![]() |
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Matemáticas
FUNCIÓNS MATEMÁTICAS E ANIMAIS
Enviado por Covadonga o Xov, 21/05/2020 - 11:38Actividade en dúas fases realizada na materia Matemáticas Académicas de 4º ESO no IES Mugardos durante o curso 2019-2020 e rematada no período de confinamento.
O alumnado xa coñecía o concepto de función do curso pasado en que foi introducido a través dunha actividade denominada “Nivel de felicidade” na que aprenderon o que é unha función real e as principais características: dominio, percorrido, crecemento, extremos e continuidade.
Xa no primeiro trimestre deste desenvolveuse a primeira parte da actividade co coñecemento das gráficas de funcións polinómicas (ata grao 4), de proporcionalidade inversa, expoñénciais, logarítmicas, valor absoluto e trigonométricas. Esta actividade fíxose a través do movemento tratando de reprducir cos brazos e o corpo as funcións e logo debuxándoas e escribindo as súas propiedades.
No segundo trimestre a actividade relacionada coas funcións foi interrumpida polo confinamento e completada nas casas. A proposta era a seguinte:
Tiñan que elixir algún animal, podían debuxalo ou collelo na web en imaxes libres. Esa imaxe debían exportala a Geogebra e situar o vértice inferior esquerdo na orixe de coordenadas.
Posteriormente debían buscar tres funcións das estudadas que se acoplasen a algunha parte do corpo do animal para o que deberían alterar os coeficientes e compoñentes numéricos da función. Esta parte iniciouse na aula de informática do centro pero logo a continuaron nas súas casas.
Finalmente debían acotar a función á zona na que coincidía co corpo do animal para comprender o significado de funcións a trozos, pero non están as imaxes nesta presentación para non facela repetitiva e longa.
Con esta actividade pretendíanse introducir o significado da vectorización, esto é, substituir imaxes por funcións que logo, ao cambiar de tamaño, non perden resolución no ordenador.
Traballáronse estándares do bloque de funcións e do Bloque I: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas.
MATEMÁTICAS - Adaptación da programación
Enviado por Mayobre o Xov, 14/05/2020 - 15:11Materias de JOSÉ LUIS MAYOBRE:
8.0 FPB 1 adaptacion programacion Ciencias Aplicadas I.pdf |
7.0 ESA 4 adaptacion programacion.pdf |
MATEMÁTICAS APLICADAS I E II DE BACHARELATO E MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS DE 2º BAC
Enviado por Covadonga o Ven, 20/03/2020 - 00:41https://classroom.google.com/u/0/h
Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:
rodriguez-moldes@edu.xunta.es
MATEMÁTICAS ACADÉMICAS 4º ESO
Enviado por Covadonga o Ven, 20/03/2020 - 00:37Para poder seguir coa actividade desta materias está creada unha aula en GOOGLE CLASSROOM na que xa están inscritos os alumnos e alumnas.
https://classroom.google.com/u/0/h
Para calquera dúbida ou consulta pódese usar o mail da profesora
Covadonga Rodríguez-Moldes Rey:
rodriguez-moldes@edu.xunta.es
Curso de Matemáticas (3.º ESO)
Enviado por maria.calvo o Mér, 18/03/2020 - 14:43Na aula virtual do instituto acharás os contidos e tarefas para estes días.
Profesora: María Calvo
O alumnado entra coa clave fornecida pola profesora.
Proximamente accederá co nome de usuario e o contrasinal que se lles facilitará.
Curso de Matemáticas I (1.º Bacharelato I)
Enviado por maria.calvo o Mér, 18/03/2020 - 14:37Na aula virtual do instituto acharás os contidos e tarefas para estes días.
Profesora: María Calvo
O alumnado está matriculado.
Accede co nome de usuario do seu correo e o contrasinal que recibiron
Ámbito Científico Tecnolóxico ESA IV 2019-2020
Enviado por Mayobre o Lun, 16/03/2020 - 10:07Apuntes da Unidade 5: A orixe e evolución da Terra e da vida (do 16 ao 26 de marzo)
Apuntes da Unidade 7: As persoas e a saúde. Promoción da saúde (do 30 de marzo ao 16 de abril).
Módulo 4 Unidade 3 Funcións. (Do 20 ao 30 de abril)
As seguintes actividades non teñen "data de entrega", pero sería convinte ir facéndoas.
Actividades autoavaliables das Unidades 2, 5 e 7
Actividades avaliables, das Unidades 2, 5, 7 e 3
A partir do día 1 de maio e ata rematar o curso faremos actividades de repaso, reforzo e recuperación da 1ª Avaliación. Módulo 4 Unidade 2 Xeometría.
