|
|
![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
> Plan de adaptación
|
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
|
Nesta entrada acharedes información sobre tres importantes aspectos a ter en conta unha vez superada a avaliación:
PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS |
Ademais de solicitar unha revisión dagunha proba con explicacións do profesor/a, todas as cualificacións que consideres non axustadas a un dos seguintes supostos son reclamables: E ademais poderás facer constar as observacións que consideres oportunas para que sexan tidas en conta na reclamación. Tamén é moi importe o prazo:
A reclamación preséntase por rexistro de secretaría cun modelo de instancia ou o seguinte formulario.
Máis información: |
EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO |
En primeiro lugar, cómpre cubrir correctamento o impreso de pagamento das taxas:
As cantidades dos importes poden ser diferentes segundo a familia:
IMPORTANTE: o resgardo de aboamento na entidade bancaria, debidamente selado, débese entregar na oficina do instituto. |
MATRÍCULA NA ABAU |
TAXAS: Efectuar o pagamento na entidade bancaria. IMPRESO: Cubrir o impreso de matrícula do xeito máis claro e limpo posible. Impreso para pre-matrícula na ABAU (presentar no instituto) |
Horario das probas
Lugar
Comisión Delegada 1142
Escola Universitaria Politécnica. Campus de Serantes. Ferrol
Transporte:
O instituto ofrece autobús desde Ares e Mugardos só para o primeiro día (7 de xuño)
¿Quen dixo que a ciencia carece de sentimentos? aqui está a rapazada de 3ºESO para amosar o contrario...co gallo da táboa periódica que lles ten que empezar a resultar familiar propuxemos unha idea un pouco tola: ¿Por qué non resumimos o que foi o ano escolar no IES Mugardos aproveitando os símbolos químicos dos 118 elementos coñecidos? Pois alá se puxeron a combinar fotos, palabras e frases coas que quixesen retratar momentos ou sensacións importantes para eles durante este curso...e a verdade, quedou cuquiña.
Moi ben por todos...agora só queda esperar a que se publique o sentimento numero 119...perdón elemento ;-)
Este luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores. Para completar a festa actuou a cantautora MJ Pérez.
Ás veces non somos realmente conscientes do que temos ao noso arredor e desde o punto de vista industrial é un pouco o que pasa en Mugardos. Forestal del Atlántico é unha empresa punteira dentro de Galicia e que despunta a nivel nacional. Podemos entrar no debate que sempre levan aparelladas este tipo de cousas e analizar os pros e as contras medioambientais, estéticas ou adxectivos varios. Pero o que é innegable e a cantidade que procesos físicos e químicos que se desenvolven nas súas instalacións e que están sometidos constantemente a un estricto sistema de control interno e externo para non saír nos xornáis por outros motivos que non sexan, por exemplo, por ser afortunada receptora dun proxecto a nivel europeo para financiar a produción de metanol por vías ecolóxicas (o chamado metanol verde), proxecto moi esperanzador de cara ao futuro. Se a isto lle engadimos que dispón dunha planta de coxeración de enerxía, dun laboratorio moi ben dotado para análise químico-físico, dunha parte dedicada á producción de colas moi importante na industria do taboleiro, outra que produce novolacas de uso en sanitarios (a empresa Roca é o principal destinatario), industria do automóbil...etc, que recepciona nas súas intalacións envíos marítimos como os de disolucións de sosa ao 50% da empresa Ercros e outros varios que se presten a empregar os seus pantaláns...non podíamos deixar de facer unha visita e comprobalo in situ.
Esta mañá, baixo a atencion exquisita de José Manuel Pena Salido, director do departamento de Seguridade, Medio Ambiente e Calidade e varios dos seus compañeiros ao longo de todas as instalacións, o alumnado de ciencias de 2º BAC do IES de Mugardos puido comprobar persoalmente todo o anteriormente mencionado. Parabéns a todos os responsables polas explicacións e o trato proporcionado e ao alumanado polo comportamento exemplar.
A partir de agora cando se fale de Forestal del Atlántico na súa presenza xa poden opinar con propiedade e fundamento, que diso se trataba.
Parabéns a todos os participantes no I certame de fotografía científica no IES de Mugardos porque ao final a calidade do material presentado foi moi salientable. No arquivo que se achega atoparades o veredicto máis polo miúdo e tamén varias imaxes que cómpre salientar aínda que non puidesen conseguir o premio, pero que dun xeito ou outro lograron o obxectivo principal na fotografía, que é transmitir.
Non obstante aquí tedes os gañadores:
Alejandro Cartelle pola hipnotizante captura da irreversibilidade a través dun proceso de combustión, digno da mellores portadas do suplemento dominical.
E Sandra Romero polo traballo fotográfico feito nunha magnífica colección de instantáneas, entre as que salientamos este perigoso e perfecto traxe de xeo feito a medida para unha inocente planta:
O alumnado de 2.º ESO e FP Básica compartiu este martes a visita a outros centros de ensino. A saída comezou polo CIPF Ferrolterra no que recibiron explicacións sobre os diferentes ciclos que imparten alí. Na segunda parte da xornada desprazáronse ata o CFEA Sergude, un centro especialidado na familia profesional agraria.
Desta volta entre o departamento de Física e Química e o de Plástica puxemos ao alumnado de 3ºESO a buscar coas súas cámaras un novo punto de vista sobre o que acontace ao noso arredor. A ciencia, a través das súas manifestacións cotiás, envolve todas as nosas accións e ás veces somos quen de captalas e inmortalizalas. Deixamos que sexades vos os que valoredes se acadaron este obxectivo ou non. Eu coido que sí. As dúas mellores fotografías terán un pequeno agasallo como recoñecemento á súa perspicacia científica ou calidade técnica. No arquivo que se xunta podedes velas todas en detalle.
O alumnado de 4.º ESO-B e FPBásica I gozaron ao longo da mañá deste martes dos seus respectivos premios no concurso de disfraces de aula do entroido. Nun caso desprazáronse ata as instalacións de Humor Amarelo na Coruña e noutro, ao Sould Park Jump de Narón. Trátase, asemande,das primeiras saídas en autobús coas que o centro pretende ir cara á normalidade das actividades complementarias e extraescolares.
Neste día facemos unha pequena escolma de poemas inspirados no mar e lembramos ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Florencio Delgado Gurriarán.
![]() |
AVISO: Xa están dispoñibles para a súa recollida na secretaría do centro os títulos degraduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e FP Básica do curso 2019-2020 e anteriores. Para poder recollelo é imprescindíbel que o realice persoalmente o/a interesado/a e que acredite a súa identidade mediante o DNI. |
O equipo formado por Uxía Mesía, Lía Rodríguez, Carlota Vidal e Yoel Sanjuán coordinado pola profesora Ofelia Lubián participaron a pasada fin de semana na fase clasificatoria da 13ª edición do Parlamento Xove.
O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. Neste caso o tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente? A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.
Malia non clasificarnos para a fase final, a experiencia sempre resulta enriquecedora. O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia.
O alumnado 1.º bacharelato participou con varios traballos de creación e documentación no concurso escolar «Que sucedeu en Ferrol o 10 de marzo de 1972?» Tratouse dunha actividade moi especial pois este ano conmemórase o 50 aniversario daqueles acontecementos.
A entrega dos premios realizouse no centro cultural Torrente Ballester. Resultou seleccionado co premio á creatividade o vídeo producido polos alumnos Miguel Ángel Rincón, Daniel Pico, Elisabeth Bejarano, Rubén Lamzildi, Beatriz Arias e Yoel Sanjuán, dirixidos polo profesor David Millán.