Skip to Content

Lingua Galega

Maios confinados, 2020

Este ano non baixamos ao cantón de Cora cos nosos maios e coplas. Mais iso non foi motivo para que celebrásemos a chegada da primavera con esta celebración que en Mugardos se intenta revitalizar desde hai tres anos. Estes son os maios confinados do alumnado de 1.º ESO.

 

Versión cantada por MARTINA S.G.

Día da Lusofonía (5 de maio)

Hoje é o  Dia da Língua Portuguesa e da Cultura Lusófona.  Lembrai o mapa, o trabalho de pesquisa e o vídeo:

A seguir podes visitar o site da RAG dedicado ao autor das Letras Galegas de este ano, Ricardo Carvalho Calero.

FPBásica I Comunicación e sociedade

Bos días, aquí tedes algunhas actividades para estes días. Algúns xa os tedes no vosos mail pero outros non vos teño, lembrade que o meu mail é fatimaleirabeloso@edu.xunta.gal. Saúdos

4º ESO Lingua Galega

Bos días, informarvos que co alumnado de 4º estamos traballando coa ferramenta CLASSROOM para reforzar e seguir, dentro destas circunstancias tan especiais, os contidos do curso. O alumando terá unha ou dúas tarefas para realizar sempre cun prazo dunha semana para a entrega. A ferramente permite a corrección por parte da profesora e a avaliación dos exercicios. Esta avaliación non é cuantificable na nota do curso, pero permite que a alumna/o aprecie os seus avances. 

Nestes días o alumnado está a traballar, cos ritmos propios de cada unha das aulas, en análise literario, sintaxe e vocabulario. O tema no que nos adentramos é o 8. 

O meu correo electrónico para calquera dúbida é fatimaleirabeloso@edu.xunta.gal. Saúdos

2º da ESO Lingua Galega

Bos días, informarvos que cos dous cursos de 2º estamos a traballar coa ferramenta EDIXGAL e co meu correo electrónico para a entrega das tarefas, fatimaleirabeloso@edu.xunta. gal.

Os traballos estarán explicados, xunto con titoriais se son precisos, nas portadas dos temas actuais do curso, neste caso o tema actual é o 6 Moito máis lonxe, e o alumnado terá sempre unha semana para entregar esas actividades. 

Un saúdo. 

 

Teletraballo

1.º ESO

No período de suspensión das clases presenciais, as actividades lectivas continuarán

no Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxexto EDIXGAL.

Soporte Premium
Correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.es
Teléfono: 881 86 99 00

Curso de galego na aula virtual (2.º Bacharelato)

Na aula virtual do instituto acharás os contidos e tarefas para estes días.

A ligazón está na imaxe.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut