Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Criesto s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

    
PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
  EDIXGAL MOODLE ABALAR  
       
   REDES     VIDEOCONFERENCIA 
 

        

Titorías e delegados

Reunión das familias coas titorías

  1.º e 2º ESO  3º. e 4.º ESO - FPB - 1.º Bach.  
               

Xustificante de faltas de asistencia

Xustificante de faltas de asistencia para cubrir os pais, nais ou titores legais dos alumnos/as e entregar ao titor/a.
Tamén figura como documento adxunto que se pode abrir e imprimir.

Impreso: Xustificantes de faltas

Mediadores

MEDIADORAS 

  • Sara Vázquez 
    (1º. BAC)
  • Mercedes Rodríguez 
    (1º. BAC)
  • Iria Regueiro 
    (2º. BAC)
  • Carmen Sanmartín 
    (2º. BAC)
  • Verónica González 
    (2º. BAC)
  • Delia Rodríguez 
    (2º. BAC)



   

Que é a mediación?
É un método para a resolución de conflitos no que dúas partes enfrontadas recorren, de forma voluntaria,a unha terceira imparcial -o mediador- para chegaren a través do diálogo a un acordo satisfactorio.

Característica da mediación?

  • É voluntaria
  • As persoas implicadas sempre gañan. É un acto cooperativo, non competitivo. "Se eu gaño, ti gañas".
  • Está orientado cara ó futuro.
  • O proceso de mediación é confidencial.
  • O mediador debe ser neutral, non toma decisións  nin xulga. Favorece a comunicación entre as partes en conflito para que se propoñan solucións e cheguen a un acordo.

E se quero ser mediador?
A mediación pode solicitarse no Departamento de Orientación do centro. Desde alí informarán de todo o proceso a seguir.

Quen pode ser mediador?
Calquera membro da comunidade educativa. Para ser mediador cómpre unha mínima formación que se adquire mediante a asistencia a un curso que será impartido no centro.

 

+ Info: Departamento de Orientación

Alerta Escolar

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha desde o curso 2007-08, o programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.

Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.

Normas para a elección de delegados/as

NORMAS PARA A ELECCIÓN DE DELEGADOS/AS

  1. As eleccións para designar representantes do alumnado serán convocadas e coordinadas polo titor/a e a Xefa de Estudos.
     
  2. O nomeamento terá a duración do ano académico e o cesamento producirase con anterioridade do período sinalado polas seguintes causas:
    • Traslado do interesado/a.
    • Dimisión do interesado/a
    • Petición dos 2/3 do alumnado do grupo, previa aprobación do titor/a.
    • Apertura de expediente ao interesado/a
       
  3. As reclamacións que puidesen producirse contra o desenvolvemento das sesións serán elevadas ao titor/a, que resolverá á vista das alegacións presentadas.
     
  4. Cada grupo elixirá dous representates, que serán o delegado/a e subdelegado/a respectivamente.
     
  5. Poderán ser electores e elixidos todos os alumnos/a do grupo.
     
  6. Os titores/as coordinarán o proceso electoral na hora de titoría na aula do grupo.
     
  7. A Mesa Electoral estará composta polos seguintes membros:
    • O titor/a como Presidente
    • Dous alumnos/as designados por sorteo: o máis novo acturará como Secretario para levantar a Acta que será  arquivada polo titor/a, a Xefatura de Estudos ou o Departamento de Orientación.
       
  8. O quórum esixible será de 2/3 do alumnado do grupo.
     
  9. A votación será nomal e secreta. O Presidente chamará ao alumnado por orde de lista e recollerá as súas papeletas. En cada unha figurará soamente o nome dun alumno/a. Anularanse as papeletas que non cumpran ese requisito.
     
  10. Se un alumno/a acada máis do 50% dos votos emitidos, tanto el como o que lle siga en número de votos serán designados representates do grupo.
     
  11. Se na primeira votación ningún alumno/a acada esta porcentaxe, efectuarase unha segunda votación entre os catro alumnos/as que obtiveran o maior número de votos, procedéndose a designar como representante aos que obteñan maior número de votos.
     
  12. En caso de empate nun dos casos anteriores, realizarase unha votación entre os empatados/as.

ACTA

Distribuir contido