Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Novas

Libros de texto e material. Curso 2024-2025

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO
PARA O CURSO 2024-202
5
1.º ESO

 Programa E-DIXGAL.
Libros dixitais

2.º ESO
3.º ESO Fondo solidario
e axudas para
material escolar

4.º ESO
LISTAXE COMPLETA
1.º Bacharelato

Banco de Libros
da ANPA

2.º Bacharelato

 

Calendario e sobres de matrícula (Curso 2024-2025)

 

 

Sobres de matrícula

                                             

 

Feira Científica Intercentros Mugardos-Neda

Na mañá do pasado 19/06/2024 celebramos a nosa Feira Científica anual, organizada polo alumnado e profesorado do Curruncho da Ciencia. Este curso quixemos enriquecela e contamos coas nosas compañeiras do IES Fernando Esquío de Neda. 

A Feira tivo dúas fases, a primeira no IES de Mugardos, entre as 9.30 e as 11.30 e a segunda en Neda, entre as 12.00 e as 14.00. Contamos con postos moi diversos, tocando varios eidos como poden ser a nutrición, os primeiros auxilios, a fabricación de biodiésel, papiroflexia, investigación estatística, enredos matemáticos ou fabricación cosmética.

Dada a elevada participación en ámbolos dous centros e os comentarios recibidos por parte de alumnado e familias, consideramos que esta actividade foi todo un éxito e emprazámonos ao vindeiro curso 2024/25 para seguir divulgando contido científico. 

Moitas grazas a todo ao alumnado participante de senllos institutos pola vosa implicación nos proxectos propostos. A calidade das exposicións foi moi alta.

Grazas tamén a todo o profesorado participante polo vosa dedicación e tempo. Nomeadamente, Ana Polo, Laura Viñas, Juan José Guillín, Serafín Álvarez, Alba Monteagudo, María Fernández e Fabio González.

Cartaz

      

Megabau (Mellores Expedientes)

Parabéns ao nosos representantes no acto de recoñecemento aos Mellores Expedientes de Galicia na ABAU 2024 (#megabau): Yara Sienra, Marcos Cordeiro e Juan Fernández.

Calendario da convocatoria extraordinaria (Bacharelato e FPB)

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Curso 2023-2024

1.º Bacharelato

   

FP Básica

  

 

 

 

 

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar

 

 

- NORMATIVA REGULADORA:

  • Orde de 7 de maio de 2024 (DOG 20-5-2024) Descarga en Versión Web - Versión PDF
  • Renda per cápita familiar: terase en conta o execicio fiscal de 2022
  • Situación persoal e composición da unidade familiar: referido ao 31-12-2022

- FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO:

  • Pode solitar axudas para adquisición de materiral escolar todo o alumnado matriculado na ESO para o vindeiro curso.
    Os niveis de renda per cápita para todo o alumnado da ESO (incluído o dos cursos Edixgal) é o seguinte:
    • Renda per cápita da unidade familiar igual ou inferior a 6.000€: corresponde vale de 75€
    • Renda per cápita da unidade familiar entre 6.000 e 10.000€: corresponde vale de 60€
    • Renda per cápita da unidade familiar superior a 10.000€: Non ten dereito a vale
  • Poden solicitar as axudas do FONDO SOLIDARIO os matriculados no vindeiro curso en 3.º e 4.º ESO.

- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

- DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO DO CURSO 2023-2024

  • Na Secretaría do centro.

VIAXES DE ESTUDOS E FIN DE CURSO

 

Portugal, 25 de abril (Aveiro, Lisboa, Coimbra)

21 - 26 de abril
Portugués


Patio da Universidade de Coimbra

 

       
 
       
 
       
 
       
   

 

 


 

Spring Week -  Inmersión lingüística

14 - 20 de abril
Inglés

O alumnado de 4º de ESO participa no programa de inmersión lingüística "Spring Week" que se está a levar a cabo en Mondariz. Acompaña o titor Andrés Ferreira.

Spring WeeK trátase dunha experiencia lingüística que ten lugar nesta ocasión na localidade de Mondariz. Están desenvolver actividades relacionadas coas enerxías renovables, acción polo clima e sustentabilidade, empregando o inglés como lingua vehicular. Ao final da semana terán que presentar e expoñer en grupos os seus proxectos.

Asemade mellorarán as súas habilidades de traballo en equipo, comunicación na lingua inglesa, e socialización, xa que conviven con nenos e nenas doutros centros educativos de Galicia.  Ademais no tempo libre realizan actividades de lecer.

 

 


 

Viaxe de estudos a Bruxelas e cidades belgas
11 - 15 de abril 
2LE - Francés

Alumnado de francés acompañados da profesora Ana Sánchez

 

 

Punto laranxa

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de  alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato pode ser ás veces un refuxio seguro á hora de comunicar estas situacións, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

 

 COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?

 1. Escribe, se o desexas de maneira anónima, a túa mensaxe nun lugar onde te esteas seguro/a.

 2. Localiza o Punto Laranxa .

 3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no centro.

 Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Formulario electrónico  cuxa ligazón que atoparás en todas as paxinas da web do centro.

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

Comezo da convocatoria de bolsas MEC 2024-25

 

 

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 

Para alumnos/a que no curso 24/25 estean matriculados/as en:

  • Bacharelato

  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados

  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior

  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores

  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

  • Ensinos deportivos

  • Estudos relixiosos superiores

  • Formación Profesional de Grao Básico

  • Ensino universitario: Grados, Máster...

 

COMO SOLICITALA?.

 

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICAhttps://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

2. REXÍSTRATE.

 

  • Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

 

  • Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar.

  • Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.

 

  • Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:

 

  • Çon Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou

  • Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.

     

3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

 

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:


DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS

XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

  • PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)

     

  • PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es

     

  • DURANTE OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO AO CORREO ELECTRONICO

  • Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.

Acreditación da competencia dixital (4º. ESO e 2.º Bach.)

Solicitude de inscrición na probra
de acreditación dixital
(4.º ESO e 2.º bach.)

 

A acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4ºESO e 2º de bacharelato no curso 2023/24 regulouse nas seguintes instrucións Información acreditación

  • Os alumnos de 4º ESO terán unha proba para obter o nivel intermedio.
  • Os alumnos de 2º Bacharelato terán unha proba para obter o nivel intermedio (área de dominio 4).

Podedes facer a solicitude de inscrición das probas específicas na secretaría do centro ata o venres, 15 de marzo inclusive.

Saída ao CITEEC e ao CIFP Someso

No día de hoxe, o alumnado de 3ºESO e do Club de Ciencias, na compaña dos profes Miguel Poncela e Fabio González, gozou dunha dobre visita na cidade da Coruña.

Dunha banda, guiadas polos investigadores Gonzalo García-Alén, Luís Pena e Luís Cea, percorremos as instalacións do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil) da UDC, onde puidemos comprobar como se está a modelar con tecnoloxía punta as inundacións e enchentes nos cursos fluviais e nas vilas galegas. Tamén nos mostraron modelos a escala para calibrar o comportamento de presas e outras infraestruturas hidráulicas. Amais, aproveitamos a visita para coñecer a Escola Técnica Superior de Enxeñeiras de Camiños, Canles e Portos, da propia UDC, onde xogamos con estruturas de diferentes tipoloxías.

Doutra banda, o profesor do Departamento de Edificación do CIFP Someso, Juan Bello, amosounos a súa popular "vieira", un edificio senlleiro proxectado seguindo os principios de bioconstrución. Tamén puidemos pasear pola mostra de fornos e cociñas solares, emprazándonos a un futuro obradoiro para aprender máis sobre deste método de cociña sustentable e respectuosa co medio ambiente.

CIFP  CITEEC

 

CITEEC presa  CITEEC modelo

 

CIFP vieira  CIFP fornos

Inicio do procedemento de admisión

CURSO 2024 - 2025

Solicitude de Reserva

Prazo aberto

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Solicitude de reserva

1.º ESO

Centros adscritos

    

Solicitude de reserva

1.º Bacharelato

Centros adscritos

 

Bono Económico Alumnado Federado e Fútbol Feminino

 Desde a Xunta de Galicia habilítase unha axuda económica ás familias do alumnado que participa no Plan Xogade. No noso caso, contamos cos equipos de fútbol feminino podendo pedir estas familias este bono deportivo. Desde a web dan a entender que este bono tamén está habilitado para o alumando que ten unha ficha federativa nalgún deporte.

Este bono serve para a compra de material e equipamento deportivo para o alumno/a e a contratación de servizos relacionados coa práctica deportiva nos establecementos comerciais e entidades deportivas adheridos ao programa.

  • Os bonos descárganse a través da páxina web www.bonodeporte.gal. O identificador son as iniciais do nome e apelidos seguidos da data de nacemento. Ej: Juan Boto Novo 14/12/1998 sería jbn141298.
  • A descarga do bono estará dispoñible ata o 29 de febreiro de 2024. Unha vez desbloquéase disponse dese bono ata o 1 de xullo de 2024.
  • Cada bono terá un valor de 120€ e valorarase como un desconto do 80% na compra ou servizo adquirido.

Teléfono para resolver dúbidas: 881996344

Correo para dúbidas: bonodeporte@xunta.gal

AVISO: número premiado no sorteo da cesta de Nadal

 

A persoa posuidora da papeleta co número 30578 pode contactar co centro a través do correo electrónico ies.mugardos@edu.xunta.gal

 

Entrega dos alimentos non perecedeiros a Cáritas

Grazas á xenerosa colaboración da comunidade educativa, un ano máis realizamos a entrega de alimentos non perecedeiros a Cáritas Parroquial de Mugardos. Grazas

Folga estudantil (Xoves, 26 de outubro)

 

NOTA: Pregamos desculpas polo erro nas datas que figuran na circular en papel entregada ao alumnado.

O Curruncho da Ciencia

Botamos a andar.

Gústache a ciencia e sábelo!

Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso. 

Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.

Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.

Cartaz

Horario de atención a pais e nais

Circular Fin de curso, 2023

       

ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6°

 

 

    

 Estreamos xuño cunha mañá estupenda na que tivemos a oportunidade de coñecer ao noso novo alumnado. Que ilusión!

Comezáchedes a visita deixando unha pegada nada mais entrar porque o dire invitouvos a deixar o voso nome impreso na pantalla interactiva na que vos demos a benvida.

Logo tocou pasar ao salón de actos e tomar contacto co alumnado de 1° que xa ten experiencia nisto de transitar dunha etapa a outra. Confirmaron que o que di a ori é certo. Que ides a coñecer xente riquiña, que os maiores non vos miran e se o fan será con cariño como quen mira a un cachorriño pequeno. Tamén que no centro se está ben. E que hai figuras importantes como a de delegada ou de representante de consello escolar que paga a pena ter en conta porque ofrecen unha oportunidade de participar aínda máis no centro.

Siii, temos mais materias ca na Primaria pero tampouco hai tantos cambios, poderedes con eles, vaia que si. 

Nesta presentación da etapa e do centro, tamén vos fixemos entrega dunha cartiña feita polo alumnado de 1°ESO e os seus titores/as explicando como viviron este cambio. 

Logo, tocou parada na cafetaría e tomar un bocatiña e unha bebida antes de descifrar as mensaxes de benvida en código Braille, e facer un xogo no que a estratexia grupal era clave.

Toca marchar xa? Noooon, antes era obrigatorio ver as que serán as vosas aulas o próximo curso, coñecer a aula de plástica, informática, o laboratorio de física e química, a aula de apoio (que ben ule), a aula de Ciclo Básico, a biblio, a sa de profes (logo xa non se poderá entrar...pero hoxe fixemos excepción), a conserxería e administración, os despachos da dirección e o departamento da ori á que espero visitedes moito. 

Algún espazo quedou sen ver pero o tempo non deu para máis... ademais temos que deixar algunha sorpresa para setembro. 

Coñecíchedes a algúns profes: Guillín, Marta, Rita, Barcia, Montse, Micaela, Xulio, Iria, Marga, Fabio e Raquel, e tamén alumnado de ESO, CFPB e Bacharelato.

Agora xa tendes case todo dominado, coñecedes a etapa, o centro, as normas, como será o primeiro día. So nos queda voltar a vernos o 11 de setembro, esta vez para pasar un ratiño das vosas vidas con nós!

Presentación: 

Andaina e ruta matemática na Baliza do Castelo da Palma

Na solleira mañá do venres 2 de xuño o alumnado de 1º ESO desprazouse á Baliza do Castelo da Palma para facer unha ruta matemática, utilizando a app Math City Map, na que precisaron tomar medidas e tirar do seu enxeño para descifrar os diferentes problemas formulados. Distribuíronse en grupos de tres e foron quen de ir superando tódolos retos que se lle puxeron por diante. A tarefa, deseñada en lingua inglesa, é parte das actividades que se propoñen para traballar no coñecemento dos faros da nosa contorna, dentro do Proxecto Faros (eTwinning) no que o Centro colabora con institutos de Portugal, Italia, Chipre e as nosas veciñas de Fene.

Amais, co percorrido de arredor de 5 Km, puidemos seguir dando pasos para acadar o Reto do Camiño Inglés e aproveitamos para identificar especies vexetais e animais e coñecer un poquiño mellor o noso patrimonio arquitectónico e paisaxístico.

Abofé que pagou a pena o esforzo!

 

 

     

Finalistas da XIII Incubadora de Sondaxes e Experimentos da SGAPEIO

O grupo de 1º ESO B composto por Yerai, Rebeca, Adriana e Pepe foi seleccionado para defender o seu traballo "Saberías diferenciar a intelixencia artificial da intelixencia natural?" na gran final que terá lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 9 de xuño. Optarán a ser campións autonómicos e representar a Galicia na final estatal de Zaragoza. 

Os proxectos de "Ortografía - Lectura" do grupo de 2º ESO B conformado por Mishelle, Anxo, Eva e Naim e "Reciclaxe no IES de Mugardos" de Alexander, Héctor e Jairo de 2º FPB tamén foron premiados con senllas mencións especiais.

Parabéns a todas e todos polo esforzo!

 

FINALISTAS E MENCIÓNS
XIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos

 

 

Distribuir contido