FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Espazo PIALE
Difusión da experiencia PIALE en Canadá
Enviado por admin o Xov, 04/01/2024 - 15:15Na mañá do pasado 21/12/23, o noso compañeiro do Departamento de Matemáticas, Fabio González, ofreceunos unha presentación sobre da súa estadía na cidade de Toronto, dentro do marco do programa PIALE, para a mellora de competencias lingüísticas do profesorado galego.
Ante a presencia dunhas doce docentes e corenta alumnas e alumnos, explicounos a súa integración no instituto canadense Forest Hill Collegiate Institute e as súas impresións sobre o sistema educativo da provincia de Ontario e o modo de vida na devandita metrópole.
Ademais, dentro do contexto de internacionalización no que está encadrado o IES de Mugardos, animounos a participar neste tipo de iniciativas de inmersión, polas riqueza achegada neste tipo de experiencias con estudantado e docentes doutros países.
Sistema educativo de Québec
Enviado por Mara o Lun, 23/11/2015 - 22:37Enlace a unha páxina oficial do ministerio de educación de Quebec, con información sobre o sistema educativo:
http://www.education.gouv.qc.ca/en/teachers/programs-of-study/