![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Actividades
Taller de LETTERING (Biblioteca) - Mércores, 2.º recreo)
Enviado por admin o Dom, 20/11/2022 - 15:46Reunión de titorías cos pais e nais (Martes, 11 de outubro)
Enviado por admin o Ven, 30/09/2022 - 14:15Reunión inicial para o comezo CUALE Inglés A2,B1 e B2 (6 de outubro - 16:00 h)
Enviado por admin o Mér, 28/09/2022 - 19:23Proxecto de vida activa e deportiva (Curso 2021-2022)
Enviado por pcantero o Lun, 20/06/2022 - 19:57Excursión ao complexo acuático de Cerceda
Enviado por admin o Mar, 14/06/2022 - 20:43O alumnado de 2.º ESO, acompañado dos profesores Mikel Pasabant e José Luis Mayobre, gozou este luns dunha intensa xornada de no Aquapark de Cerceda.
Programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Inscrición
Enviado por admin o Xov, 02/06/2022 - 22:54
O IES de Mugardos en colaboración coa ANPA O Castro acolle o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Trátase de clases de tenis completamente de balde (monitores e materiais) para os nenos e nenas menores de 16 anos. O período de actividade realizarase segundo a elección preliminar das familias entre as entidades suscritas ao programa e meses e horarios dispoñibles. No noso caso comezará no vindeiro mes de xullo polas mañás e continuará polas tardes o primeiro trimestre do vindeiro curso (tardes). O formulario de inscrición permite gran flexibilidade de elección entre horarios e meses.
- Menores de 16 anos.
- Grupos reducidos (entre 4 e 8) formados segundo a idade e logo o nivel.
LUGAR:
Pavillón e pista deportiva do instituto
HORARIO:
Xullo, en días e quendas de mañá a elixir os días
Setembro, outubro e novembro: de luns a xoves en quendas de tarde a elixir os días
INSCRICIÓN
Establécese un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis. Na súa páxina web está dispoñible todo o catálogo de actividades e entidades que as acollen.
Fomulario de inscrición do IES de Mugardos
Ademais, tamén poderíamos ter esta actividade gratuíta en varios clubs de tenis da zona, sobre todo para o mes de agosto:
22 de decembro: entrega de notas (mañá) e simulación de ensino non presencial (tarde)
Enviado por admin o Lun, 21/12/2020 - 12:53Estimadas familias:
Mañá martes, 22 de decembro, remata a actividade lectiva deste ano. Como fin do trimestre entregaránselle ao alumnado pola mañá os boletíns de notas e publicaranse máis tarde, asemade, na aplicación AbalarMóbiles.
Por outra banda, para as sesións lectivas da tarde dese día, realizaremos unha simulación de ensino non presencial. No documento achegado pode consultar as indicacións da actividade.
Entre as medidas contempladas no Plan de Continxencia, figura explicitamente a comunicación á comunidade educativa das medidas adoptadas para continuar co ensino non presencial no caso de peches de aulas ou de todo o centro. Neste suposto, a actividade lectiva manteríase nun horario semellante ao presencial, pero adaptado aos medios telemáticos a través de ferramentas dixitais: videoconferencia e aulas virtuais. Na mesma páxina web do instituto poderá atopar estes “horarios espello” por grupos e niveis.
Por último, informamos que o venres 8 de xaneiro está autorizado como día non lectivo do centro. Daquela, as vacacións de Nadal para a IES de Mugardos abranguerán ata o día 11 de xaneiro.
Boas Festas e Mellor 2021.
3.º premio na VII Olimpíada Filosófica de Galicia (categoría de disertación)
Enviado por admin o Sáb, 22/02/2020 - 21:08
![]() |
Sofía Cao 1.º Bacharelato 3.º premio
|
A fase final tivo lugar o xoves, 20 de febreiro.
Podemos ler o artigo de Sofía Cao "Todos podemos ser un heroe" na revista Filoxornal publicada o 21 de novembro, Día Internacional da Filosofía.
O pasado venres, 24 de xaneiro, as alumnas de bacharelato Iria Fernández, Yuxin Zheng, Marta Ibón, Sofía Cao e Esther Rodríguez acompañadas da profesora Ofelia Lubián asistiron á Olimpíada Galega de Filosofía. A súa participación este ano foi na modalidade de Disertación sobre " O camiño do mito ou o mito do camiño". As probas tiveron lugar na Faculade de Filosofía de Santiago de Compostela.
Contra as violencias
Enviado por admin o Mér, 22/11/2017 - 22:43
Na véspera do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º, 3º, 4º ESO e 1º bacharelato asistiu a unha charla coas integrantes do Patronato Concepción Arenal. O acto estivo integrado na campaña En negro, contra as violencias.
Tamén se proxectou o video coordinado polas profesoras Olga Cabalar e Begoña Allegue sobre os estereotipos machistas na publicidade. Observade con atención como se trataba á muller hai tan só unhas décadas e como o alumnado da ESO e Bac. lle deron a volta.
