Skip to Content

Complementarias

Novas actividades de prevención organizadas polo departamento de Orientación

Alumnado 4º ESO na charla de prevención sobre alcol e drogas

Alumnado dos Ciclos Básicos de Agroxardinaría e Fabricación Mecánica xunto co de 4º da ESO asistiu, en diferentes sesións lectivas e durante a mañá do venres 24 de febreiro, a charlas enmarcadas dentro do Plan Director para a mellora da seguridade e a convivencia nos centros educativos e os seus contornos, tratando temas como: detectar e actuar en casos da violencia de xénero ou fomentar as relacións sanas; aspectos sobre a incorporación da muller ao mundo laboral e, finalmente, sobre a prevención dos perigos sobre adicións ao alcol e as drogas. Foron impartidas por persoal da Garda Civil de Pontevedra. Esta actividade é organizada polo departamento de Orientación.

Celebramos o Entroido 2023

Entroido 2023

Nas últimas horas do venres 17 de febreiro, celebramos o festival de Entroido. O fío condutor foi a recreación dun anuncio publicitario favorito. O alumnado dos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO xunto co alumnado de Música de 4º ESO e unha parte do profesorado parodiaron diferentes anuncios publicitarios de diferentes épocas e moi coñecidos. O festival foi presentado polo alumnado de 2º Bacharelato Nerea Eitor, Soraya Varela e Samuel Rial. Bo humor, diversión, variados disfraces e coreografías animaron o patio cuberto para o deleite do público asistente. Un xurado formado por seis membros da comunidade educativa, elexido para a ocasión, decidiu os dous premios do concurso, xentileza ambos da ANPA "Bella Otero". O 1º premio consistente nunha xornada de karts no Kartódromo de Casaldeirigo foi para a recreación do anuncio de "Osos Haribo" por parte do alumnado de 4º ESO A e o 2º premio, unha cea de Entroido para todo o grupo, foi para o alumnado de 3º ESO B pola recreación dun anuncio de "McDonald´s". A Vicedirección coa colaboración da ANPA levaron a organización deste festival. Máis fotografías deste evento picando neste enlace.
Noraboa aos premiados e tamén ao alumnado e profesorado participante!!!

Asistentes Entroido 2023

Alumnado Música 4º ESO Entroido 2023

1º premio festival Entroido 2023 4º ESO A

2º premio festival Entroido 2023 3º ESO B

 

Exposición "O Herbario de Rosalía de Castro"

Exposición "O Herbario de Rosalía de Castro"

No corredor da planta baixa e como parte da conmmemoración do día de Rosalía de Castro (23 de febreiro), pódese ollar a exposición  "O Herbario de Rosalía de Castro. Nasín cando as prantas nasen", unha colección de paneis, onde están reflectidas as plantas nomeadas pola poetisa padronesa, ao longo de todas as súas obras. A exposición é unha creación das profesoras da USC María Isabel Fraga Vila e María López Sández.

Exposición "O Herbario de Rosalía de Castro"

Alumnado da ESO asiste a charlas do Plan Director

Alumnado de 3º ESO na charla sobre "Violencia de Xénero" do Plan Director

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO asistiu, durante a mañá do martes 14 de febreiro, na aula de Audiovisuais a unha serie de charlas preventivas incluídas dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. En sesión dunha hora lectiva, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado de 1º ESO  como detectar, e actuar en casos de acoso escolar. Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO coñeceu, entre outros contidos,  como detectar, e actuar en casos da violencia de xénero ou fomentar as relacións sanas.
O alumnado de 4º ESO soubo das especialidades da Garda Civil e aspectos sobre a incorporación da muller ao mundo laboral e, finalmente, o alumnado de 2º ESO  foi informado sobre a prevención dos perigos sobre adicións ao alcol e as drogas.
A actividade foi organizada pola departamento de Orientación.

Alumnado de 4º ESO na charla do PLan Director sobre incorporación da muller ao mundo laboral

Entroido 2023

                  Cartel Entroido 2023

meco2023

 

                    Mandas do Meco

Distribuir contido


by Dr. Radut