Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

ESO

Canguro matemático

21/03/2024 09:59
21/03/2024 09:59
Europe/Madrid

 

    CANGURO MATEMÁTICO

       Xoves, 21 de marzo

 

Festival de entroido

O 9 de febreiro celebramos unha festa de entroido da man de Martín, Enar, Mario e Laura. Nela participaron todos os cursos da ESO e parte do profesorado. Os gañadores do concurso de disfraces e comparsas foron os alumnos/as de 4º da ESO. Podedes ver as actuacións neste vídeo. 

Festival de Entroido

09/02/2024 12:45
09/02/2024 14:25
Europe/Madrid

O Curruncho da Ciencia

Botamos a andar.

Gústache a ciencia e sábelo!

Dende os diferentes departamentos relacionados coa ciencia do IES Mugardos, propoñeremos un calendario con actividades moi interesantes para todo o curso. 

Descobriremos, investigaremos e haberá premios e agasallos pero, sobre todo, divertirémonos polos escrutables camiños da CIENCIA.

Agardámoste no primeiro recreo do vindeiro venres 06 de outubro, diante do Laboratorio.

Cartaz

HORA DE LER (ESO)

02/10/2023 08:45
22/12/2023 14:30
Europe/Madrid

HORA DE LER (ESO)

 

MINIPROGRAMACIÓN FyQ 4ºESO 2023-24

Este es el extracto con lo más importante de la programación didáctica del departamento: los contenidos y la manera de evaluarlos.

Patinaxe

11 ABRIL ATA FINAL DO CURSO

TOMA DE CONTACTO CO PATINAXE NA CONTORNA

No terceiro trimestre, coincidindo cunha menor actividade pluviométrica, iniciouse un programa voluntario de patinaxe na pista preta de pumptrack recentemente inaugurada no concello de Mugardos.

Na primeira sesión, patinaron moitos alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, ou ben en patíns, ou ben en patinete. Ante a gran densidade de patinadores no circuíto, nas seguintes sesións optouse por levar soamente a aqueles que tiveran patíns, xa que o profesor Miguel Gil Sánchez ten moita experiencia neste deporte e aconsellou a decisión para reducir riscos.

A partir deste momento, os martes pola tarde, antes das clases, creouse un grupo de nenas de 1º e 2º da ESO que patinaron con certa frecuencia. Quero resaltar tamén a importancia disto, xa que é necesario fomentar o deporte feminino e tamén a inclusión das mulleres nos espazos públicos destinados ao deporte. Moitas destas patinadoras, estou convencido de que terían certas reservas en utilizar o espazo pola súa conta. Coido que esta actividade axudou a mellorar a confianza e a autoestima das participantes.

Torneo Nadal e panxoliña

22 DE DECEMBRO

TORNEO PROFESORADO VS ALUMNADO E A PANXOLIÑA. O BAILE DE MODA NO PROFESORADO

Unha vez o nadal estaba cerca o profesorado buscou actividades para motivar ao alumnado no derradeiro día lectivo do ano. Por unha parte e a petición do alumnado, creouse un equipo de fútbol de profesores para ir xogando contra o alumnado e por outra creouse un baile viral para representalo co alumnado.

O profesorado de diferentes departamentos propulsou a creación dun baile para expoñelo ao alumnado cun unha coreografía actual que puidera motivar ao alumnado e cun toque propio na letra.

Deste xeito e coa marabillosa creación da letra de Begoña Gómez do departamento de matemáticas comezou a crearse a Panxoliña. No referente ao baile, utilizouse o baile mais viral nas redes sociais que é o utilizado por Mércores Adams da serie de Netflix que tanta fama está a ter.

A combinación de letra, baile e disfraces foi moi orixinal, animando ao alumnado a seguir os pasos dos seus profesores/as. Esta actividade abriu o derradeiro día lectivo do curso.

LETRA DA PANXOLIÑA

  1. Xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)

(1) xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)

(2) xa temos aquí o Nadal, (4 tempos)

(2) xa temos aquí o Nadal. (4 tempos)….seg18

(3)Marisquiño e champán, (4 tempos)

(3)vacacións e a troulear, (4 tempos)

(4)hai turróns e polvoróns, (4 tempos)

(4)días de festa + silencio del cantante (4 tempos)

(5)Pasou Samaín + alargar la palabra (4 tempos)

(5)e tamén o Black Friday, (4 tempos)

(5)pasou o mundial… (4 tempos)

(6)xa está, xa está, xa está….aquí o nadal) (10 tempos)

  1. Xa temos aquí o Nadal,

(1) xa temos aquí o Nadal,

(2) xa temos aquí o Nadal,

(2) xa temos aquí o Nadal.

