Skip to Content

Complementarias

Torneo de Xadrez na Biblioteca

Alumnado participante no Torneo de Xadrez 2023/2024 na Biblioteca

Neste segundo trimestre segue desenvolvéndose, durante os recreos, o Torneo de Xadrez 2023-2024 na Biblioteca. O torneo divídese en dúas categorías: na 1ª categoría a competición emparella a alumnado de 1º e 2º ESO, mentres na 2ª categoría faino entre alumnado dos restantes niveis da ESO e Bacharelato.

Alumnado participamte no Torneo de Xadrez 2023/2024 na Bibliotexa

Alumnado dos Ciclos Básicos, Ciclo Medio de FM e 4º ESO asiste a unha charla sobre "As lesións medulares"

Alumnado de Ciclos e 1º Bacharelato na charla "As lesións medulares" por AESLEME

Alumnado de 2º curso dos Ciclos Básicos e de SOCA xunto cos de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron en Audivisuais, na tarde do luns 4 de marzo, á charla: “As lesións medulares” por parte de AESLEME. Esta asociación nacional, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, dedicada á prevención de lesións graves por siniestros viais, transmitiulles as posibles consecuencias dos accidentes de tráfico, intentando conseguir diminuír o número de personas que sofren estas consecuencias. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Alumnado da ESO asiste a charlas do Plan Director

Alumnado de 1º ESO na charla do Plan Director "Seguridade nas TIC"

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO xunto o de 1º e 2º dos Ciclos Básicos de Agroxardinaría e Soldadura e Caldeiraría, asistiu, durante esta semana, na aula de Audiovisuais a unha serie de charlas preventivas incluídas dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. En sesión dunha hora lectiva, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado de 1º ESO  todo o relacionado coa seguridade nas TIC e ciberseguridade. Pola súa parte, o alumnado de 2º ESO  aprendeu como detectar e actuar en casos de acoso escolar e ciberacoso.
O alumnado de 3º ESO foi informado sobre a prevención dos perigos sobre adicións ao alcol e outras drogas. O alumnado de 4º ESO coñeceu, entre outros contidos, como detectar, e actuar en casos da violencia de xénero ou fomentar as relacións sanas. Finalmente, o alumnado dos Ciclos Básicos de Agroxardinaría e Soldadura e Caldeirería  foi informado sobre a prevención dos perigos sobre adicións ao alcol e outras drogas.
A actividade foi organizada pola departamento de Orientación.

Alumnado de 3º ESO na charla do Plan Director "Prevención do alcolismo e outras drogas"

Alumnado de 2º ESO asistiu ao obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”

Alumnado de 2º ESO no Obradoiro: Alumnado de 2º ESO no obradoiro “Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais”

O alumnado de 2º ESO participou no obradoiroIdentidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais” impartido por Manuel Rivas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Durante hora e media, alumnas e alumnos recibiron, dende unha  perspectiva eminentemente práctica, consellos para unha apropiada xestión da súa identidade dixital, ademais de reflexionar sobre a importancia da ciberseguridade e do uso responsable dos dispositivos e as tecnoloxías. Tamén coñeceron como configurar as opcións de seguridade e privacidade das redes sociais para un uso seguro das que utilizan máis habitualmente. A actividade está promovida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración con AMTEGA.

Obradoiro "Identidade Dixital e Xestión Segura das Redes Sociais" para o alumnado de 2º ESO

Celebramos o Entroido 2024 no patio cuberto

Batucada polo alumnado de Música

Na mañá do venres 9 de febreiro, celebramos o festival de Entroido. O fío condutor foi a recreación de diferentes obras pictóricas da Historia da Arte. O festival foi presentado polo profesor Avel Turnes e nel, actuaron o alumnado dos cursos da ESO xunto co de Bacharelato, Ciclo Básico de Agroxardinaría e do 2º curso do CS de Construcións Metálicas, parodiaron cadros representativos de diferentes épocas como "As Meninas" ou "A última cea". As actuacións acabaron representadas na estrutura realizada para a ocasión polo alumnado dos Ciclos Básicos de Soldadura e de Agroxardinaría. Despois da actuación e, mentres o xurado deliberaba, o alumnado de Música deleitou aos asistentes cunha batucada, no que interpretaron unha mestura de ritmos procedentes de Xamaica e Brasil. Para ela empregaron tambores, que construíron con materiais reciclados. Un xurado formado por seis membros da comunidade educativa, elexido para a ocasión, decidiu os tres premios do concurso, xentileza da ANPA "Bella Otero". O 1º premio consistente nunha xornada de karts no Kartódromo de Casaldeirigo foi para a recreación do cadro "As Meninas" por parte do alumnado de 2º CS de Construcións Metálicas, o 2º premio, unha cea de Entroido para todo o grupo, foi para o alumnado de 2º Bacharelato B pola recreación do cadro "Convergence" de Pollock e o 3º premio, tamén unha xornada nos karts, para o alumnado de 1º Bacharelato A pola súa actuación arredor do cadro "A Gioconda". A Vicedirección coa colaboración da ANPA levaron a organización deste festival.
Noraboa aos premiados e tamén ao alumnado e profesorado participante!!!

Alumnado Ciclos Básicos Soladura e Agroxardinaría coa estrutura para o  festival Entroido

Alumnado 4º ESO B no festival de Entroido 2024

1º premio festival Entroido 2024, alumnado 2º CS COME

2º premio festival Entroido 2024  2º Bacharelato B

3º premio festival Entroido 2024 1º Bacharelato A

 

Distribuir contido


by Dr. Radut