![]() |
FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Linguas estranxeiras
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023
Enviado por admin o Sáb, 25/02/2023 - 13:16
|
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 643 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, que se distribuirán do seguinte modo: - 491 axudas para alumnado de cota de reserva - Guía confirmación praza para alumnado de cota reserva - 152 axudas para alumnado de cota xeral - Guía solicitude praza para alumnado de cota xeral Pertence á COTA DE RESERVA SÓ o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022. Se non ten praza adxudicada na convocatoria 2022 entón pertence á COTA XERAL. Prazo de solicitudes aberto dende o 14 de FEBREIRO ata o 13 de MARZO Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa:
![]() Para obter información ampliada sobre a convocatoria pode consultar os seguintes arquivos: |
Reunión inicial para o comezo CUALE Inglés A2,B1 e B2 (6 de outubro - 16:00 h)
Enviado por admin o Mér, 28/09/2022 - 20:23Xubilación de Gabriela
Enviado por admin o Lun, 05/04/2021 - 19:30Grazas, Gabriela, por todos estes anos de boa e xenerosa dedicación ao ensino. No IES de Mugardos deixas unha fonda pegada de admiración e afecto. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de felicidade.
Reproducimos o emotivo poema escrito por Yoel e o vídeo do alumnado de 4.º ESO lembrando cando a profesora Gabriela lles levaba candies.
Xúbilo e saúde, teacher!!!
Let's go somewhere!
Enviado por Pilar Calvo o Sáb, 16/05/2020 - 15:25This summer we may not go anywhere, but travelling is a state of mind and 1*Bac students have got a lot of ideas to make you dream!!
Let's go somewhere!
Let's dream!
Quarantine activities
Enviado por Pilar Calvo o Mér, 01/04/2020 - 21:17
Un vídeo de Megan, a auxiliar de conversa no cole e instituto de Mugardos, para que vexamos como pasa a corentena.
Inglés 4.º ESO
Enviado por Gabriela o Xov, 19/03/2020 - 19:17Welcome, Jenai
Enviado por admin o Mar, 13/11/2018 - 12:10Entrevista coa auxiliar de conversa, Jenai Campbell, que este curso presta os seus servizos de xeito compartido entre o CEIP Unión Mugardesa e o instituto.
Encontro con maiores
Enviado por admin o Xov, 03/05/2018 - 23:46Esta mañá o alumnado de 1.º ESO participou na biblioteca dun encontro con Concha Cortizas e Loli Vázquez que lles falaron das súas vivencias e experiencias no Mugardos de cando eran nenas. A escola, a formas de diversión, os transportes, os traballos... O noso sincero agradecemento por este achegamento e gran vontade de comunicación coas novas xeracións.
Scary Stories
Enviado por admin o Dom, 05/11/2017 - 20:40O xoves pasado pola tarde na biblioteca, o departamento de inglés organizou para o alumando de CUALE unha lectura de contos de terror a cargo de María Victoria Vázquez. Xa vedes o bo ánimo e ambiente creado na biblioteca.
Grazas, Victoria.
Viaxe a Londres (CUALE-B1)
Enviado por admin o Ven, 21/04/2017 - 23:03Esta tarde comezou a viaxe a Londres que o noso grupo do Programa de Cualificación en Linguas Estranxeiras (CUALE) acompañados pola profesora Gabriela Sánchez. Trátase dun actividade compartida con outros centros da comarca.
Para facer un seguimento desta grande experiencia crearon un blogue no que poderemos seguir a súa andaina pola capital británica. Velaquí o enderezo:
A thousand years of women painters - 1000 anos de arte feminina
Enviado por admin o Lun, 20/03/2017 - 20:24Continúa no corredor do centro a exposición que ten como finalidade facer visible a obra artística das mulleres moitas veces silenciada ao longo da historia.
Os autores da exposición son Teresa Meixide Portos, Rosa María Villar Villamil, Xosé Antón García González.