(3)Tempo para disfrutar… (4 tempos)

(3)algo haberá que estudar. (4 tempos)

(4)Non quero que chegue o día 9 (4 tempos)

(4)Deixádeme sempre en Nadal !!! (4 tempos)

  1. Xa temos aquí o Nadal,

(1) xa temos aquí o Nadal,

(2) xa temos aquí o Nadal,

(2) xa temos aquí o Nadal.

Para finalizar a mañá, o equipo de profesores comezou xogando contra o equipo de 1º ESO e foi cambiando o enfrontamento contra os demais equipos dos diferentes cursos ata o final da mañá. Non quedou ningún grupo sen poder xogar contra os profes e estes aguantaron todos os partidos grazas a boa participación de todos eles para dar cambios.

Magnífico ambiente no derradeiro día de clase antes do nadal!!

Xornadas de iniciación ao remoergómetro

27 E 28 OUTUBRO MAIS 3 E 4 DE NOVEMBRO

XORNADAS INICIACIÓN AO REMOERGÓMETRO

Durante o 27 e 28 de outubro e 3 e 4 de novembro o Club do Mar de Mugardos veu ao instituto a impartir as xornadas de iniciación ao remoergómetro. O obxectivo desta proposta é acercar o remoergómetro ao alumnado para despois facer un torneo entre centros da zona, espertando no alumnado o gusto polo remo e propoñéndoos participar no club do mar tanto en verán como durante todo o ano.

Despois dunha explicación sobre o remo o alumnado comezo a practicar nas máquinas, tratando de mellorar os seus rexistros e facendo pequenas competicións entre os integrantes da clase. Deste xeito tratouse de traballar a técnica de remada e os relevos.

A participación do alumnado foi magnífica e a mellora no traballo en equipo foi evidente.

Torneos deportivos

EN NOVEMBRO, XANEIRO, MARZO E MAIO

TORNEOS DEPORTIVOS NO TEMPO DE LECER

Dende 1º bacharelato créanse torneos deportivos no tempo de lecer para ofrecelos a todo o alumnado. En grupos elixen o deporte, deseñan o torneo, arbitran e fan a publicidade do mesmo para buscar un aumento da práctica de actividade física do alumnado do IES Mugardos.

Os deportes elixidos neste curso foron bádminton, voleibol, brilé e tenis.

Ao longo do curso os torneos foron celebrándose deixando un mes entre medias para implementar as demais actividades propostas para os recreos (xogos olímpicos, o deporte feminino, novos deportes alternativos, etc).

Destacar a elevada participación do alumnado e do profesorado, creando equipos na maioría de deportes logrando un aumento da motivación do alumnado por ver e xogar contra os seus profesores/as.

BRILÉ

 

VOLEIBOL

TENIS

Rutas de senderismo pola contorna

 

  DURANTE TODO O CURSO

 

RUTAS DE SENDEIRISMO POLA CONTORNA

 

Durante este ano e aproveitando os proxectos do Camiño de Santiago e Camiño Inglés buscamos fomentar os estilos de vida saudables utilizando a contorna.

 

Nos diferentes cursos foron realizándose rutas de sendeirismo no exterior intentando dar a coñecer ao alumnado zonas alternativas para camiñar no seu tempo de lecer e aumentar así o seu tempo activo.

 

As rutas utilizadas durante este curso foron:

 

  • A ruta do río do Baño. Consiste en un percorrido con bastante desnivel na zona da urbanización e despois un paseo xunto ao río pola sombra dos árbores. A ruta urbana de Mugardos

  • A ruta urbana de Mugardos. Utilizada co alumnado de 1º bacharelato para facer interval training con momentos de carreira a diferentes intensidades e outros camiñando. Esta ruta foi utilizada con xogos de persecución nos tramos finais para aumentar a motivación do alumnado

  • A ruta ata Chanteiro. Dita ruta utilizouse no derradeiro día de clase para facer unha percorrido co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Comezamos no IES e fomos bordeando a costa ata a praia de Chanteiro. Unha vez alí, o alumnado aproveitou as 2 horas e media para bañarse, xogar ao voleibol, brilé ou fútbol praia. Para volver ao instituto fixemos o mesmo percorrido facendo un total de 14km.

