![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
blogue deSerafín
Maios, 2022
Enviado por Serafín o Xov, 12/05/2022 - 19:36Este luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores. Para completar a festa actuou a cantautora MJ Pérez.
Escritoras SENLLEIRAS das Letras Galegas con Pedro Brandariz
Enviado por Serafín o Mér, 19/05/2021 - 21:30
Para celebrarmos as Letras deste ano contamos coa presenza de PEDRO BRANDARIZ (cómico, actor, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro...) Nas aulas de 1.º e 2.º ESO presentounos a historia das cinco figuras SENLLEIRAS do Día das Letras Galegas. Só cinco mulleres entre máis de 50 homes elixidos para esta conmemoración. En fin, aprendemos ou lembramos moitos datos de Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, M.ª Victoria Moreno e, por suposto, Xela Arias.
|
![]() |
Maios, 2021
Enviado por Serafín o Xov, 06/05/2021 - 17:47Tampouco este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera Estes son os maios do alumnado de 1.º ESO e FPBásica.
Maios confinados, 2020
Enviado por Serafín o Ven, 08/05/2020 - 17:46Este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera con esta celebración que en Mugardos se intenta revitalizar desde hai tres anos. Estes son os maios confinados do alumnado de 1.º ESO.
Día da Lusofonía (5 de maio)
Enviado por Serafín o Mar, 05/05/2020 - 19:39Hoje é o Dia da Língua Portuguesa e da Cultura Lusófona. Lembrai o mapa, o trabalho de pesquisa e o vídeo:
A seguir podes visitar o site da RAG dedicado ao autor das Letras Galegas de este ano, Ricardo Carvalho Calero.
Teletraballo
Enviado por Serafín o Sáb, 21/03/2020 - 12:591.º ESO
No período de suspensión das clases presenciais, as actividades lectivas continuarán
no Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxexto EDIXGAL.
Soporte Premium
Correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.es
Teléfono: 881 86 99 00
Modalidades oracionais (1º ESO)
Enviado por Serafín o Mar, 08/11/2016 - 15:21A través da modalidade do enunciado, o emisor transmítelle á persoa destinataria da mensaxe a súa actitude perante esta.
Repasa o libro de texto (páxina 17):
Preme na imaxe para comezar os exercicios:
(Se non funciona: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/modalidades-oracionais)
Anuncios publicitarios (1.º ESO)
Enviado por Serafín o Xov, 29/05/2014 - 18:09Logo da estrea no pasado Festival das Letras, presentamos a media ducia de anuncios gravados polos "creativos e creativas" de 1.º ESO. A súa realización foi o produto final da unidade final levada a cabo durante as prácticas de mestrado da profesora Beatriz M. Vilasánchez.
Selecciona na Lista de Reprodución cada un dos vídeos ou accede pola ligazón:
Fregosecadora, Rebentabechos, Polbeitor 6000,
Caramelízate, Gominola mola, Power batido.
Homenaxe a Amada García
Enviado por Serafín o Mér, 25/01/2012 - 17:07A Asociación Memoria Histórica Democrática organiza este venres unha homenaxe á figura da mugardesa Amada García en lembraza de todas as mulleres represaliadas durante a Guerra Civil. O acto terá lugar no Castelo de San Filipe, o 27 de xaneiro, ás 17:00 horas.
Linguas e máis linguas (webquest)
Enviado por Serafín o Mér, 30/11/2011 - 23:47Para dar resposta ás cuestións das páxinas 21, 41 e 61 do libro de texto que requiren a consulta de enciclopedias, dicionarios e tradudores na intertet, estas son as páxinas que debemos consultar:
Linguamón (A Casa das Linguas)
Loia (1 e 2)
Dicionarios:
Tradutores:
Tradutor con voz (Text to speech)
E xa postos tamén podemos resolver doadamente a seguinte caza do tesouro: http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/caza/soporte_derecha_c.php?id_actividad=80&id_pagina=1 |
