Skip to Content

Complementarias

Exposición : "Cambio Climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"

Exposición : "Cambio Climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"

Durante os últimas días lectivos, deste primeiro trimestre do curso, temos no corredor da planta baixa a posibilidade de ollar a Exposición: "Cambio Climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción". A exposición consta de 19 paneis e está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa polo Clima-  que pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.

Ademais preténdese dar a coñecer o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. A exposición tamén intenta estimular a participación e reflexión, propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

Esta producida polo CEIDA e INEGA coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del Clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea.
Exposición : "Cambio Climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Plurilingüe de Valga

Escaleira de violencia. Acto do 25N

Con motivo do “Día Internacional contra a Violencia Machista”, 25 de novembro, a comunidade educativa do IES Plurilingüe Valga celebrou, o venres 24 de novembro, un acto para manifestar o seu rexeitamento en contra de calquera violencia exercida sobre as mulleres e sensibilizar ao alumnado contra esta lacra social. O patio cuberto foi o escenario da actividade programada, centrada na representación da escaleira de violencia a cargo de alumnado de 2º e 4º de ESO, 1º e 2º do Ciclo Básico de Agroxardinaría, 1º de Bacharelato, así como alumnas do Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe. Ademais, en representación do alumnado e profesorado, a alumna Carla Herrero e o profesor Fran Godón recitaron varios poemas relacionados con esta celebración. O acto foi conducido pola profesora Maruxa Barca e, contou co acompañamento musical do alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato, dirixidos polo profesor Ismael Cabaleiro, que versionaron as cancións "Que nadie" de Manuel Carrasco e "A porta violeta" de Rozalén. A actividade foi organizada polo Equipo de Igualdade xunto a Vicedirección.
Alumnado no acto 25N 2023

Mural realizado polo alumnado de 1º e 2º DUAL Soldadura e Caldeiraría

Saída polo concello do alumnado de 1º e 3º ESO dentro do programa TEI

Alumnado 1º e 3º ESO do programa TEI na lagoa de Campaña

O xoves 23 de novembro, o alumnado de 1º e 3º ESO que participa no programa de Titoría entre Iguais (TEI) realizou unha saída pola parroquia de Santa Cristina de Campaña. Visitaron a Ponte do Souto, o embarcadoiro de Santa Cristina e a lagoa de Campaña. A actividade centrouse en coñecer a paisaxe e historia destes lugares, así como recoller a toponimia dos lugares que ían percorrendo. A saída completouse cunha actividade de xogos cooperativos programada polo departamento de Educación Física, no espazo da lagoa de Campaña. O alumnado foi acompañado polo profesorado Esther de Andrés, Lucía Iglesias, Mar Tejero, Lara García, Conchi Paz, Avel Turnes e Alberto Fernández. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física en colaboración cos responsables do programa Titoría entre Iguais (TEI). Por último agradecer a colaboración de Protección Civil do Concello que acompañou a alumnado e profesorado en todo o itinerario realizado.

Alumnado 1º e 3º ESO do programa TEI na Ponte do Souto

Celebramos o Magosto

                      Celebramos o Magosto 2023

O luns 13 de novembro, nas horas lectivas da tarde, celebramos un Magosto. A degustación de castañas xunto cun campionato de brilé centraron as actividades dunha xornada de diversión da comunidade educativa do Centro.

Celebramos o Magosto 2023

Alumnado de 3º ESO participa na videoconferencia «O acoso escolar: ti es importante» dentro do programa TEI

Alumnado 3º ESO na videoconferencia «O acoso escolar: ti es importante»

O martes 14 de novembro e co título «O acoso escolar: ti es importante», o alumnado de 3º ESO asistiu á videoconferencia da profesora e cofundadora da Asociación “No al Acoso Escolar”, Carmen Cabestany. A charla tivo lugar dende a Sede Afundación da Coruña e dentro do ciclo Educación s. XXI Afundación, obra social Abanca. Carmen Cabestany, unha das maiores expertas na loita contra o acoso escolar, explicou nesta conferencia o concepto de acoso escolar, como detectalo e as claves para erradicar o bullying.

Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación e a Vicedirección dentro do programa de Titoría entre Iguais (TEI).

Alumnado 3º ESO na videoconferencia «O acoso escolar: ti es importante»

Alumnado 3º ESO na videoconferencia «O acoso escolar: ti es importante»

Distribuir contido


by Dr. Radut