    

 

Recreo activos

DESDE 8 DE SETEMBRO ATA 21 DE XUÑO

RECREOS ACTIVOS E GARDAS ACTIVAS

Durante este curso 2022/2023 aplicouse a estratexia de dotar tanto ao pavillón coma as pistas dianteiras de material deportivo para que o alumnado puidera practicar actividade física no seu tempo de lecer.

Deste xeito, nos recreos o alumnado tiña o pavillón sempre aberto para coller o material deportivo que quixera e poder practicar. Nas pistas dianteiras, o material estaba en conserxería e tiñan que devolvelo ao final dos recreos.

Para aumentar aínda mais a práctica e o acceso a ela, falouse co profesorado para que nos gardas onde o profesorado non puidera asistir a clase o alumnado puidera saír da aula, sempre co profesor/a de garda, e practicar actividade física nas pistas dianteiras e no pavillón.

   

Calendario e sobres de matrícula (Curso 2022-2023)

 

 

Sobres de matrícula

                                             

 

ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6°

 

 

    

 Estreamos xuño cunha mañá estupenda na que tivemos a oportunidade de coñecer ao noso novo alumnado. Que ilusión!

Comezáchedes a visita deixando unha pegada nada mais entrar porque o dire invitouvos a deixar o voso nome impreso na pantalla interactiva na que vos demos a benvida.

Logo tocou pasar ao salón de actos e tomar contacto co alumnado de 1° que xa ten experiencia nisto de transitar dunha etapa a outra. Confirmaron que o que di a ori é certo. Que ides a coñecer xente riquiña, que os maiores non vos miran e se o fan será con cariño como quen mira a un cachorriño pequeno. Tamén que no centro se está ben. E que hai figuras importantes como a de delegada ou de representante de consello escolar que paga a pena ter en conta porque ofrecen unha oportunidade de participar aínda máis no centro.

Siii, temos mais materias ca na Primaria pero tampouco hai tantos cambios, poderedes con eles, vaia que si. 

Nesta presentación da etapa e do centro, tamén vos fixemos entrega dunha cartiña feita polo alumnado de 1°ESO e os seus titores/as explicando como viviron este cambio. 

Logo, tocou parada na cafetaría e tomar un bocatiña e unha bebida antes de descifrar as mensaxes de benvida en código Braille, e facer un xogo no que a estratexia grupal era clave.

Toca marchar xa? Noooon, antes era obrigatorio ver as que serán as vosas aulas o próximo curso, coñecer a aula de plástica, informática, o laboratorio de física e química, a aula de apoio (que ben ule), a aula de Ciclo Básico, a biblio, a sa de profes (logo xa non se poderá entrar...pero hoxe fixemos excepción), a conserxería e administración, os despachos da dirección e o departamento da ori á que espero visitedes moito. 

Algún espazo quedou sen ver pero o tempo non deu para máis... ademais temos que deixar algunha sorpresa para setembro. 

Coñecíchedes a algúns profes: Guillín, Marta, Rita, Barcia, Montse, Micaela, Xulio, Iria, Marga, Fabio e Raquel, e tamén alumnado de ESO, CFPB e Bacharelato.

Agora xa tendes case todo dominado, coñecedes a etapa, o centro, as normas, como será o primeiro día. So nos queda voltar a vernos o 11 de setembro, esta vez para pasar un ratiño das vosas vidas con nós!

Presentación: 

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

PRAZO DE SOLICITUDES: Do 20 de maio ao 21 de xuño, incluídos

FONDO SOLIDARIO: 3.º e 4º. ESO

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: 1.º, 2.º, 3.º e 4.º ESO

  ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Para presentación electrónica, entre nesta aplicación FONDOLIBROS coa Chave 365.

ou a través da sede electrónica da Xunta:

Procedemento ED330B

Para presentación presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO  (manuais en préstamo ao alumnado 3º e 4º de ESO)

Renda  per cápita inferior a 6000 € : Seis libros de texto.

Renda per cápita inferior a 10000 €: Catro libros de texto.

De haber existencias nos fondos dispoñiblesasignaránse ata agotar existencias.

AXUDAS PARA COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR (1.º, 2.º, 3.º e 4º.ESO)

Renda  per cápita inferior a 6000 € : 240 €

Renda per cápita inferior a 10000 €: 160 €

-As contías calcularanse pola renda per cápita da unidade familiar NO EXERCICIO FISCAL 2021.

