballo.

Mulleres tech

Informatízate23

 

Alumnado de 2º ESO asistiu ao obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”

Alumnado de 2º ESO no obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”

O alumnado de 2º ESO participou no obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais” impartido por Alba Ramos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Durante hora e media, alumnas e alumnos recibiron, dende unha  perspectiva eminentemente práctica, consellos para unha apropiada xestión da súa identidade dixital, ademais de reflexionar sobre a importancia da ciberseguridade e do uso responsable dos dispositivos e as tecnoloxías. Tamén coñeceron como configurar as opcións de seguridade e privacidade das redes sociais para un uso seguro das que usan máis habitualmente. A actividade está promovida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con AMTEGA.

Alumnado de 2º ESO no obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”

"Torneo de Xadrez" e "Día do Ciclismo" pecharon as actividades do segundo trimestre

O xadrez e o ciclismo foron protagonistas das actividades que celebramos como remate do segundo trimestre deste curso académico 2022/23. Foi na mañá do venres 31 de marzo e  tiveron como escenarios a Biblioteca, cun torneo de Xadrez e o patio cuberto co "Día do Ciclismo", onde se habilitou un circuito para andar en bicicleta.

Torneo de Xadrez na Biblioteca 31/03/23

A crónica do torneo de Xadrez podémola ler en palabras dun dos profesores responsables deste torneo, Víctor González: "O 31 de marzo celebrouse na Biblioteca do IES Plurilíngüe unha nova edición (e van xa.... non se sabe cantas) do torneo de Xadrez Cidade de Valga, que se non acadou aínda o predicamento doutras sedes de prestixio como Linares ou Moscú, non tardará en telo. Meréceo. Polo número de inscricións, que batiu o rexistro de edicións anteriores, polo entusiasmo dos xogadores, polo aseada que foi a organización, polo espazo, que poucos eventos deste calibre poderán presumir dun escenario tan luminoso. Haberá Kasparovs e Karpovs, afamados axedrecistas, que terán envexa de ter coñecemento do torneo que en Valga aconeteceu o 31 de marzo de 2023. A reportaxe fotográfica que acompaña esta literatura da fe do acontecido. Houbo gañadores, claro, pero non podemos dicir que houbera perdedores. Rodrigo Vidal e Xesús Manuel Lafuente acadaron a máxima puntuación, si, pero houbo partidas memorables, deportividade, comunicación e compañerismo. Gañamos todos. De seguir así, hai torneo para rato. Grazas a tod@s".

Premiados Torneo Xadrez 31/03/23

Por outro lado, o ciclismo tivo o seu protagonismo co "Día do Ciclismo", actividade que complementou as charlas didácticas sobre "o mundo do Ciclismo" que tiveron lugar a principios de febreiro. Coa colaboración, novamente, do Club Ciclista Padronés Cortizo, alumnado dos diferentes cursos da ESO e Bacharelato puideron practicar este deporte nun circuíto habilitado para esta ocasión no patio cuberto. A actividade foi deseñada e asesorada por persoal deste club.

Alumnado no "Día do Ciclismo" co aseoramento do Club Ciclista Padronés Cortizo

Alumnado do "Obradoiro de Teatro" asiste á función teatral "Shakespeare en Roma" do CDG

Alumnado do Obradoiro de Teatro na obra "Shakespeare en Roma" do CDG

Un grupo de alumnado deste curso académico 2022/23 está a participar nun obradoiro de teatro dirixido polo profesor de Lingua e Literatura Galega Fran Godón. O alumnado está ensaiando na Biblioteca do noso centro nas tardes dos xoves. Como actividade complementaria deste obradoiro, na tarde do venres 24 de marzo, asistiron á función da obra teatral  “Shakespeare en Roma”, representanda polo Centro Dramático Galego no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén tiveron ocasión de conversar, despois da función, coa actriz protagonista do espectáculo, Toni Salgado que lles comentou aspectos relacionados co mundo do teatro así como respondeu ás preguntas que lles fixo o alumnado. Foron acompañados polo profesorado Vanessa Fernández e Fran Godón.

Un dos ensaios do alumnado do "Obradoiro de Teatro" 22/23

Alumnado premiado nos concursos "Videopoemas" e "Danos a chapa"

O luns 6 de marzo, tivo lugar na Biblioteca a entrega dos premios concedidos polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Igualdade aos gañadores dos concursos "Videopoemas. Día de Rosalía de Castro" convocado polo EDL e "Danos a chapa" polo Equpo de Igualdade.

Foron gañadores do concurso de "Videopoemas" os traballos das alumnas Ana Castroagudín e Nerea Cespón de 3º ESO B xunto ao de Ángela Costa e Paula Costa de 3º ESO A. Entregou o premio o Xefe de departamento do EDL, Fran Godón.

O premiado no concurso "Danos a chapa" foi o alumno de 2º ESO A, Raúl Ferreira. En nome do Equipo de Igualdade, entregou o premio a profesora Maruxa Barca.

Noraboa aos premiados!!!

Premiadas "Videopoemas" Día de Rosalía 2023

Raúl Ferreira, gañador do concurso "Danos a chapa"

                          Logo Ganador "Danos A Chapa" 8M23

Distribuir contido


by Dr. Radut