A nota final para os que teñan superada a 1ª Avaliación será = nota da 1ª aval + (30% da media das actividades de aprendizaxe realizadas no período de confinamento)
Os que non superaron a 1ª Avaliación farán actividades de reforzo e recuperación que lles permitan a recuperación da materia (actividades na páxina web do centro ou mandadas por distintos medios, segundo as necesidades de cada alumno/a). A cualificación ordinaria neste caso será a valoración do profesor do traballo personal realizado polo alumno ou alumna no período de confinamento.
Ciencias Aplicadas I (Apuntes e actividades para FPI ) 2019-2020
Enviado por Mayobre o Lun, 16/03/2020 - 09:12Unidade 10_Calor e temperatura. (Para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril)
Unidade 11_ Enerxía_ tipos, transformacións e usos_ (material do 14 ao 20 de abril)
A partir do 20 de abril as actividades propostas serán de repaso e reforzo dos contidos mínimos tratados na 1ª e 2ª avaliacións. Ditas actividades teranse en conta pasa subir a nota media da 1ª e 2ª avaliación.
Os que teñades que recuperar a 2ª avaliación facede os exercicios das unidades 5, 6, 7 e 8 dos vosos apuntes e mandarme a solución dos mesmos.
Os que teñades que recuperar a 2ª avaliación podedes facer as actividades autoavaliables do thatquiz das unidades 5, 6, 7 e 8 e mandarme unha captura de pantalla da nota (cando saquedes máis dun 5).
Actividades de reforzo e repaso dos contídos mínimos trataros na 1ª e 2ª avaliación
Actividades autoavaliables de todas as Unidades: 1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,11,12,13,14,15,16
Mención de Honra Olimpíada Matemática Galega (OMG)
Enviado por admin o Sáb, 18/01/2020 - 12:53Os representantes do IES de Mugardos, profesoras Covadonga Rodríguez-Moldes e María Calvo xunto a
decana da facultade de Matemáticas, Elena Vázquez Cendón
Un ano máis o departamento de Matemáticas acompañou aos estudantes de bacharelato á Olimpíada Matemática Galega (OMG). As nosas representantes foron Amparo Muíño, Alba Payo e Sara Rodríguez de 1.º BAC; e Álvaro Freire e Borja Souto de 2.º BAC. Parabéns para todos e en especial pola Mención de Honra acadada:
|
Álvaro Freire Ares Mención de Honra na |
|
Visita de Miguel Brozos
Enviado por Covadonga o Dom, 15/12/2019 - 20:57O mércores 11 de decembro foi un día de festa para o departamento de Matemáticas porque recibimos a visita dun ex-alumno, Doutor da Universidade de A Coruña e experto en Xeometría Diferencial: MIGUEL BROZOS VÁZQUEZ. Impartiu unha inesquecible conferencia titulada "Unha viaxe con curvas" ao alumnado de ciencias do centro e un obradoiro con materiais manipulativos ao alumnado de 4º de ESO A. Veu acompañado do seu pai, José Brozos, que foi profesor de Ciencias no noso instituto.
Na visita ao centro lembramos momentos vividos hai anos como cando Miguel foi seleccionado como representante galego na Olimpiada Matemática Española. Moitas grazas, Miguel.
Final e entrega dos premios do XXII Campionato de Polinomios (venres, 22 de novembro)
Enviado por admin o Mér, 20/11/2019 - 20:52Actividades para practicar con THATQUIZ autoavaliables
Enviado por Mayobre o Dom, 10/11/2019 - 23:26![]() |
Ciencias Aplicadas I (1º FP Básica) | Matemáticas 1º ESO |
Ciencias Aplicadas II (2º FP Básica) | Matemáticas 2º ESO |
Matemáticas Aplicadas I (1º Bacharelato) | Matemáticas Aplicadas 3º ESO |
Matemáticas I (1º Bacharelato) | Matemáticas Académicas 3º ESO |
Matemáticas Aplicadas II (2º Bacharelato) | Matemáticas Aplicadas 4º ESO |
Matemáticas II (2º Bacharelato) | Matemáticas Académicas 4º ESO |
Métodos Estatísticos e Numéricos (2º Bacharelato) | Ámbito Científico Tecnolóxico ESA 1 |
Ámbito Científico Tecnolóxico ESA 2 | |
Ámbito Científico Tecnolóxico ESA 3 | |
Ámbito Científico Tecnolóxico ESA 4 | |
