Skip to Content

Seguimento da folga do 8M-2019

fffffffffffffff

Datos do seguimento da folga do 8 de marzo de 2019 no IES de Mugardos:

  

PERSOAL (docente, non docente e cafetaría)

Seguimento total (homes e mulleres)

39%

Seguimento feminino (só mulleres)

69,5%

Só profesoras: 83%

 

ALUMNADO (ESO, Bacharelato, FPBásica)

Seguimento total (homes e mulleres) 

79%

Seguimento feminino (só alumnas)

92%

  

Entroido, 2019

 

Gran xornada de entroido a vivida este venres no instituto que contou coa participación e bo comportamento de toda a comunidade. As familias do alumnado de 4.º ESO achegaron as larpeidas desta época que se venderon durante os recreos. Houbo cantidade e calidade nos disfraces, tamén do claustro docente. O departamento de Educación Física organizou unha divertida xincana de busca e orientación... e a cafetaría puxo a chocolatada final.

Viva o entroido.

Proceso de admisión para o curso 2019-2020

 
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 

CURSO 2019-2020


FORMULARIO
Os impresos entregaranse
de balde e tamén se poden
descargar nesta páxina para
a súa impresión e entrega
na secretaría do centro.

 

 

NOTA
INFORMATIVA

 

 

Sede electrónica:
Procedemento ED550B

 

Consellería de Educación
Páxina

   

A partir do 1 de marzo ábrese o período de solicitude de praza de novo alumnado. O prazo de entrega de solitudes abrangue ata o 20 de marzo.

VACANTES

Logo do proceso de reserva e permanencia, o IES de Mugardos ofrece os seguinte postos escolares vacantes para o curso 2019-2020:

- 1.º ESO: 31 (6 NNAE)
- 2.º ESO: 23
- 3.º ESO: 18
- 4.º ESO:  34

- 1.º Bacharelato: 32
- 2.º Bacharelato: 17

DOCUMENTACIÓN:

DNI da alumna/o, libro de familia ou outro documento acreditativo da idade.

BAREMACIÓN:

Non se prevé necesaria. No caso de haber máis solicitudes que prazas, a documentación acreditativa dos criterios alegados para solicitar a praza entregarase do 1 ao 12 de abril.

O centro non aplicará ningún criterio complementario para puntuación de acceso.

CALENDARIO

As listaxes provisionais de admitidos/non admitidos publicaranse antes do 25 de abril.

As listaxes definitivas de admitidos/non admitidos publicaranse  antes do 10 de maio.

A matrícula dos alumnos/as admitidos terá lugar do 25 de xuño ao 10 de xullo para os aprobados na convocatoria ordinaria e no mes de setembro, do 1 ao 10, para os pendentes de exames de setembro. 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 1600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de Bacharelato como da ESO.

Reunión do club de lectura (4.º ESO)

Este martes, como de costume entre o remate do xantar no instituto e o comezo das clases da tarde, tocou reunión do club de lectura na biblioteca. Nesta ocasión foi o club de lectura de 4.º ESO e a obra seleccionada, A metamorfose de F. Kafka. De seguro que coa profesora Begoña Allegue tiveron unha boa conversa arredor deste clásico da literatura universal.

Salón de Actos

O salón de actos estivo esta semana moi concorrido con diferentes actividades. Entre elas salientamos as charlas do martes para 2.º ESO sobre condutas infractoras e a lei do menor; o mércores para 2.º bacharelato sobre a oferta da Universidade da Coruña; e o xoves, para 1.º ESO, sobre as consecuencias do consumo de alcohool en menores dentro do programa Apuntámonos a non beber.

Distribuir contido


by Dr. Radut