DOCUMENTACIÓN sobre a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2021 (agás en caso de separación, divorcio ou casos de violencia de xénero posterior):

  • Anexo II
  • Copia do libro de familia onde figure o alumnado e os membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, sentencia ou convenio regulador onde conste a atribución de custodia.
  • Certificado de discapacidade do alumnado ou membros da unidade familiar.
  • Outra documentación que xustifique as situación específicas alegadas.

As listaxes relacionadas con este procedemento publicaranse únicamente no taboeiro de anuncios no interior do recinto escolar.   

2º concurso de fotografía científica

Convocamos este curso o 2º certame de fotografía científica para ver o grao en que o alumnado de 3ºESO era quen de conectar a ciencia co mundo que nos rodea. E abofé que saíron cousas interesantes. No arquivo que se xunta podedes ver a colección completa mais xa podemos avanzar que os dous gañadores da 2ª edición foron IKER FERNÁNDEZ por ALEHOP...QUÉDANME 6. pola súa capacidade de plasmar cunha nitidez sorprendente un momento moi difícil de captar.

 

e CARLOTA FERNÁNDEZ por FUXAN OS VENTOS, por ofrecernos un misterio no que se mesturan maxia e ciencia a partes iguais amosando dun modo moi fermoso o baile de faíscas nunha posible noite de San Xoan.

 

Noraboa aos premiados e grazas a todos por participar amosando puntos de vista curiosos e sorprendentes deste mundo tan diverso que temos. 

Rally Matemático Sen Fronteiras 2023

Na tarde deste 11/04/2023, na volta ás aulas logo das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º ESO B e 2º ESO B vén de participar na XXXI edición do Rally Matemático Sen Fronteiras 2023, organizado por Igaciencia.

En grupos de 8 participantes, organizáronse para resolver un total de 5 problemas de diversos eidos matemáticos. Agora toca agardar ao vindeiro 24 de abril para ver se algún grupo é seleccionado para participar na final rexional en Santiago de Compostela.

Parabéns a todas e todos polo esforzo e compromiso nesta proba.

 

  

 

 

Rally matemático 2023

TABOA PERIÓDICA DE SENTIMENTOS

Acabamos de publicar a nosa táboa periódica anual coa rapazada de 3ºESO.

Non se trata dunha táboa periódica "al uso". Convidámosvos a visitar o enlace no noso blog do club de ciencias se queres somerxerte nunha historia distinta, elaborada coa excusa dos símbolos químicos que marcan a nosa existencia, só que neste caso preferimos centranos na dimensión menos material desa existencia.

Fai clic aquí

https://mugarciencias.blogspot.com/2023/03/isto-vai-de-palabras.html

Non preguntes, déixate levar e a ver qué opinas do resultado de 36 cabeciñas pensando, bueno 34, non 32...bueno non sei...uns cuantos ;-)

Como podedes comprobar xa só no aspecto xeral da táboa

Non todo o mundo comprendeu a mensaxe pero quedémonos co bo, porque sen dúbida foi unha magnífica válvula de escape que permitiu explorar lugares descoñecidos e puntos de vista sorprendentes.

Para mostra, un par de botóns

 

 

 

ENTREGA DE NOTAS

17/03/2023 13:35
19/03/2023 23:59
Europe/Madrid

Entrega dos boletíns de notas

VENRES: 17 de marzo

Publicación en ABALAR a partir das 16:00 horas.

Entrega das notas de materias pendentes

22/12/2022 14:00
22/12/2022 14:25
Europe/Madrid

O xoves, 22 de decembro, entregaránse os boletíns de cualificacións das materias pendentes.

 

Campionato escolar de remoergómetro

08/11/2022 09:15
08/11/2022 13:30
Europe/Madrid

Campionato escolar de remoergómetro

PARTICIPANTES: Centros de ensino do concello de Mugardos

ORGANIZA: Club do Mar de Mugardos

MINIPROGRAMACIÓN FeQ 2ºESO

No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir en FeQ de 2ºESO e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 2ºESO. 

MINIPROGRAMACIÓN FeQ 4ºESO

No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir na FeQ de 4ºESO e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 4ºESO. 

8 de setembro: COMEZO DAS CLASES

08/09/2022 00:00
08/09/2022 15:00
Europe/Madrid

Distribuir contido