Skip to Content

Complementarias

Coloquio con Víctor Freixanes e Eduardo Maragoto na Biblioteca do noso Centro

Coloquio venres 8 de abril 2022

O venres 8 de abril, e nas dúas últimas horas lectivas da mañá, contaremos co presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes e da Associação Galega da Língua, Eduardo Maragoto, que participarán nun coloquio que terá como título: “O galego na lusofonía: oportunidades e estratexias”. O acto será na Biblioteca do noso Centro e nela estará presente o alumnado de 1º e 2º Bacharelato.

Entrega de premios do Torneo de Xadrez 2022

Entrega de premios do Torneo de Xadrez 2022

No primeiro recreo do venres 1 de abril, tivo lugar a entrega de agasallos para os gañadores e participantes no Torneo de Xadrez por parte do profesorado organizador desta competición. O acto iniciouse coas palabras de José María Barca, profesor de Matemáticas, e Víctor González, un dos profesores encargados da Biblioteca, agradecendo a participación do alumnado e tamén da colaboración dos profesores Ismael Pan e Fernando Regueira; despois tivo lugar a entrega de premios aos tres primeiros clasificados nas dúas categorías (ESO-Bach e Ciclos) e o sorteo de dous vales entre o alumnado participante. O acto finalizou coa celebración dunha partida de exhibición entre os segundos clasificados do alumnado da ESO e Bacharelato e do Ciclos.
Parabens!!! á organización e ao alumnado participante, desexando que esta actividade siga tendo continuidade no vindeiro curso.

premiados Torneo Xadrez 2022

 

Sara Rodríguez e Noa Piñeiro, alumnas de 2º Bacharelato, participan na XIII Olimpíada de Geografía de España

Sara e Noa de 2º Bacharelato participantes na XIII Olimpíada Geografía de España

Sara Rodríguez Gómez e Noa Piñeiro Caamaño, alumnas de 2º Bacharelato participan entre o venres 1 e o sábado 2 de abril na fase final estatal da XIII edición da Olimpíada de Xeografía de España, que volve a ser en formato presencial, e que terá lugar en Miraflores de la Sierra (Comunidade de Madrid). Desexámoslles moita sorte!!!! e que disfruten desta experiencia xunto a alumnado doutras comunidades españolas.

Alumnado de Ciclos participou no Torneo de Xadrez

Torneo de Xadrez 2022 alumnado Ciclos

O Torneo de Xadrez 2022 chega ao seu fin e o alumnado de Ciclos tamén participou en bo número nesta competición. Un torneo que cada curso que pasa conta con máis participación por parte do alumnado. Parabens!!! a todos os participantes. Lembramos que o venres 1 de abril terá lugar a entrega de premios.

Torneo de Xadrez 2022 alumnado Ciclos

Alumnas de 3º ESO participan en Radio Valga

Alumnas de 3º ESO con Héctor Bermúdez en Radio Valga

As alumnas de 3º ESO: Lucía Abeledo, Alba Casal, Paula Cortés, Carla Herrero, Laura Lorenzo, Martina Miguens. María Romero, Amalia Saavedra, Irene Sanmarco e Clara Troncoso, participaron nas mañá do martes 29 de marzo na programación matinal de Radio Valga. O locutor e director da emisora, Héctor Bermúdez, foi o encargado de ensinarlles as instalacións e funcionamento da radio xunto cunha entrevista, onde contestaron ás preguntas relacionadas coa súa participación no concurso de La Voz de Galicia "Xornalismo na Escola". Lembrar que neste concurso elaboraron unha reportaxe sobre a enerxía fotovoltaica. Esta reportaxe pode lerse no seguinte enlace: https://www.prensaescuela.es/periodismo-escuela/o-papel-clave-da-enerxia-fotovoltaica-na-transicion-enerxetica/#.

Alumnas de 3º ESO en Radio Valga

Distribuir contido


by Dr. Radut